replicas de relojes
replicas de relojes splash
Publicado por admin o 7 Xuño 2011

Presidente: D. Manuel Abelleira Argibay  presidente.pontevedra@coag.es
Tesoreira: Dña. María Pierres López tesorera.pontevedra@coag.es
Secretario: D. Anselmo Villanueva Peón secretario.pontevedra@coag.es
Podedes contactar directamente coa Xunta Directiva a través da seguinte dirección de correo:
xd.pontevedra@coag.es

 

Archivado en 27 Agosto 2009

Enlaces a empregos na rede

Escrito por mpierres o 27 Agosto 2009

Santiago ( publicada o 26 de Agosto) http://www.infojobs.net/ver_oferta.cfm?of_codigo=453499310010426511662274797294&push=1&cat=90&pr=28&ns_campaign=mc.push.VO&ns_mchannel=mail.c.auto&ns_source=push&ns_linkname=VO&ns_fee=0&clickin=1

Os inmobles de nova construción non baixan os precios a pesar da crisis

Escrito por mpierres o 27 Agosto 2009

Faro de Vigo, 27-08-2009

a-pardaO precio da vivenda en construción non sofrirá baixadas importantes ata mediados de 2010, data para a que se calcula que a maioría das promotoras deberán comezar a amortizar as súas hipotecas co banco.
As promotoras non baixan os seus precios de modo significativo, a razón é según Daniel Casais, axente da propiedade inmobiliaria, que “normalmente o promotor pide unha hipoteca para facer a obra e non quere baixar os precios porque durante dous anos non paga amortización, só intereses e cando se vai atopar con máis dificultades é cando teña que amortizar, calculo que a mediados do ano que ven posiblemente baixará”.
Pero agora a vivenda en Pontevedra manten os elevados precios de antaño e as promotoras non baixan o precio dos pisos en construción. Na  zona centro se manteñen os precios; os dos pisos das zonas periféricas descenden en torno a un 10%. Onde si se nota a crisis é na venta da segunda vivenda en cidades como Sanxenxo, Vilagarcía ou Bueu, con baixadas de ata o 20%.
O alquiler sen embargo, se manten “xa que está aumentando ante a dificultade de vender, se está vendo masificado pero non sube porque ao haber máis ofertas o mercado se estabiliza”. Arrendar un piso de dous habitacions na ciudad, con garaxe e en boas condicions seu importe “non baixa dos 450 euros”, afirma Amparo da axencia inmobiliaria Bolboreta, a boa nova é que non se prevé que suban.
O mesmo sucede coa venta de pisos, que pese a escasez de hipotecas constituidas a cual sofre unha caída dun 10,8%, según estadísticas publicadas onte polo INE rexistrando a segunda caída consecutiva en dous anos, manten case os mesmos precios que en 2008.
Comprar un piso de dous habitacions na zona centro, por exemplo, na rúa Michelena ronda os 400.000 euros e 220.000 euros na Avenida de Vigo.
Os precios das zonas periféricas, os situados cercanos á  carretera de Ourense e a de Vigo  descenderon en torno ao 10 por ciento.

Concesión de hipotecas

Pese a crisis as inmobiliarias teñen movemento, a xente non deixoude interesarse pola compra dun piso pero o  maior condicionante é o  banco, “non é a primeira vez que me deixan plantada porque non lles conceden a hipoteca”, di a responsable dunha inmobiliaria.
“Xa non é iso de veño a comprar”, explica Daniel Casais, “a xente entra e pregunta se hai algunha oferta especial ou algunha ganga, non queren deixar seu vello piso porque saben que si o deixan non o van a vender e non lles vai a dar diñeiro”, conclúe.

Repunta a solicitude de licenzas de construción en Pontevedra

Escrito por mpierres o 27 Agosto 2009

La Voz de Galicia, 27-08-2009

A vicepresidenta do Goberno, Elena Salgado, viu fai algúns meses «brotes verdes» que parecían anticipar unha recuperación da economía. A alcaldesa en funcións e concelleira de Urbanismo, Teresa Casal, non foi onte tan lonxe pero si apuntou a unha certa reactivación da actividade inmobiliaria na cidade de Pontevedra. Fíxoo tras aprobar na comisión de Urbanismo a concesión de licenzas para construír un total de 285 vivendas en tres edificios.

