replicas de relojes
replicas de relojes splash
Publicado por admin o 7 Xuño 2011

Presidente: D. Manuel Abelleira Argibay  presidente.pontevedra@coag.es
Tesoreira: Dña. María Pierres López tesorera.pontevedra@coag.es
Secretario: D. Anselmo Villanueva Peón secretario.pontevedra@coag.es
Podedes contactar directamente coa Xunta Directiva a través da seguinte dirección de correo:
xd.pontevedra@coag.es

 

Archivado en 7 Setembro 2009

Internado Mariatal, Kramsach, Austria. Marte Architekten.

Escrito por mpierres o 7 Setembro 2009

ext-1Escola Especial e  dormitorios

No concurso de arquitectura que se organizou, en resposta as peticions urxentes dos participantes, acordouse que todas as adicións dos anos 1950 e 1970 poderían ser demolidas  se fose necesario. O proxecto de Marte. Marte  empregou este recurso para levar a cabo unha reestructuración que claramente  pecha o patio que estaba aberto ao río e  reflexa a autonomía da institución da igrexa parroquial. O novo edificio de escola con  terapia de baños e  ximnasio, sustitúe  a unha desas  ampliacións do edificio da igrexa e,  por medio dunha terraza existente, conécta o patio coa pradeira.  Unha escaleira con paredes acristaladas  conecta o edificio da escola co  edificio principal.

A través dos novos edificios e a través da renovación do patio do convento os arquitectos foron capaces de contrarrestar a presencia dominante da igrexa de peregrinación. O poder  dos monolitos  incrementouse polo  uso dos formigonados a media pranta. As  xuntas entre as que se virten  as etapas diferentes de formigonado, que en xeral parecen tan tectónicas e  horizontais, se convirten nas costuras dunha pel externa continua. Esta estructura de fachada se superpón co ritmo composto dunha fachada perforada, logrado polo escalonamento da disposición en cada piso e  pola combinación de só dous tipos de fiestras. Todas as superficies de metal son de aluminio anodizado dourado, que introduce un toque formal  inesperado  fronte á gravidade da  pedra.

Norman Foster en Madrid

Escrito por mpierres o 7 Setembro 2009

commerzbank-0626_fp205482-copia-webDo 1 ao 23 de setembro, terá lugar no  Espacio Ivorypress Art+ Books a exposición Norman Foster, Drawings 1958-2008. Máis de 200 debuxos, 6 maquetas e os cadernos de notas do arquitecto acompañados de documentais sobre a súa obra.
No marco desta exposición celebraránse, os días 15, 16 e 17 ás 19,30 h. uns coloquios entre o arquitecto e personalidades do Arte, a Arquitectura sostible e a Economía.
Estes coloquios, en forma de mesa redonda moderados por Luis Fernández Galiano, que é tamén o comisario da exposición, serán íntegramente en inglés.

Nova polémica pola ponte de Calatrava en Venecia

Escrito por mpierres o 7 Setembro 2009

El Pais, 06-09-2009

Os problemas para Santiago Calatrava non cesan. O organismo italiano que supervisa as contratas públicas elaborou un informe no que sinala que a ponte da Constitución de Venecia, deseñado polo arquitecto e enxeñeiro español, non é seguro.

Según recolleron diversos medios de comunicación italianos, o informe establece que a ponte non é unha obra “en pleno funcionamiento” e recomenda, para o seu uso, que sexa vixiado constantemente para garantir “os niveis de seguridade mínimos da normativa”. En dito documento,alúdese á existencia de presuntos errores no proxecto de Calatrava, que o Concello de Venecia non quiso ter en conta. Segundo o informe, as probas que se realizaron “evidencian non poucos aspectos oscuros” e se apunta que “se pode perder repentinamente a funcionalidade da ponte”.

A resposta do consistorio da cidade dos canais non se fixo esperar: “Non é en absoluto certo que a ponte sexa insegura. Sabemos que debe ser vixiada, pero o sabemos dende o principio”, declarou á axencia Ansa a conselleira veneciana de Obras Públicas, Mara Rumiz.

Dende a súa proxección, construcción e inauguración, que tivo lugar o ano pasado, a ponte suscitou numerosas polémicas. O presuposto inicial era de 7,2 millons de euros, pero finalmente disparouse ata os 11,2 millons.

Ás críticas do seu elevado coste sumáronse  as dos retrasos na construcción, posto que no 2002 se fixara un prazo de pouco máis de un ano para finalizar a obra.

Asimesmo, a estructura suscitou opinions negativas sobre a súa estética, xa que para alguns é demasiado moderna para a cidade. A principal oposición a suscitaron tres cuestions: a falta dun acceso para discapacitados en silla de rodas, o sentimiento xeral de que non era necesario unha cuarta ponte sobre o Canal Grande e o estilo minimalista da obra, que moitos consideran incompatible coa atmósfera veneciana.

A ponte da Constitución é unha estructura lixeira e flexible que mide 94 metros de largo e  un ancho que varía entre os 5,58 e os 9,38 metros.

That lineage can be seen in the Rolex Oyster fake watches Perpetual's straightforward and practical design. Legibility is cheap ralph lauren shirts strong and the dial design offers nothing more than is necessary to display the time.