replicas de relojes
replicas de relojes splash
Publicado por admin o 7 Xuño 2011

Presidente: D. Manuel Abelleira Argibay  presidente.pontevedra@coag.es
Tesoreira: Dña. María Pierres López tesorera.pontevedra@coag.es
Secretario: D. Anselmo Villanueva Peón secretario.pontevedra@coag.es
Podedes contactar directamente coa Xunta Directiva a través da seguinte dirección de correo:
xd.pontevedra@coag.es

 

Archivado en 25 Setembro 2009

Participa connosco no Día Mundial da Arquitectura

Escrito por mpierres o 25 Setembro 2009

O vindeiro día 5 de Outubro celébrase o Día Mundial da Arquitectura, e a nosa Delegación o quere celebrar cunha visita ao edificio do Centro de Tecnificación e Escola de Vela Municipal de Vilagarcia, proxecto do arquitecto vigués Alfonso Penela Fernández. Esta obra foi considerada coma “obra seleccionada” pola X Bienal de Arquitectura e Urbanismo celebrada este ano. Serán benvidas todas as persoas, arquitectos ou non ,  interesadas en coñecer o edificio, participando así dese día connosco. A visita está programada para as 6 da tarde do luns día 5 de outubro, guiada polo arquitecto autor da obra e  dando comezo no hall de entrada do propio edificio. Dirección: Zona Portuaria - Vía de Enlace nº 16-29 Se vas con GPS no automóvil…. +42º 35′ 41.94″ -8º 46′ 13.54″ Se estás interesado e precisas máis información ponte en contacto connosco na seguinte dirección:   coagpontevedra@coag.es  ou chama ao teléfono da nosa Delegación: 986 859158 . http://maps.google.es/maps?f=d&source=s_d&saddr=42.59482,-8.770

Paixón polo deseño

Escrito por mpierres o 25 Setembro 2009

expo_feduchi_lonas_acceso_mres2El Pais - 25-09-2009

A paixón por unha arquitectura que non se queda no edificio senón que se traslada ao deseño do interior é un fio conductor da actividade de tres arquitectos dunha mesma familia, Luis, Javier e Pedro Feduchi, a quenes o certame Hábitat adica na Feira de Valencia unha exposición. Os mobles creados por estes deseñadores, que se exhiben na mostra, debuxan un percorrido pola evolución das formas e os conceptos modernos ao longo dun século.

Luis M. Feduchi (Madrid, 1901-1975), formado nos estudios de Luis Gutiérrez Soto e Ignacio Cárdenas, foi o autor a comezos dos años trinta, xunto a Vicente Eced, do famoso edificio Carrión, de Madrid, máis coñecido como hotel Capitol, convertido nun fito da modernidade pola súa concepción arquitectónica inspirada na obra de Erich Mendelsohn, polo deseño dos seus espacios interiores e polo seu mobiliario.

Limitada a súa actividade arquitectónica polo réximen dictatorial trala Guerra Civil, centrou a maior parte do seu traballo no deseño de mobles, tarea que en ocasions compartiu co seu fillo, Javier Feduchi (Madrid, 1929-2005), “un dos exemplos máis relevantes do arquitecto que, en pleno periodo franquista, plantexou unha necesaria renovación estética, equiparable á que en pintura e escultura estaban levando a cabo artistas como Tàpies, Saura o Millares”, en opinión do arquitecto valenciano José María Tomás, que  colaborou na exposición.

Javier Feduchi, como destaca no catálogo Selina Blasco, comisaria da mostra, seguiu sempre na súa obra a idea da Bauhaus, que aprendera do seu pai, de aspirar a un deseño integral capaz de “chegar a todos os obxetos do proxecto dende a fachada ata a mesa, a silla ou o picaporte da ventá”. Moi vinculados ambos, padre e fillo, á industria que fabricaba os obxetos que deseñaban, súa traxectoria viuse continuada por Pedro Feduchi (Madrid, 1959), formado nos seus anos de estudiante xunto a seu tío Rafael Moneo.

Arquitecto, deseñador como seu pai e seu avó, ademáis de profesor de deseño de mobiliario na Escola de Arquitectura de Madrid, Pedro Feduchi é autor de diversos ensaios sobre figuras do movemento moderno e vinculou parte da súa carreira a proxectos de instalacions, mobiliario e equipamentos para museos.

Algunhas das sillas, mesas, butacas e outros mobles zurdidos dos seus deseños, xunto a debuxos e bocetos das súas creacions de interiorismo e imaxes dalguns dos seus proxectos conforman o recorrido que a exposición fai posible sobre o traballo desta familia de arquitectos para quenes resulta natural, como sinalou Pedro Feduchi, “deseñar o exterior e o interior, o continente e o contido”.

Campolongo gañará un espazo verde de 4.000 metros cadrados

Escrito por mpierres o 25 Setembro 2009

La Voz de Galicia - 25-09-2009

O plan de mellora integral do barrio de Campolongo -que inclúe unha trintena de actuacións e uns dous millóns de euros de investimento total- permitirá gañar para o uso cidadán un novo espazo verde duns 4.000 metros cadrados de superficie. Trátase dunha parcela situada na parte traseira da residencia da terceira idade, entre as rúas Iglesias Vilarelle, Xeral Rubin e Fernández Ladreda, que ata agora viña utilizando como zona de estacionamento indiscriminado.

O alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, visitou onte este futuro parque urbano acompañado por veciños da zona e representantes de diversos colectivos veciñais.

A actuación que se está levando neste futuro espazo verde inclúe por primeira vez en Pontevedra a construción de muros de gaviones, un sistema que consiste en meter pedras dentro de colectores de malla de aceiro. Optouse por este sistema para salvar o desnivel que hai na parcela sen ter que construír muros de formigón ou de cemento.

Fernández Lores destacou que no deseño desta nova zona verde participaron os responsables da residencia da terceira idade, de modo que se concibiu como unha zona de uso preferente de persoas maiores. Así, incluiranse mesas para xogar ao xadrez ou zonas específicas para xogar á petanca.

O alcalde subliñou que se trata «dun traballo de recuperación dun espazo que estaba moi degradado» e mostrouse «encantado de como está quedando que creo que será un espazo de alta calidade urbana non futuro, con múltiples posibilidades».

Lores explicou que a actuación se enmarca dentro dese plan integral de rehabilitación de Campolongo, que incluíu, entre outras actuacións, a mellora do asfaltado, podas, mellora de zonas verdes e de beirarrúas, eliminación de barreiras, renovación da iluminación, cambios no parque infantil ou solución dos problemas de pluviais no parque da Constitución.

Protexido: Circular Informativa Nº26/09

Escrito por mpierres o 25 Setembro 2009

This post is password protected. To view it please enter your password below:


Enter your password to view comments
That lineage can be seen in the Rolex Oyster fake watches Perpetual's straightforward and practical design. Legibility is cheap ralph lauren shirts strong and the dial design offers nothing more than is necessary to display the time.