replicas de relojes
replicas de relojes splash
Publicado por admin o 7 Xuño 2011

Presidente: D. Manuel Abelleira Argibay  presidente.pontevedra@coag.es
Tesoreira: Dña. María Pierres López tesorera.pontevedra@coag.es
Secretario: D. Anselmo Villanueva Peón secretario.pontevedra@coag.es
Podedes contactar directamente coa Xunta Directiva a través da seguinte dirección de correo:
xd.pontevedra@coag.es

 

Archivado en 19 Agosto 2009

Artículo periodístico: “Arquitecto”, por Enric González

Escrito por mpierres o 19 Agosto 2009

El Pais, 19-08-2009

La arquitectura es una cuestión polémica. Me refiero a la arquitectura contemporánea, por supuesto. En España, ahora, se habla menos del asunto porque se habla más de urbanismo, corrupción y fiebre ladrillera. Aún así, el tema da para grandes discusiones. La arquitectura, conviene recordarlo, es el único arte que estamos obligados a disfrutar o a sufrir todos los días.

El príncipe de Gales, Carlos Windsor, lleva 25 años batallando contra los edificios modernos. Sus esfuerzos por evitar que el arquitecto Jean Nouvel construya en Londres, cerca de la catedral de San Pablo, han suscitado la enésima ventolera mediática. La mayoría de la población y la prensa popular tienden a alinearse con el príncipe, que ha tenido razón en algunos casos: la nueva National Library de St. Pancras es, en efecto, un engendro espantoso que transmite desolación. Las élites, en cambio, suelen defender la nueva arquitectura.

Ese debate entre lo tradicional y lo moderno carece de gran interés, al igual que las opiniones personales de Carlos Windsor. Personalmente, respetaría un poco más las posiciones del heredero británico si un día se pronunciara sobre el palacio de Buckingham, una de las construcciones más horrendas del continente europeo.

Lo importante, me parece, es la creciente distancia entre la arquitectura y la gente. El cine, al menos en su producción comercial, es considerado un arte popular y todos nos atrevemos a opinar sobre una película que veremos una o dos veces en la vida (salvo si se trata de Pretty woman); la arquitectura, que tenemos continuamente delante de las narices, se ha replegado en cambio, como la economía, a las trincheras tecnocráticas. Diga que no le gusta lo que hace Norman Foster (es mi caso) y quedará automáticamente como un paleto que no entiende nada. Peor: como un paleto que piensa como el príncipe Carlos.

En televisión se habla muy raramente de arquitectura. Recuerdo una serie de la francoalemana Arte que en Cataluña emitió el Canal 33 y algunos documentales en Discovery. Lo que se publica en la prensa escrita suele envolverse en jerga técnica y en frasecillas presuntamente poéticas. Es una lástima.

Sálvora resucitará o seu poblado: concurso entre arquitectos de prestixio para recuperar a aldea e o pazo da illa

Escrito por mpierres o 19 Agosto 2009

salvoraEl Pais - 19-08-2009

O ataque dos piratas e o  secuestro dalgun dos pouco máis dunha ducia de habitantes de Sálvora conseguiron despoboar a illa a principios do século XVII. Non foi ata finais do XIX cando recuperou a  súa  poboación, pero nos anos setenta, a chave de entrada á ría de Arousa, xusto entre as puntas que forman Aguiño e O Grove, quedouse sen os sesenta veciños que a habitaban.

A aldea da illa de Sálvora, unha das que conforman o Parque Nacional das Illas Atlánticas, convertiuse nun pobo fantasma, abandoado, e, arredor da súa praza central, as casas comezaron a convertirse en ruinas. Agora, será un arquitecto galego “de prestixio” quen trace as liñas xerais para a  súa recuperación.

O presidente do Padroado do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, Fernando Garrido Valenzuela, ten en mente unha actuación para restaurar a aldea, que conforman oito casas, e a antiga fábrica de salazón de pescado da illa. A dirección do Parque invitará  arredor de media ducia dos “mellores arquitectos” de Galicia a participar nun concurso que sentará as bases da futura recuperación do asentamento. Nada de actuar con “parches” e arreglar agora unha casa e despois outra. O plan director da restauración “debe de pensarse moito” e ter un obxetivo claro. A intención é  marcar unha folla de ruta que se irá compretando “ano a ano”, sen prisas, sen proxectos caros e centrada exclusivamente na aldea e a salazón, sen atender á outra construcción da illa, un faro.

