replicas de relojes
replicas de relojes splash
Publicado por admin o 7 Xuño 2011

Presidente: D. Manuel Abelleira Argibay  presidente.pontevedra@coag.es
Tesoreira: Dña. María Pierres López tesorera.pontevedra@coag.es
Secretario: D. Anselmo Villanueva Peón secretario.pontevedra@coag.es
Podedes contactar directamente coa Xunta Directiva a través da seguinte dirección de correo:
xd.pontevedra@coag.es

 

Archivado o Setembro, 2009

Feijoo pactará outra Lei do Solo cos alcaldes tras flexibilizar a de Cuíña para construír nas aldeas

Escrito por mpierres o 24 Setembro 2009

La Voz de Galicia-24-09-2009

Os vaivéns lexislativos no marco que debe regular a ordenación urbanística galega proseguirán durante o mandato de Feijoo, aínda que a Xunta contará esta vez coa complicidade dos alcaldes para procurar que a nova normativa perdure e, sobre todo, se aplíque.

O presidente comprometeuse onte, na firma dun pacto polo urbanismo coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), a impulsar ao longo desta lexislatura unha nova Lei do Solo, que estará precedida pola nova reforma que flexibilizará a norma que Xosé Cuíña promoveu no 2002. Esa revisión, que agora espera o ditame do Consello Económico e Social para a aprobación do proxecto pola Xunta, suprimirá a prohibición de construír a máis de 50 metros das aldeas para permitir edificar entre casas dispersas en función da súa densidade. A reforma, que atende as peticións dos alcaldes nese ámbito, será a terceira da Lei 9/2002, logo da que o propio Feijoo impulsou no 2004 para limar rixideces que condicionaban o modo de vida de agricultores e gandeiros, e da que redactou o bipartito para ampliar ao 40% o chan urbanizable que as cidades deben dedicar a pisos protexidos. Esta terceira reforma non entrará en vigor ata o 2010, antes en todo caso das municipais.

A nova lei que substituirá a do 2002 quedará, xa que logo, para a segunda metade da lexislatura, co obxectivo de que recolla os cambios introducidos polas Directrices de Ordenación do Territorio e o Plan de Ordenación do Litoral, que están pendentes, polo que a Xunta incumpre con fartura os prazos de aprobación que estableceu a norma 9/2002.

Na firma do pacto polo territorio, o presidente da Fegamp, o socialista Carlos Fernández, cualificou o acordo coa Xunta de «histórico». Subliñou a apertura de «unha nova etapa de colaboración entre a Administración autonómica e vos concellos», que tamén se traducirá na modificación en marcha das Normas do Hábitat. De feito, Fernández anunciou a disposición do órgano municipalista a retirar o contencioso que, durante o mandato do bipartito, interpuxo ante o Tribunal Superior de Xustiza contra un decreto que considera que invade competencias dos concellos. Feijoo, que significou que «non pódese lexislar de costas aos concellos», asumiu o reto de aprobar a «materia pendente» para «construír de forma planificada e non difusa nin descontinua» no medio rural.

Pau do BNG, apoio do PSOE

A que será a terceira reforma da Lei do Solo e a norma posterior que substituirá o texto do 2002 recibiron onte valoracións dispares por parte de socialistas e nacionalistas. O PSDEG recordou que Pachi Vázquez xa avogou en agosto por un pacto polo territorio e unha nova lei, fronte ao que considera o «enésimo parche» da norma. O Bloque achacou a reforma pactada por Feijoo cos alcaldes a un «deseño ultraliberal» que subordina a Fegamp «aos intereses dá Xunta».

O novo Edificio das Artes pende dun fio

Escrito por mpierres o 22 Setembro 2009

El Correo Gallego - 22.09.2009

Unha das obras máis emblemáticas da Universidade de Vigo no campus de Pontevedra, o novo Edificio das Artes, que albergaría os actuais estudios de Belas Artes e Deseño, pende agora dun fio.

O rector olívico, Alberto Gago, descarta “totalmente” que a nova infraestructura poida acometerse este ano e xa van catro de demora dende que o concello e a institución académica firmaran o convenio en 2004.

Alberto Gago asegura que pese a que a universidade contemplou nos pasados exercicios fondos (más dun millón de euros, en ocasions) para acometer as obras, éstas foron imposibles porque o concello non puso a súa disposición os terreos necesarios no solar da antiga fábrica de Tafisa.

