replicas de relojes
replicas de relojes splash
Publicado por admin o 7 Xuño 2011

Presidente: D. Manuel Abelleira Argibay  presidente.pontevedra@coag.es
Tesoreira: Dña. María Pierres López tesorera.pontevedra@coag.es
Secretario: D. Anselmo Villanueva Peón secretario.pontevedra@coag.es
Podedes contactar directamente coa Xunta Directiva a través da seguinte dirección de correo:
xd.pontevedra@coag.es

 

Archivado en 15 Setembro 2009

As novas normas para os pisos eliminan o mínimo de 40 metros e o reciclaxe de augas

Escrito por mpierres o 15 Setembro 2009

Faro de Vigo- 15-09-2009

Á espera de recibir as últimas alegacions e pulir os requisitos que non acaban de encaixar cun mínimo consenso, a nova Xunta ten xa entre as  súas mans a nova versión das Normas do Hábitat. Foi unha das medidas estrela do bipartito, especialmente dos nacionalistas, durante a pasada lexislatura, unha das que levantou máis polémica tamén e unha das armas da contenda electoral que o PP se comprometeu a derogar si recuperaba a xestión de San Caetano. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas abre as portas de novo á  construcción na comunidade de estudios de menos de 40 metros cuadrados, a superficie mínima establecida no anterior decreto. A reforma non entra nas divisions interiores da vivenda e borra dun plumazo todas as exixencias constructivas, de reciclaxe de augas residuais, aforro enerxético e protección fronte a posibles emanacions de gas radón. O Goberno galego cree que calquera destas exixencias supera o obxetivo da normativa sobre habitabilidade e deixa a súa regulación ao Código Técnico de Edificación (CTE) do Ministerio de Vivenda, menos ríxido en temas de aillamento e aproveitamento da auga usada, ou a reglamentos futuros máis específicos.
¿Qué terán, como mínimo, os pisos do futuro en Galicia? Unha “estancia”, unha cociña, un cuarto de baño, un lavadoiro, un tendal e un espacio de almacenamento. Esa “estancia” –que a normativa define como un espacio interior habitable, con ou sen delimitación– non poderá baixar dos 25 metros cadrados cando sexa única. Se existen dous –non necesariamente se corresponden con dous dormitorios, poden ser unha habitación e un despacho, ou un cuarto e unha sala de estar–, 16 metros a máis grande e 12 a pequena. O baremo vai cambiando en función do número de lugares habitables.
A exixencia para a cociña é de, alomenos, 5 metros cadrados. Pode ser independiente ou integrarse na estancia maior, como ocorre na maioría dos apartamentos e estudios que se constrúen na actualidade, e con iluminación e ventilación natural directa ao exterior. A nova versión das Normas do Hábitat manten a obriga de incluir un lavadoiro, anque coa metade de dimensions, de 1 metro cadrado; y un tendal, do mesmo tamaño. A bautizada como “área de servicios”  complétase cun lugar de almacenamento “xeral” de tamén 1 metro cuadrado, 2,20 de altura e un fondo de 0,60, e outro de carácter persoal, por enriba dos 0,80 metros cadrados.
O cuarto de baño manten o mínimo de 5 metros cadrados. Só será obrigatorio contar cun  aseo se hai máis de tres habitacions. En calquera dos dous casos, os sanitarios deberán estar colocados de tal xeito que as persoas con movilidade reducida poidan usalos sen problema.
Con estes novos parámetros, o tamaño mínimo das casas cae ata os 38 metros cadrados. “A lexislación debe buscar un equilibrio entre os limitados recursos [en referencia ao "elevado porcentaxe" que supon o acceso a un piso nos ingresos dos fogares da comunidade] e os requisitos que deben cumplir as vivendas”, defende o borrador do decreto. Por iso a Xunta opta por “atemporar”, por moderar os estándares de superficies mínimas contempladas na anterior normativa, en vigor dende o 17 de abril do ano pasado.
Medio Ambiente recoñece que as superficies máis holgadas significan maior calidade “en xeral”, pero a súa intención é que as exixencias á construcción non “excedan” as “necesidades reais dos futuros ocupantes” que terían que asumir “o coste do posible sobredimensionamiento”. A teoría do bipartito é que as Normas non terían por qué supoñer un encarecimento do piso. “O axuste dos estándares dimensionais mínimos que esta normativa contempra –añade a Xunta– intenta tamén compatibilizalos coas limitacions de superficies máximas estabrecidas a nivel estatal pola reglamentación de viviendas protexidas”.
Como a única aspiración da normativa é exclusivamente “regular as exigencias mínimas de habitabilidade” e ante “a gran cantidade” de nova normativa no  sector, o decreto deixa fora as exixencias constructivas e todos os polémicos asuntos do reciclaxe de augas residuais e aproveitamento enerxético, ademáis das medidas para facer fronte ás emanacions de gas radón do granito. Os sistemas para reutilizar as coñecidas augas grises, as de duchas e baños, que chegaron a ter unha comisión propia ao amparo de Vivenda para interpretar a  súa aplicación, desaparecen –o CTE non os marca como obrigatorios–, ao igual que o 20% máis de aillamento con respecto á lexislación estatal.