Casas con alpendre, tradicionais, de principios do século pasado que, unha vez arranxadas, só terán como destiño que os visitantes da illa se fagan unha idea de cómo vivían os seus habitantes: uhna comunidade dedicada á pesca e  á explotación dos terreos, que pertencían á familia propietaria da illa. O Concello de Ribeira, ao que administrativamente pertence Sálvora, a Diputación de A Coruña, a Consellería de Cultura e, por suposto, Medio Rural, á que corresponde a tutela do Parque, están dispostas a colaborar para que se restaure o pobo. Todo, liderado por Patrimonio cultural, para ser cuidadosos na restauración.

A  fábrica é outra historia. Nas suas instalacions, o Marqués de Revilla, o último propietario da illa, construiu unha torre para adecentar un sitio onde aloxarse nas ocasions que visitaba a illa. Tampouco dubidou  en convertir a taberna do pobo nunha capela. Nin en introducir cabalos e cervos para entreterse con tardes de caza. Garrido admite que lle gustaría recuperar a fábrica orixinal, pero todo dependerá do proxecto que se elixa. Os cabalos y os cervos tamén deberán marcharse dunha illa na que se intentan recuperar as dunas, que os cabalos estropean.

Anque alguns apuntan a que a fábrica foi a primeira industria de salazón, creada en 1770, o historiador da Universidade de A Coruña José Manuel Vázquez Lijó, que prepara un libro sobre a historia de Sálvora, asegura que non foi máis que outra das moitas industrias deste tipo que había na costa galega e retrasa a súa construcción ata o  seculo XIX.

E  é  que a historia da illa mixtúrase co mito e a lenda. Unha sirea é a vixiante do seu embarcadoiro. A construiu o Marqués de Revilla para recordar o mito dos Mariño, antiguos propietarios da illa. Se di que unha sirea, hermosísima, cómo non, reviviu a un náufrago o enamorou , tal vez a Roldán, depende da versión, e tivo un fillo seu que se chamou Mariño. A parte real, a documentada, tamén é femenina, pero é máis valiente. Trata das heroínas de Sálvora, que en 1921 navegaron en medio dunha treboada coas  suas dornas para rescatar a medio centear de náufragos do buque Santa Isabel, no que viaxaban unhas 270 personas, que encallou nas rocas. Ao Concello de Ribeira lle valeu o título de Muy noble, muy leal y muy humanitaria ciudad.

Para aclarar os límites entre a imaxinación popular e os feitos reais, Parques Nacionales convoca un concurso de investigación que permita ter unha “historia seria” de Sálvora, explica o presidente do Padroado doParque e que xa interesou ao Consello da Cultura Galega.

Polo pronto, o enclave “menos humanizado” das Illas Atlánticas se quere manter así, libre de poboación e visitas masificadas. Pero isto non é incompatible con que pequenos grupos sigan recorrendo Sálvora da man de un guía especializado. A  dirección do parque quere potenciar as visitas e, sobre todo,o buceo e a fotografía dos excepcionais fondos marinos de Sálvora e de todas as illas do Parque Nacional.

O recorte de licencias de obra supera as previsions ao solicitarse só 4 neste ano

