replicas de relojes
replicas de relojes splash
Publicado por admin o 7 Xuño 2011

Presidente: D. Manuel Abelleira Argibay  presidente.pontevedra@coag.es
Tesoreira: Dña. María Pierres López tesorera.pontevedra@coag.es
Secretario: D. Anselmo Villanueva Peón secretario.pontevedra@coag.es
Podedes contactar directamente coa Xunta Directiva a través da seguinte dirección de correo:
xd.pontevedra@coag.es

 

Archivado en 10 Setembro 2009

O goberno local reabre o debate do Plan de Urbanismo, que o PP cuestiona por “obsoleto”

Escrito por mpierres o 10 Setembro 2009

Faro de Vigo - Pontevedra -10-09-2009

Despois dun par de meses de paréntesis, obrigado polo  veran e que se aproveitou para estudiar o documento en profundidade, o concello reabre hoxe o debate sobre o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), co  fin de decidir o seu envío á  Xunta para unha primeira evaluación global. Tras máis de cinco anos de traballos de redacción, o goberno local estima que chegou o momento de que a Consellería do Territorio se pronuncie sobre o documento, para introducir despois as modificacións oportunas.
Sen embargo, o PP non é desta opinión e estima que o PXOM se debe correxir de forma inmediata dende o concello. O seu portavoz Telmo Martín e o edil Ricardo Aguilar, ademáis de criticar o prolongado proceso de elaboración que acumula o Plan e de insinuar que o goberno local “non ten moito interés ” en sacalo adiante, calificaron o documento “está xa obsoleto antes da súa entrada en vigor ” porque non aporta solucions, non é ambicioso nen innovador e  se limita a determiñar onde se pode construir e onde non, sen establecer as pautas de futuro do municipio”.
A oposición desgranou onte algunhas das enmendas que na comisión de Ordenación do Territorio de hoxe presentará ao borrador urbanístico, e nas que demanda, entre outras cousas, unha “gran avenida”, máis terreos para o campus ou máis solo empresarial”.
“É un documento obsoleto, unha declaración de intencions e ideolóxico, e máis parece unha tesis doctoral dalgún membro do goberno” en referencia ao concelleiro que tutela o PXOM, César Mosquera, dixo onte Telmo Martín. Ao seu xuizo, este plan “non fai nengunha proposta para o futuro de Pontevedra, porque un documento deste tipo ten que ser moito máis que facer edificios”, po lo que botan en falla unha linea clara “para que Pontevedra sexa algo máis que unha cidade administrativa, comercial e de servicios”.
Anque o documento que se pretende tramitar dende hoxe ante a Xunta non é compartido polo PP, seus dous portavoces aclararon onte que “anque non votemos a favor, tampouco o faremos en contra, para non por trabas a un documento tan importante”. Non obstante, as trabas sí chegarán, case con toda seguridade, dos informes da Xunta. Martín non fixo referencias ao respecto, pero sí apuntou que “se este Plan fora sometido a referéndum, sería rexeitado polos pontevedreses”.

That lineage can be seen in the Rolex Oyster fake watches Perpetual's straightforward and practical design. Legibility is cheap ralph lauren shirts strong and the dial design offers nothing more than is necessary to display the time.