replicas de relojes
replicas de relojes splash
Publicado por admin o 7 Xuño 2011

Presidente: D. Manuel Abelleira Argibay  presidente.pontevedra@coag.es
Tesoreira: Dña. María Pierres López tesorera.pontevedra@coag.es
Secretario: D. Anselmo Villanueva Peón secretario.pontevedra@coag.es
Podedes contactar directamente coa Xunta Directiva a través da seguinte dirección de correo:
xd.pontevedra@coag.es

 

Archivado en 2 Novembro 2009

Seis de cada dez concellos carecen de plan de ordenación urbanística

Escrito por mpierres o 2 Novembro 2009

La Voz de Galicia - 1/11/09

É un paradigma do fracaso da lei que o Goberno Fraga impulsou no 2002 para tratar de ordenar o caos urbanístico do país, pero tamén a evidencia dos obstáculos que complican a elaboración da achaiadura municipal en Galicia, e que converteron nunha utopía o seu cumprimento. Coa que será a terceira reforma da Lei do Solo 9/2002 en marcha, como paso previo á súa anunciada substitución por un novo marco normativo, só 39 concellos están ao día co mandato legal e teñen os seus plans adaptados. Por contra, 198 concellos nin sequera dispoñen aínda do seu propio plan xeral (PXOM).

O mapa da situación actual do urbanismo municipal mostra un país en construción, con circunstancias dispares. Dos 198 municipios que carecen de achaiadura, 27 non iniciaron os trámites coa Xunta para a súa elaboración, a diferenza dos 171 restantes. Un total de 142 deses 198 concellos sen PXOM réxense só por normas subsidiarias ou delimitacións de chan urbano. Pero nos outros 56 non hai ningunha regulación. Esta conxuntura esténdese por igual nos núcleos da costa e nos do interior.

Por provincias, A Coruña conta con 49 municipios sen achaiadura, dos que 41 xa están traballando na súa redacción. Cambre, Carnota, Carral, Cerceda, As Pontes, Rianxo, San Sadurniño e Vimianzo non realizaron aínda ningún trámite ante a Dirección Xeral de Urbanismo para dotarse dos seus propios plans. Na provincia de Lugo, 55 municipios carecen de PXOM: 43 xa iniciaron o papelorio para emendar ese escenario, pero os 12 restantes non. Son Abadín, Antas de Ulla, Barreiros, Cervo, Cospeito, Guntín, Láncara, Mondoñedo, Negueira de Muñiz, Outeiro de Rei, Ribeira de Piquín e Trabada.

Os concellos ourensáns sen plan xeral de ordenación son 58, aínda que 53 están traballando na redacción das súas achaiaduras. Os cinco que teñen esa tarefa pendente son Calvos de Randín, Carballeda de Valdeorras, Lobeira, Manzaneda e San Cristovo de Cea. En Pontevedra hai 36 concellos que carecen de PXOM, pero unicamente os de Campo Lameiro e Mondariz Balneario non contactaron con Urbanismo para adecuar a súa situación aos parámetros que esixe a lei urbanística galega.

Atrasos encadeados

Coa norma na man, os 276 concellos sen achaiadura ou que non o adaptaron ao marco 9/2002 están fóra da lei. De feito, o prazo que estableceu para esa adecuación expirou en xaneiro do 2006. Pero os alcaldes, que converteron en queixa habitual a falta de medios para xestionar o urbanismo, non son os únicos que non cumpren. A Xunta leva máis de cinco anos de demora nas directrices do territorio e supera os catro no plan do litoral, que prevé aprobar ao mesmo tempo.

Protexido: Circular Informativa Nº31/09

Escrito por mpierres o 2 Novembro 2009

This post is password protected. To view it please enter your password below:


Enter your password to view comments

Hoxe 2 de Novembro: documentais de arquitectura na Fundación Caixa Galicia dende as 18:00h ás 22:00 h.

Escrito por mpierres o 2 Novembro 2009

Hoxe 2 de Novembro retómase o ciclo de documentais iniciado no mes de outubro, neste caso na Fundación Caixa Galicia, nunha sesión continua dende as 18:00h ás 22:00 h.

O programa é o seguinte:

18:00 h: O Centro Municipal de Säynatsälo de Alvar Aalto.

Presentación e comentarios gravados de Oscar Tusquets

18:40 h. A Casa Milá de Barcelona, de Antoni Gaudí.

Presentación e comentarios gravados de Federico Correa

19:20 h. A Escola de Arquitectura de O Porto de Alvaro Siza.

Presentación e comentarios gravados de Beth Galí

20:00 h. A Bauhaus de Dessau de Walter Gropius.

Presentación e comentarios gravados de Oriol Bohigas

20:40 h. Os Ximnasios Olímpicos de Yoyogui de Kenzo Tange.

Presentación e comentarios gravados de Robert Brufau

21:20 h. A Caixa de Aforros de Viena, de Otto Wagner.

Presentación e comentarios gravados de Josep María Montaner

That lineage can be seen in the Rolex Oyster fake watches Perpetual's straightforward and practical design. Legibility is cheap ralph lauren shirts strong and the dial design offers nothing more than is necessary to display the time.