replicas de relojes
replicas de relojes splash
Publicado por admin o 7 Xuño 2011

Presidente: D. Manuel Abelleira Argibay  presidente.pontevedra@coag.es
Tesoreira: Dña. María Pierres López tesorera.pontevedra@coag.es
Secretario: D. Anselmo Villanueva Peón secretario.pontevedra@coag.es
Podedes contactar directamente coa Xunta Directiva a través da seguinte dirección de correo:
xd.pontevedra@coag.es

 

Archivado en 8 Setembro 2009

A Cidade da Cultura “reordenará o calendario”

Escrito por mpierres o 8 Setembro 2009

El Pais, 08-09-2009

Menos presuposto e maior tasa de execución de gasto, segundo a Consellería, son as previsions para a Cidade da Cultura en 2010. Da reunión onte do padroado saiu o nome da nova xerente da Cidade da Cultura, Silvia Domínguez, e unha orde de prioridades, segundo o conselleiro, Roberto Varela, baseado en inaugurar os edificios terminados e  reordenar o calendario dos restantes segundo as necesidades. “Temos que traballar en función da crisis”, dixo Varela, que a finais de outubro reuniráse co arquitecto, Peter Eisenman, para informarlle da situación.

Como estaba previsto, en 2010 abriránse a Biblioteca de Galicia, o Archivo, o  edificio de servicios centrais e  o Museo de Galicia, que espera cubrir “ese espacio que falta en Galicia para grandes exposicions”, coa “posibilidade” de incluir nalgunha das suas estancias un Museo da  Historia de Galicia. O  Museo se inaugurará cunha “gran exposición” a finais de 2010 ou a comezos de 2011, “coincidindo co  octavo centenario da Catedral de Santiago”. “A prioridade é que a Cidade da Cultura sexa unha das ofertas de Galicia durante o Xacobeo”, destacou.

O conselleiro rexeitou falar de “paralización”, pero aduxo que as previsions de gasto eran “inasumibles”. Tamén se referiu á posibilidade de retomar o proxecto orixinal, tras renunciar ao Teatro da Música, ou Palacio da Ópera, para voltar ao Escenario Obradoiro do bipartito: “É unha cuestión de nomenclatura, de calquera xeito haberá música e artes escénicas”.

Sobre a integración da Fundación Gaiás dentro da Fundación Cidade da Cultura, anunciada en xullo, a Consellería non aclarou o modelo de xestión, pero anunciou unha futura reunión, posiblemente a semana vindeira, para formalizar a adhesión e fixar os estatutos da fundación única. “Será totalmente pública, cun padroado máis grande e un consello director con representantes das dúas anteriores”, resumiu Varela, que confía en que a organización sexa “máis axil e permita actuar á  Cidade no seu espazo físico e fora”.

Da sustituta de Francisco Carracedo na Fundación, Varela suliñou que o  seu perfil era “ideal” para darlle á Cidade da Cultura “esa pátina de proxecto de todos enfocado cara o exterior”. Nada en Arxentina e filla de galegos, Silvia Domínguez traballa en xestión cultural dende 1993. Foi responsable de proxectos da ONG Design for the World, con sede en Barcelona, e dende 2004 coordina actividades de promoción exterior vencelladas á industria cultural. O conselleiro rexitou a posibilidade de incorporar un xestor económico e outro de contidos, como él mesmo comentara. Domínguez cumplirá esa función. “Haberá un xerente específico de cada área “cando os edificios estén rematados”.

That lineage can be seen in the Rolex Oyster fake watches Perpetual's straightforward and practical design. Legibility is cheap ralph lauren shirts strong and the dial design offers nothing more than is necessary to display the time.