O plan do litoral dividirá a costa en sete áreas para definir a súa protección

Escrito por mpierres o 15 Setembro 2009

La Voz de Galicia - 15-09-2009

O Goberno de Fraga propuxo no seu momento limitar a edificación en tres áreas da costa, nun estudo promovido na etapa de Alberto Núñez Feijoo en Política Territorial que aquel Executivo deixou sen rematar. O bipartito dividiu o litoral en cinco áreas de actuación, dentro dun plan de ordenación que deixou ganduxado mentres adoptou o veto transitorio ao ladrillo en 3.000 hectáreas de chan urbanizable a menos de 500 metros do mar. E agora o Gabinete de Feijoo traballa coa idea de establecer criterios diferenciados de protección para sete franxas costeiras: A Mariña lucense, as Rías Altas, o golfo Ártabro, o arco bergantiñán, a Costa da Morte, as Rías Baixas e a costa sur.

O plan de ordenación do litoral, que debía estar vixente desde o 1 de xaneiro do 2005 e que chegará con máis de cinco anos de atraso na primavera do 2010, ordenará os aproveitamentos urbanísticos do litoral tomando como referencia esas áreas, que comprenden tramos de costa nos que a Xunta observa similitudes en canto ás súas características orográficas e de ocupación. En cada unha delas aplicará as restricións urbanísticas necesarias para preservar o territorio, que nalgúns puntos poden alcanzar os 500 metros delimitados na blindaxe promovida polo bipartito e noutros quedarán por baixo. A falta de que o avance do plan, que Feijoo anunciou para decembro, concrete esas franxas de protección, o Goberno do PP optou en maio pasado, cando prorrogou a lei dos 500 metros, por asumir na súa totalidade a restrición acordada polo bipartito. é máis, a Xunta prescindiu da proposta que a ex conselleira María José Caride entregou ao seu sucesor, Agustín Hernández, sobre a posibilidade de levantar o veto en 9,1 dos 44,8 millóns de metros cadrados afectados polas medidas cautelares. De feito, no Goberno de Feijoo admiten abertamente que a blindaxe urbanística da costa resultou unha decisión acertada e oportuna para evitar non só o avance na ocupación indiscriminada da costa, senón que quedase poboada de guindastres parados e construcións a medio facer pola crise. é a mesma idea que comparten a maioría dos alcaldes.

Traballo sobre o terreo

O abundante material que deixou preparado o equipo de Caride non aforrou ao de Hernández extensas xornadas de traballo en cada municipio. Ata agora, os técnicos da Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe visitaron o litoral de 46 dos 89 concellos costeiros nos que limitará a construción. Os técnicos están xestionando con cada concello as especificidades de cada zona, coa intención de que os criterios fundamentais queden perfilados agora e de que na fase de suxestións ao documento só haxa que dirimir flocos. Na Xunta aseguran que a colaboración por parte dos municipios está sendo «moi boa». Esta fase de traballo concluirá a finais de outubro. A folla de ruta para a tramitación do plan de ordenación do litoral contempla a entrega da documentación aos alcaldes durante a segunda quincena de decembro, cando está previsto que a Xunta presente un avance da planificación. A partir de entón, Medio Ambiente habilitará dous meses de prazo para a presentación de suxestións por parte dos concellos e dos organismos que operan no territorio, como a Dirección Xeral de Costas, o Ministerio de Fomento e a Consellería do Mar, entre outros.

That lineage can be seen in the Rolex Oyster fake watches Perpetual's straightforward and practical design. Legibility is cheap ralph lauren shirts strong and the dial design offers nothing more than is necessary to display the time.