replicas de relojes
replicas de relojes splash
Publicado por admin o 7 Xuño 2011

Presidente: D. Manuel Abelleira Argibay  presidente.pontevedra@coag.es
Tesoreira: Dña. María Pierres López tesorera.pontevedra@coag.es
Secretario: D. Anselmo Villanueva Peón secretario.pontevedra@coag.es
Podedes contactar directamente coa Xunta Directiva a través da seguinte dirección de correo:
xd.pontevedra@coag.es

 

Archivado en 16 Setembro 2009

Os arquitectos avisan que o novo decreto do Hábitat tolera “moitas excepcións”

Escrito por mpierres o 16 Setembro 2009

Faro de Vigo  16-09-2009

Trala revisión en profundidade da nova Xunta ás Normas do Hábitat heredadas do bipartito, de obrigado cumprimento dende fai ano e medio, chega o momento de que o resto de protagonistas da polémica fale. Constructores, promotores, os concellos –cun contencioso aberto pola suposta invasión de competencias– e, especialmente, os arquitectos. Algunhas das firmas máis coñecidas do gremio na comunidade puxeron o seu gran de area nocatálogo de requisitos impulsado pola anterior conselleira de Vivenda e colega de profesión, Teresa Táboas. O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) remitiu xaas  súass alegacions ao decreto coa mirada posta na “confusión” que poden suscitar varios dos conceptos, o seu mal uso, as contradiccions que xeneran, pero sobre todo no amplo abanico de excepcions que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas deixa aberto nas rehabilitacions.
O grupo de traballo do COAG encargado de analizar a nova versión, moito máis simplificada, do decreto advirte que o “interés meritorio” do documento en recoller “toda a casuística posible” ante ls reformas xoga en contra da propia normativa. Os requisitos son “ambiguos” e de “difícil interpretación”, ademáis de “efímeros”, o que deixa no aire a súa vixencia a medio e longo prazo. Por moito que se queira regular todos os exemplos posibles “sempre”  quedaráse curta.
Hai unha das súas frases que o reflexa de forma moi clara: “Apreciamos unha utilización excesiva do aserto no, …serán de aplicación ás determinacions das Normas sempre que…”. Por iso, o COAG alerta de que o decreto “parece aceptar seu incumprimento en moitos supostos” en lugar de “dificultar ou aumentar o nivel das exixencias”. Ata o punto da “incoherencia” de que a nova normativa “de pábulo” ao que os propios arquitectos denominan “infravivenda”. Sua proposta é unha nova redacción de todo o capítulo, con mencions concretas aos inmobles dos plans especiais de protección e un escenario alternativo para as excepcions, menos e máis xustificadas, das rehabilitacions.
O COAG resalta que as anteriores Normas ” equivocaronse” na redefinición dalguns estándares de “habitabilidade” –todo o sistema de reciclaxe de augas, aillamento e aforro enerxético–, xa marcados polo  Código Técnico de Edificación. Eso sí, Vivenda acertou “a propósito” ao denominalas do Hábitat e non de Habitabilidade. Un “erro” parecido ao que comete agora Medio Ambiente ao bautizaloscomo normativa de habitabilidade. Os arquitectos piden que se cambie por “condicions mínimas de funcionalidade” e que figure expresamente que a distribución da vivenda “será libre” coa “única limitación” de que os cuartos de baño estén separados. O colectivo tira das orellas ao departamento que dirixe Agustín Hernández por non obligar a que na rehabilitación de vivendas non se exixa a colocación de calefacción.
Anque no texto desaparece a mención expresa a un mínimo de 40 metros cadrados, o Goberno galego asegura que esa condición xa está recollida na lei de vivenda. É certo, pero só para as de protección. Sen contar cos espacios de comunicación, o decreto nacionalista estabrecía eses 40 metros, o novo  quédase en 38. Medio Ambiente manten que as superficies  consérvanse “en esencia” e os cambios “son puntuais” para evitar “espacios innecesarios”. O obxetivo, din, é dar claridade e sentido ás medidas.

That lineage can be seen in the Rolex Oyster fake watches Perpetual's straightforward and practical design. Legibility is cheap ralph lauren shirts strong and the dial design offers nothing more than is necessary to display the time.