Agora, que encima veñen épocas de “vacas flacas” os terreos seguen ainda sen ceder, apostilla. Dende o concello, se manten que ata o comezo desta lexislatura non se modificou o plan urbanístico necesario para a cesión e a inmobiliaria encargada da urbanización do solar da antiga fábrica non inscribiu ata fai tres meses os 20.000 metros cadrados a nome da corporación.

A cesión da parcela á Universidade comezou a tramitarse ante Patrimonio o pasado mes de xullo, añaden, pero a burocracia leva alomenos tres ou catro meses. En todo caso, sinalan as mesmas fontes que para que se poida oficializar a cesión non pode haber deuda algunha entre as administracions que asinaron o convenio en 2004, algo que non sucede nestes momentos porque a Universidade de Vigo debe aorredor de 7.000 euros de recibos de auga e luz. Onte, do Concello de Pontevedra ademáis de sair sendas cartas do alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, e da tenente alcalde, Teresa Casal, para abordar coas autoridades académicas o asunto, tamén partiu “un oficio” reclamando á universidade o abono da débeda pendente de pago

Dende a corporación local, consideran que máis que problemas derivados da non cesión da parcela, a non construcción do Edificio das Artes obedece á falla de fondos da propia universidade. Mentres, o decano de Belas Artes, que lamentou o retraso de varios anos nas obras, considerou o traslado “necesario” porque a súa facultade ten nestes momentos “grandes problemas de espacio”.

O deseño do futuro da cidade abre o proceso de revisión urbanística de Vilagarcía

Escrito por mpierres o 22 Setembro 2009

Faro de Vigo - Arousa - 22-09-2009

O documento base da revisión urbanística de Vilagarcía de Arousa, que conten as pautas nas que se traballará nos próximos meses, foi presentado onte aos portavoces municipais. O obxetivo deste novo traballo técnico é o diseño futuro da cidade mediante a integración dos núcleos de poboación que creceron  indiscriminadamente nos últimos anos e que carecen de equipamentos axeitados, zoas verdes proporcionadas ou infraestructuras viais que melloren a súa comunicación.
Os técnicos da empresa Eptisa, encargada da revisión urbanística, no seu diagnóstico previo, expuseron as carencias da cidade en materia de equipamentos, entre as que figuran os desequilibrios de zoas verdes en varios núcleos de poboación.
Zoas como Sobradelo, Fontecarmoa, Rubiáns ou Bamio, entre outras,  sufriron un importante cambio nos últimos anos e necesitan que se melloren os seus equipamentos. No caso de Bamio, figura unha área industrial encorsetada con deficientes servicios de comunicación.
No caso de Rubiáns, onde hai calificación de solo mixto industrial e residencial, plantéxase agora a súa reordenación para un crecemento máis ordeado.
O obxetivo do novo planeamento é integrar os núcleos de poboación para un crecemento máis ordeado do municipio onde se optimicen os servicios e equipamentos públicos.
A empresa Eptisa xa presentara aos portavoces dos grupos políticos na corporación municipal un diagnóstico previo á situación urbanística da cidade. A reunión de onte foi para entregar o documento base sobre o que se traballará para plasmar definitivamente a revisión dun plan que concrete o modelo de deseño urbanístico e a construcción da Vilagarcía do século XXI, en base aos criterios de crecemento sostido. O que se quere é deixar un traballo que sirva para as próximas décadas, xa que a última revisión permitiu un crecemento por núcleos e quedou desactualizada antes dos oito anos da súa aprobación.
Dada a importancia e relevancia do traballo urbanístico que se está levando a cabo, os portavoces municipais na reunión celebrada onte se comprometeron a analizar o documento no prazo de quince días para volver a reunirse co fin de aportar as súas suxerencias e iniciativas que consideren oportuno introducir na revisión, sobre a que continuarán traballando os técnicos. No encontro de onte estiveron presentes os representantes do PSOE, PP, BNG e Ivil.
O documento seguirá a súa tramitación no departamento de Urbanismo da Xunta.

A urbanizacion en Raxó que promove a Igrexa está pendente da lei do litoral

Escrito por mpierres o 22 Setembro 2009

La Voz de Galicia - 22-09-2009

raxoA urbanización que o Arzobispado promove en Raxó está en punto morto. A Igrexa só presentou o proxecto para os dous edificios de vivendas que se acometerán nunha parcela próxima ao templo relixioso parroquial e á casa de cultura.

