replicas de relojes
replicas de relojes splash
Publicado por admin o 7 Xuño 2011

Presidente: D. Manuel Abelleira Argibay  presidente.pontevedra@coag.es
Tesoreira: Dña. María Pierres López tesorera.pontevedra@coag.es
Secretario: D. Anselmo Villanueva Peón secretario.pontevedra@coag.es
Podedes contactar directamente coa Xunta Directiva a través da seguinte dirección de correo:
xd.pontevedra@coag.es

 

Archivado en 22 Setembro 2009

O novo Edificio das Artes pende dun fio

Escrito por mpierres o 22 Setembro 2009

El Correo Gallego - 22.09.2009

Unha das obras máis emblemáticas da Universidade de Vigo no campus de Pontevedra, o novo Edificio das Artes, que albergaría os actuais estudios de Belas Artes e Deseño, pende agora dun fio.

O rector olívico, Alberto Gago, descarta “totalmente” que a nova infraestructura poida acometerse este ano e xa van catro de demora dende que o concello e a institución académica firmaran o convenio en 2004.

Alberto Gago asegura que pese a que a universidade contemplou nos pasados exercicios fondos (más dun millón de euros, en ocasions) para acometer as obras, éstas foron imposibles porque o concello non puso a súa disposición os terreos necesarios no solar da antiga fábrica de Tafisa.

Agora, que encima veñen épocas de “vacas flacas” os terreos seguen ainda sen ceder, apostilla. Dende o concello, se manten que ata o comezo desta lexislatura non se modificou o plan urbanístico necesario para a cesión e a inmobiliaria encargada da urbanización do solar da antiga fábrica non inscribiu ata fai tres meses os 20.000 metros cadrados a nome da corporación.

A cesión da parcela á Universidade comezou a tramitarse ante Patrimonio o pasado mes de xullo, añaden, pero a burocracia leva alomenos tres ou catro meses. En todo caso, sinalan as mesmas fontes que para que se poida oficializar a cesión non pode haber deuda algunha entre as administracions que asinaron o convenio en 2004, algo que non sucede nestes momentos porque a Universidade de Vigo debe aorredor de 7.000 euros de recibos de auga e luz. Onte, do Concello de Pontevedra ademáis de sair sendas cartas do alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, e da tenente alcalde, Teresa Casal, para abordar coas autoridades académicas o asunto, tamén partiu “un oficio” reclamando á universidade o abono da débeda pendente de pago

Dende a corporación local, consideran que máis que problemas derivados da non cesión da parcela, a non construcción do Edificio das Artes obedece á falla de fondos da propia universidade. Mentres, o decano de Belas Artes, que lamentou o retraso de varios anos nas obras, considerou o traslado “necesario” porque a súa facultade ten nestes momentos “grandes problemas de espacio”.

O deseño do futuro da cidade abre o proceso de revisión urbanística de Vilagarcía

Escrito por mpierres o 22 Setembro 2009

Faro de Vigo - Arousa - 22-09-2009

O documento base da revisión urbanística de Vilagarcía de Arousa, que conten as pautas nas que se traballará nos próximos meses, foi presentado onte aos portavoces municipais. O obxetivo deste novo traballo técnico é o diseño futuro da cidade mediante a integración dos núcleos de poboación que creceron  indiscriminadamente nos últimos anos e que carecen de equipamentos axeitados, zoas verdes proporcionadas ou infraestructuras viais que melloren a súa comunicación.
Os técnicos da empresa Eptisa, encargada da revisión urbanística, no seu diagnóstico previo, expuseron as carencias da cidade en materia de equipamentos, entre as que figuran os desequilibrios de zoas verdes en varios núcleos de poboación.
Zoas como Sobradelo, Fontecarmoa, Rubiáns ou Bamio, entre outras,  sufriron un importante cambio nos últimos anos e necesitan que se melloren os seus equipamentos. No caso de Bamio, figura unha área industrial encorsetada con deficientes servicios de comunicación.
No caso de Rubiáns, onde hai calificación de solo mixto industrial e residencial, plantéxase agora a súa reordenación para un crecemento máis ordeado.
O obxetivo do novo planeamento é integrar os núcleos de poboación para un crecemento máis ordeado do municipio onde se optimicen os servicios e equipamentos públicos.
A empresa Eptisa xa presentara aos portavoces dos grupos políticos na corporación municipal un diagnóstico previo á situación urbanística da cidade. A reunión de onte foi para entregar o documento base sobre o que se traballará para plasmar definitivamente a revisión dun plan que concrete o modelo de deseño urbanístico e a construcción da Vilagarcía do século XXI, en base aos criterios de crecemento sostido. O que se quere é deixar un traballo que sirva para as próximas décadas, xa que a última revisión permitiu un crecemento por núcleos e quedou desactualizada antes dos oito anos da súa aprobación.
Dada a importancia e relevancia do traballo urbanístico que se está levando a cabo, os portavoces municipais na reunión celebrada onte se comprometeron a analizar o documento no prazo de quince días para volver a reunirse co fin de aportar as súas suxerencias e iniciativas que consideren oportuno introducir na revisión, sobre a que continuarán traballando os técnicos. No encontro de onte estiveron presentes os representantes do PSOE, PP, BNG e Ivil.
O documento seguirá a súa tramitación no departamento de Urbanismo da Xunta.

A urbanizacion en Raxó que promove a Igrexa está pendente da lei do litoral

Escrito por mpierres o 22 Setembro 2009

La Voz de Galicia - 22-09-2009

raxoA urbanización que o Arzobispado promove en Raxó está en punto morto. A Igrexa só presentou o proxecto para os dous edificios de vivendas que se acometerán nunha parcela próxima ao templo relixioso parroquial e á casa de cultura.

Un dos primeiros problemas cos que se atopou o Arzobispado foi a negativa da anterior Xunta a darlle o visto bo á construcción de 121 vivendas, distribuidas en dous bloques de edificios e once casas unifamiliares. De feito, a Axencia de Protección Urbanística paralizou o desenrolo, e agora o promotor espera a coñecer cáles serán as medidas definitivas de protección do litoral que estableza o novo goberno autonómico.

De momento de forma cautelar, e con raras excepcions, mantense a prohibición de edificar a menos de 500 metros do litoral. Non obstante, o Concello sinalou que a tramitación da urbanización  aprobouse antes da entrada en vigor das medidas urxentes de protección da costa.

O terreo onde está proxectado o desenrolo está calificado como solo urbano non consolidado e está dentro da famosa franxa de protección dos 500 metros. Ao parecer, a promoción está recollida no Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), aprobado no ano 2000.

O convenio firmado entre o Arzobispado e o Concello contempla a cesión duns terreos da Iglesia para construir unha alameda.

That lineage can be seen in the Rolex Oyster fake watches Perpetual's straightforward and practical design. Legibility is cheap ralph lauren shirts strong and the dial design offers nothing more than is necessary to display the time.