replicas de relojes
replicas de relojes splash
Publicado por admin o 7 Xuño 2011

Presidente: D. Manuel Abelleira Argibay  presidente.pontevedra@coag.es
Tesoreira: Dña. María Pierres López tesorera.pontevedra@coag.es
Secretario: D. Anselmo Villanueva Peón secretario.pontevedra@coag.es
Podedes contactar directamente coa Xunta Directiva a través da seguinte dirección de correo:
xd.pontevedra@coag.es

 

Archivado en 3 Setembro 2009

Jaclyn Residencial, AEDES Studio. Sofia, Bulgaria

Escrito por mpierres o 3 Setembro 2009

residencial-1Existen edificacions , como este caso do edificio Jaclyn Residential, que sería imposible construir en Galicia…

Estas arquitecturas residenciais,  neste caso de Bulgaria, merecedoras de distincions nos derradeiros premios  europeos Mies de Arquitectura, son impensables coas nosas lexislacions vixentes. ¿Iso é bo ou  malo?

“Confluences” sofá, de Philippe Nigro

Escrito por mpierres o 3 Setembro 2009

ligne-rosetHai mobles que lembran patróns ríxidos ou funcionalistas,

outros son minimalistas en esencia,

e outros, coma este sofá de Philippe Nigro para Ligne Roset,  ben podería ser , polas súas volumetrías,

a analoxía dunhas arquitecturas de clara raiz orgánica.. indicada para espacios de “confluencia” e reunión.ligne-roset-2

A Illa pide á Xunta que recoñeza a súa singularidade urbanística

Escrito por mpierres o 3 Setembro 2009

a-illaFaro de Vigo - Arousa -03-09-2009

Todos os colectivos sociais e económicos do municipio sumáronse á reivindicación do Concello de A Illa de que se contemple dentro do futuro Plan do Litoral un apartado específico para a súa singularidade urbanística, figura coa que se pretende continuar cun desenrolo urbanístico sostible que protexa os seus principais bens naturais, pero ao mesmo tempo, lles permita continuar creciendo.

A  unión de todos os colectivos fíxose a raíz da  enquisa remitida aos Concellos costeiros pola Consellería de Medio Ambiente por si querían aportar algún tipo de iniciativa á  futura Lei do Litoral. O informe que se  remitiu dende o  Concello á  Xunta incide en que A Illa posúe un rasgo xeográfico fundamental, como é a  súa insularidade, ao que hai que engadir  unhas reducidas dimensions que coartan, en gran medida, as posibilidades de expansión.

Estas reducidas dimensions “vense agravadas por unha Lei de Costas Estatal moi restrictiva, a que hai que sumar a actual Lei de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural que amplía a liña de Costas a 200 metros”, os cales se convirten en 400 en A Illa debido as súas peculiaridades.

Por este motivo, as sucesivas reunions que se celebraron entre o  Concello e  diferentes entidades como a Cofraría, as asociacions de mexiloeiros, a xunta de montes ou os veciños de A Beira do Mar  deron como resultado cinco puntos que deberían contemplarse na futura Lei do Litoral.

O  primeiro deeos sería o recoñecemento como zona urbana, ca área de protección de Costas limitada a 20 metros, dende o lugar de Testos ata a  zona de Gradín, é dicir, pola parte suroeste de A Illa.

Este mesmo recoñecemento reclámase para a parte noroeste, a incluida entre os lugares de As Rubas e O Bao. A terceira proposta é fixar a área de protección do litoral en 50 metros nas zonas colindantes coas raias urbanas antes citadas e  ata o lugar de As Aceñas.

As propostas non só inciden en rebaixar a liña de protección, senón que tamén contemplan medidas moito máis restrictivas que as existentes na actualidade.

As dúas que figuran no  informe neste sentido plantexan a fixación dunha área de protección de 200 metros en toda a parte norte de A Illa, é dicir, nas inmediacions da praia de Area da Secada e do Faro de Punta Cabalo, así como a protección integral do parque natural de O Carreirón.

Todas as entidades económicas e sociais entenden que este tratamento, recollido nestes cinco puntos, é imprescindible para que A Illa de Arousa conte cunha singularidade que non se da en ningún outro Concello de Galicia e  que os sucesivos gobernos da Xunta non foron capaces de darlle.

O proxecto do paseo Agrelo-Portomaior buscará solucions ao aparcamento

Escrito por mpierres o 3 Setembro 2009

agreloFaro de Vigo - Morrazo - 03-09-2009

Solucionar o problema do estacionamento que hai actualmente nas praias de Agrelo e Portomaior é unha das cuestions a ter en conta na redacción do proxecto técnico do paseo marítimo na zona e que o alcalde de Bueu, Félix Juncal e o concelleiro de Urbanismo, Martín Villanueva lle trasladaron onte á  xefa do servicio provincial de Costas do Estado, Cristina de Paz Curbera, que visitou o  concello para asistir á que foi a “primeira toma de contacto” con cada unha das partes implicadas na actuación.

Juncal sinalou que “hai que ter en conta que o aparcamento que agora mesmo hai ó longo do vial desaparecerá” con esta nova actuación, que en principio requerirá a adquisición de 4 metros das parcelas da zona. En cambio se manterán os das fincas privadas que “seguirán coexistindo”. Destacou que “toda a oferta que sexan capaces de habilitar para as demandas de prazas de aparcamento sempre vai a ser escasa”, xa que según indica “a día de hoxe non atenden a demanda actual e cando se faga a actuación incrementarase”.

Asimesmo, dende o Concello consideran importante “resolver os accesos hacia os dous extremos da praia” e  contemplan a posibilidade de ubicar un mirador na zona onde se atopan as fincas de O Xistro, ao este da praia. Sen esquecer  o outro extremo. Juncal apuntou a posibilidade de “acondicionar o espacio situado entre Agrelo e  Loureiro e  dende ese punto á  estrada  xeneral, polo que indicou que “vaise estudiar a mellora do mesmo”. Os representantes da institución local propuxeron que se estudie a posibilidade de que “haxa unhas instalacións lúdicas, deportivas e de ocio que completen toda esta oferta de usos que vai haber no entorno”. Entre elas o  alcalde destaca, “a posibilidade de intentar mellorar o entorno dos cauces dos ríos cunha senda peonil”.

Á reunión de carácter preparatorio asistiron tamén un técnico da propia xefatura e  dous da consultora Urbing, á que se lle  adxudicou a redacción do documento, que en principio espérase que “esté rematado a finais de ano”, segundo apunta o alcalde. A partires dese momento retomaránse as conversas para “poder acelerar o máximo posible a tramitación administrativa de ese proxecto técnico e a obra en sí mesma”.

Félix Juncal destacou que unha vez rematado o proxecto, requerirá que haxa unha partida presupuestaria habilitada para a actuación e agarda que a obra sexa “unha realidade o antes posible”.

That lineage can be seen in the Rolex Oyster fake watches Perpetual's straightforward and practical design. Legibility is cheap ralph lauren shirts strong and the dial design offers nothing more than is necessary to display the time.