Un dos primeiros problemas cos que se atopou o Arzobispado foi a negativa da anterior Xunta a darlle o visto bo á construcción de 121 vivendas, distribuidas en dous bloques de edificios e once casas unifamiliares. De feito, a Axencia de Protección Urbanística paralizou o desenrolo, e agora o promotor espera a coñecer cáles serán as medidas definitivas de protección do litoral que estableza o novo goberno autonómico.

De momento de forma cautelar, e con raras excepcions, mantense a prohibición de edificar a menos de 500 metros do litoral. Non obstante, o Concello sinalou que a tramitación da urbanización  aprobouse antes da entrada en vigor das medidas urxentes de protección da costa.

O terreo onde está proxectado o desenrolo está calificado como solo urbano non consolidado e está dentro da famosa franxa de protección dos 500 metros. Ao parecer, a promoción está recollida no Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), aprobado no ano 2000.

O convenio firmado entre o Arzobispado e o Concello contempla a cesión duns terreos da Iglesia para construir unha alameda.

Video: Bjarke en TED

Escrito por mpierres o 20 Setembro 2009

Bjarke Ingels Group [BIG], estudio danés, foi fundada fai só tres anos por Bjarke Ingels, quen, anque conta con tan só 35 anos de idade, xa é famoso polos seus alegres e prácticos deseños de proxectos. BIG recentemente gañou o concurso de deseño para o City Hall en Estonia, o Novo Museo Tamayo na Cidade de México - e o ano pasado gañou o Premio no World Architecture Festival ao Mellor Edificio Residencial.

BIG gañou  o primeiro premio do concurso internacional para o deseño da nova Biblioteca Nacional de Astaná, en Kazajistán, seleccionado entre 19 participantes, entre outros Norman Foster e Zaha Hadid.

Deixámosvos o video ( en inglés ) da súa intervención en TED , un foro anual de posta en común de ideas de profesionais relacionados coa Tecnoloxía, o Deseño e o Entretenimento.

http://www.ted.com/talks/view/id/634

Circular Informativa Nº25/09 - Día Mundial Arquitectura 2009

Escrito por mpierres o 18 Setembro 2009

Consultar :  Circular N 25/09

Exposición: Niemeyer e a súa paixón pola curva, en Madrid

Escrito por mpierres o 18 Setembro 2009

auditorio-parque-ibirapueraEl Mundo - 16.09.2009

A punto de cumplir 102 anos, Oscar Niemeyer é un dos artistas contemporáneos máis influintes e importantes. Súas construccións imaxinativas e cheas de curvas, as veces case imposibles, e de baleiros, revolucionaron a arquitectura moito antes de que Foster, Gehry, Nouvel ou Zaha Hadid encheran as súas obras de sinuosidades.

Seu espíritu innovador e visionario lle valeu duras críticas dos seus coetáneos, especialmente cando amosou o seu rexeito ao funcionalismo racionalista e abogou por explorar novas formas e materiais, como o formigón armado, e por unha arquitectura orgánica, capaz de fundirse coa natureza. Alguns dos seus contemporáneos lle tacharon, con afán despectivo, de “escultor” en lugar de arquitecto.

O tempo, sen embargo, lle deu a razón. Hoxe, cando xa supera o século de vida, está considerado un ‘artista global’. É un dos arquitectos máis internacionais —e tamén un inmellorable embaixador de Brasil, a súa patria— e a súa obra é referencia para os máis xóvenes. E é que “seu traballo estaba vixente antes de que ese estilo o estivera”, como afirma Lauro Cavalcanti, comisario da exposición que este venres inaugura a Fundación Telefónica (Gran Vía, 28) en Madrid.

A retrospectiva, que poderá visitarse ata o 22 de novembro, recorre cronolóxicamente a súa obra, dende os seus primeiros traballos en Brasil nos anos 30, ata seus proxectos en marcha (case 500). Entre eles, o Centro Cultural Internacional Oscar Niemeyer, que se ubicará na localidade de Avilés, recoñecemento á terra que en 1989 lle concedeu o Premio Príncipe de Asturias pola osadía e libertade da súa obra.

Ademáis,  pódense contemplar debuxos, manuscritos, croquis, películas, un sofá, maquetas… Documentos de gran interese e que poñen de relevo que Niemeyer participa en todas as etapas do proceso creativo. E que é un excelente debuxante, como pode comprobarse na sección que reúne as súas plasmacions sobre papel do seu compromiso político —marxista-leninista—, da súa fascinación polo paisaxe de Río de Janeiro, e da súa paixón polas curvas do corpo feminino.