Casal apuntou que salvo unha licenza que se concedeu o pasado mes de xullo -e permisos para vivendas unifamiliares, que si se tramitan regularmente-, o Concello non recibía solicitudes para edificar desde xaneiro ou febreiro deste ano. «E teño constancia -apuntou- de que hai outras solicitudes de licenzas agardando por completar a tramitación administrativa, polo que sairán moi pronto».

Dous dos edificios cuxa licenza se aprobou onte atópanse situados na chamada unidade de actuación número 14, na contorna de Juan Carlos I. Concretamente, un dos inmobles albergará 154 vivendas nun solar con fachadas ás rúas Diego Sarmiento de Acuña e Abundancia. El segundo contará con 88 vivendas e sitúase na rúa Maruxa Mallo, esquina con cálea Abundancia.

El terceiro dos edificios cuxa licenza recibiu luz verde onte situarase entre os números 131 e 135 da rúa Juan Bautista Andrade e acollerá 43 vivendas.

Doutra banda, a comisión de urbanismo tamén aprobou, entre outras, a licenza de primeira ocupación para un edificio de 27 vivendas na Rúa dá Estrada, o cal tamén constitúe, a xuízo de Teresa Casal, un síntoma de reactivación da actividade no sector.

Sen chegar a falar dos famosos «brotes verdes», Casal mostrouse satisfeita de que volvan abordarse na comisión de urbanismo solicitudes de licenzas de edificación.

Vivir camuflado na paisaxe: Mimetic House, Dominic Stevens. Irlanda

Escrito por mpierres o 27 Agosto 2009

exterior4O arquitecto irlandés Dominic Stevens non é un arquitecto ao uso. Só constrúe un ou dous proxectos ao ano no seu despacho sen colaboradores, ubicado nun antigo camión refrixerado. Divide o seu tempo entre o desenrolo deses escasos traballos arquitectónicos e o coidado da súa granxa no pobo irlandés de Cloone, con 327 habitantes.

A denominada “casa mimética”, Mimetic House, é un dos traballos máis recoñecidos deste arquitecto, ata o  punto de que se convertiu en pouco tempo nun dos iconos da nova arquitectura europea.

A casa forma parte do entorno, reflexándoo e  cambiando con él según as estacions. A  vivenda está ubicada na localidade de Dromahair, no condado irlandés de Leitrim. Gañou o premio da Architectural Association of Ireland pola súa exquisita proposta de vida no campo, respetuosa co  medio ambiente ata o punto de confundirse con él. Non en vano, domiña un pequeo val, exuberante de vexetación, pero hai que fixarse bastante para dar con ela.

Sen embargo, a construcción non só é exemplar por iso. Dominic Stevens buscou unha casa de baixo custe que fose accesible a cualquer fortuna media, a cualquer habitante desa zona rural de Irlanda. E así, barata e ecolóxica, creou una xoia, prototipo dun novo estilo de vida integrado coa natureza, sencillo e refinado. É unha vivenda máis ben pequena, sen espacios superfluos baixo teito. Os materiais son todos reciclados: así, por exemplo, os muros de contención están realizados de neumáticos de coches recuperados.

As súas líñas xeométricas e limpas están conformadas por vanos de vidro que se alternan con paneles reflectantes tipo espello. O teito é unha superficie plana onde crece o céspede e plantas da zona. Con este lixeiro equipo para facerse invisible, durante o día apenas é un gran arbusto máis. De noite só é visible cando as luces do interior descubren a súa presencia. A entrada está a un lado, oculta. As habitacions e baños están excavadas na terra. Así, ao traspasar o umbral nos introducimos nun espacio inmaculado, cheo de luz e  natureza, onde unha escaleira en espiral nos leva ata o salón. O teito está inclinado, ao  igual que os muros. Xunto ao espacio xeométrico de vidros hai un de madeira, tamén con impresionantes fiestras introducidas en plena loma.

 

That lineage can be seen in the Rolex Oyster fake watches Perpetual's straightforward and practical design. Legibility is cheap ralph lauren shirts strong and the dial design offers nothing more than is necessary to display the time.