“O que me atrae é a curva —según Niemeyer, “a distancia máis corta entre dous puntos”— libre e sensual. A curva que atopo nas montañas do meu país, no curso sinuoso dos ríos, nas ondas do mar, nas nubes do ceo, no corpo da muller amada. de curvas está feito o universo”.

Enlaces a empregos na rede

Escrito por mpierres o 17 Setembro 2009

A Coruña - ( publicada o 16 de Setembro)  enlace

Os arquitectos avisan que o novo decreto do Hábitat tolera “moitas excepcións”

Escrito por mpierres o 16 Setembro 2009

Faro de Vigo  16-09-2009

Trala revisión en profundidade da nova Xunta ás Normas do Hábitat heredadas do bipartito, de obrigado cumprimento dende fai ano e medio, chega o momento de que o resto de protagonistas da polémica fale. Constructores, promotores, os concellos –cun contencioso aberto pola suposta invasión de competencias– e, especialmente, os arquitectos. Algunhas das firmas máis coñecidas do gremio na comunidade puxeron o seu gran de area nocatálogo de requisitos impulsado pola anterior conselleira de Vivenda e colega de profesión, Teresa Táboas. O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) remitiu xaas  súass alegacions ao decreto coa mirada posta na “confusión” que poden suscitar varios dos conceptos, o seu mal uso, as contradiccions que xeneran, pero sobre todo no amplo abanico de excepcions que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas deixa aberto nas rehabilitacions.
O grupo de traballo do COAG encargado de analizar a nova versión, moito máis simplificada, do decreto advirte que o “interés meritorio” do documento en recoller “toda a casuística posible” ante ls reformas xoga en contra da propia normativa. Os requisitos son “ambiguos” e de “difícil interpretación”, ademáis de “efímeros”, o que deixa no aire a súa vixencia a medio e longo prazo. Por moito que se queira regular todos os exemplos posibles “sempre”  quedaráse curta.
Hai unha das súas frases que o reflexa de forma moi clara: “Apreciamos unha utilización excesiva do aserto no, …serán de aplicación ás determinacions das Normas sempre que…”. Por iso, o COAG alerta de que o decreto “parece aceptar seu incumprimento en moitos supostos” en lugar de “dificultar ou aumentar o nivel das exixencias”. Ata o punto da “incoherencia” de que a nova normativa “de pábulo” ao que os propios arquitectos denominan “infravivenda”. Sua proposta é unha nova redacción de todo o capítulo, con mencions concretas aos inmobles dos plans especiais de protección e un escenario alternativo para as excepcions, menos e máis xustificadas, das rehabilitacions.
O COAG resalta que as anteriores Normas ” equivocaronse” na redefinición dalguns estándares de “habitabilidade” –todo o sistema de reciclaxe de augas, aillamento e aforro enerxético–, xa marcados polo  Código Técnico de Edificación. Eso sí, Vivenda acertou “a propósito” ao denominalas do Hábitat e non de Habitabilidade. Un “erro” parecido ao que comete agora Medio Ambiente ao bautizaloscomo normativa de habitabilidade. Os arquitectos piden que se cambie por “condicions mínimas de funcionalidade” e que figure expresamente que a distribución da vivenda “será libre” coa “única limitación” de que os cuartos de baño estén separados. O colectivo tira das orellas ao departamento que dirixe Agustín Hernández por non obligar a que na rehabilitación de vivendas non se exixa a colocación de calefacción.
Anque no texto desaparece a mención expresa a un mínimo de 40 metros cadrados, o Goberno galego asegura que esa condición xa está recollida na lei de vivenda. É certo, pero só para as de protección. Sen contar cos espacios de comunicación, o decreto nacionalista estabrecía eses 40 metros, o novo  quédase en 38. Medio Ambiente manten que as superficies  consérvanse “en esencia” e os cambios “son puntuais” para evitar “espacios innecesarios”. O obxetivo, din, é dar claridade e sentido ás medidas.

As novas normas para os pisos eliminan o mínimo de 40 metros e o reciclaxe de augas

Escrito por mpierres o 15 Setembro 2009

Faro de Vigo- 15-09-2009

Á espera de recibir as últimas alegacions e pulir os requisitos que non acaban de encaixar cun mínimo consenso, a nova Xunta ten xa entre as  súas mans a nova versión das Normas do Hábitat. Foi unha das medidas estrela do bipartito, especialmente dos nacionalistas, durante a pasada lexislatura, unha das que levantou máis polémica tamén e unha das armas da contenda electoral que o PP se comprometeu a derogar si recuperaba a xestión de San Caetano. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas abre as portas de novo á  construcción na comunidade de estudios de menos de 40 metros cuadrados, a superficie mínima establecida no anterior decreto. A reforma non entra nas divisions interiores da vivenda e borra dun plumazo todas as exixencias constructivas, de reciclaxe de augas residuais, aforro enerxético e protección fronte a posibles emanacions de gas radón. O Goberno galego cree que calquera destas exixencias supera o obxetivo da normativa sobre habitabilidade e deixa a súa regulación ao Código Técnico de Edificación (CTE) do Ministerio de Vivenda, menos ríxido en temas de aillamento e aproveitamento da auga usada, ou a reglamentos futuros máis específicos.
¿Qué terán, como mínimo, os pisos do futuro en Galicia? Unha “estancia”, unha cociña, un cuarto de baño, un lavadoiro, un tendal e un espacio de almacenamento. Esa “estancia” –que a normativa define como un espacio interior habitable, con ou sen delimitación– non poderá baixar dos 25 metros cadrados cando sexa única. Se existen dous –non necesariamente se corresponden con dous dormitorios, poden ser unha habitación e un despacho, ou un cuarto e unha sala de estar–, 16 metros a máis grande e 12 a pequena. O baremo vai cambiando en función do número de lugares habitables.
A exixencia para a cociña é de, alomenos, 5 metros cadrados. Pode ser independiente ou integrarse na estancia maior, como ocorre na maioría dos apartamentos e estudios que se constrúen na actualidade, e con iluminación e ventilación natural directa ao exterior. A nova versión das Normas do Hábitat manten a obriga de incluir un lavadoiro, anque coa metade de dimensions, de 1 metro cadrado; y un tendal, do mesmo tamaño. A bautizada como “área de servicios”  complétase cun lugar de almacenamento “xeral” de tamén 1 metro cuadrado, 2,20 de altura e un fondo de 0,60, e outro de carácter persoal, por enriba dos 0,80 metros cadrados.
O cuarto de baño manten o mínimo de 5 metros cadrados. Só será obrigatorio contar cun  aseo se hai máis de tres habitacions. En calquera dos dous casos, os sanitarios deberán estar colocados de tal xeito que as persoas con movilidade reducida poidan usalos sen problema.
Con estes novos parámetros, o tamaño mínimo das casas cae ata os 38 metros cadrados. “A lexislación debe buscar un equilibrio entre os limitados recursos [en referencia ao "elevado porcentaxe" que supon o acceso a un piso nos ingresos dos fogares da comunidade] e os requisitos que deben cumplir as vivendas”, defende o borrador do decreto. Por iso a Xunta opta por “atemporar”, por moderar os estándares de superficies mínimas contempladas na anterior normativa, en vigor dende o 17 de abril do ano pasado.
Medio Ambiente recoñece que as superficies máis holgadas significan maior calidade “en xeral”, pero a súa intención é que as exixencias á construcción non “excedan” as “necesidades reais dos futuros ocupantes” que terían que asumir “o coste do posible sobredimensionamiento”. A teoría do bipartito é que as Normas non terían por qué supoñer un encarecimento do piso. “O axuste dos estándares dimensionais mínimos que esta normativa contempra –añade a Xunta– intenta tamén compatibilizalos coas limitacions de superficies máximas estabrecidas a nivel estatal pola reglamentación de viviendas protexidas”.
Como a única aspiración da normativa é exclusivamente “regular as exigencias mínimas de habitabilidade” e ante “a gran cantidade” de nova normativa no  sector, o decreto deixa fora as exixencias constructivas e todos os polémicos asuntos do reciclaxe de augas residuais e aproveitamento enerxético, ademáis das medidas para facer fronte ás emanacions de gas radón do granito. Os sistemas para reutilizar as coñecidas augas grises, as de duchas e baños, que chegaron a ter unha comisión propia ao amparo de Vivenda para interpretar a  súa aplicación, desaparecen –o CTE non os marca como obrigatorios–, ao igual que o 20% máis de aillamento con respecto á lexislación estatal.

That lineage can be seen in the Rolex Oyster fake watches Perpetual's straightforward and practical design. Legibility is cheap ralph lauren shirts strong and the dial design offers nothing more than is necessary to display the time.