Escrito por mpierres o 19 Agosto 2009

poioFaro de Vigo -19-08-2009

A reducción das solicitudes de licencias de obra previstas polo  Concello a principios de ano, que auguraban un recorte do 50 por ciento con respecto ao 2008, se  quedaron cortas, tal e como confirmou onte  o alcalde, Luciano Sobral. Así, no que vai de ano tan só se presentaron catro solicitudes de licencias de obra para a construcción de vivendas particulares.
“A concesión de licenzas está moi por debaixo das expectativas e das cifras obtidas nos últimos anos e todo apunta a que nos próximos meses vai a seguir así. Ata dentro de dous ou tres anos non se recuperará o ritmo que a construcción tiña nos últimos exercicios”, subraiou o rexidor local. Non obstante, na memoria dos presupostos aprobados para o 2009 estímase que a reducción de ingresos por este concepto respecto ao ano pasado será de 750.000 euros.
Este recorte obriga a cambiar a dinámica del Concello. “A baixada dos ingresos está a ser moi importante. Isto lévanos a priorizar as inversións en servizos básicos e a reducir no capítulo de festexos e lecer. A pesar disto, curiosamente este ano os investimentos son maiores ca en exercicios anteriores debido ás financiacións aportadas polo plan anticrise do goberno central e as que ten previsto aprobar a Deputación para os concellos”, continuou o  alcalde.
A crisis económica redundou tambén nunha ralentización das obras xa iniciadas, sobre todo das promocions urbanísticas máis importantes do municipio, ubicadas na parroquia de San Salvador. “As obras avanzan a ritmo moi lento porque non se percibe interese pola compra das vivendas”, manifiestan fuentes municipales.
O  goberno local aprobou recentemente un plan de reequilibrio económico para os próximos tres anos nos que se recollen as previsions de ingresos polo  impuesto sobre construccions, instalacions e obras. Así se estabrece que debido á “cuantía reducida” que se recaudou  por este concepto no  que va de ano, 99.113 euros, non se prevén incrementos na recaudación deste imposto indirecto para o próximo exercicio..
“Si se prevé sen embargo un incremento da recadación por este imposto no ano 2011, entendendo que se levará a cabo unha pequena recuperación do mesmo, valorada en 40.000 euros manténdose a mesma previsión no exercicio do 2012″, reflexa o informe.

O Museo de Pontevedra revitaliza a cidade a un ano de completarse

Escrito por mpierres o 19 Agosto 2009

salas

La Voz de Galicia  19-08-2009

Unha Bienal única, a primeira dedicada en Europa aos países do Magreb, foi a estrea de luxo do sexto edificio do Museo Provincial pontevedrés. Fai exactamente un ano que a sala de exposicións temporais da nova sede, que supera os mil metros cadrados, abriuse ao público coa citada mostra. Aos poucos, o espectacular inmoble deseñado polos arquitectos Jesús Ulargui e Eduardo Pesqueira foi descubrindo parte das súas entrañas, como os equipados talleres de restauración de pintura e escultura, que tamén están á vista do público que visita o Museo, ou o auditorio, inaugurado igualmente fai uns meses cun congreso. Pero será para o Xacobeo 2010 cando por fin a cidade do Lérez poida presumir da súa propia «Cidade da Cultura», como non dubidou en chamar o presidente da Deputación pontevedresa, Rafael Louzán, ao conxunto formado polo novo edificio e a rehabilitación do Sarmiento.

Con todo, moi ao contrario do que sucede no Monte Gaiás, en Pontevedra o novo museo xa ten vida e fondos suficientes para enchelo antes de completarse. Se xa de seu o deseño do novo edificio é un referente da cidade, a súa incipiente actividade vai marcando diferenzas. á citada exposición houbo que sumar posteriormente, entre outras, a dedicada ao primeiro Laxeiro, a antolóxica de Manuel Ruibal ou a actual sobre a incidencia da Guerra da Independencia en Galicia e Pontevedra, que convive coa de Novos Valores, dedicada a descubrir a novo canteira artística galega. Na mesma sala celebrouse un desfile de moda, un congreso e este verán a sede abriuse ao público infantil con talleres de arqueoloxía, onde os nenos puideron atopar tesouros nas súas propias escavacións, e de pintura.

Antonio Montero, director de xestión, resume claramente o concepto do novo museo: «A transparencia e a socialización da cultura». «A cultura hai que achegala á sociedade, non pode estar pechada», apunta, mentres recalca que a sede estará aberta no futuro «a todo tipo de eventos».

Transparencia

El citado concepto de transparencia está moi relacionado co deseño da sede, que combina a pedra na súa fachada da rúa Sierra -deseñada para ser portada da cidade e onde se realizan nestes momentos os traballos de conservación dos restos da muralla medieval pontevedresa, que quedarán á vista- coas grandes cristaleiras do seu acceso principal por Pai Amoedo. Unhas modernas pasarelas de cristal unen tamén en cada planta o inmoble co edificio Sarmiento, onde quedará depositada a área de arqueoloxía do Museo e en cuxos sotos a Deputación ten a idea de crear un restaurante de calidade, na liña dos grandes museos españois, como avanzou a presidenta do padroado, Teresa Pedrosa.

Este servizo complementarase no futuro coa cafetería que ocupa a planta superior do sexto edificio, dotada cunhas extensas balconadas acristaladas que ofrecen as mellores vistas da cidade, do seu centro histórico e ata do outro lado do río, con vista directa á zona de petróglifos da Caeira, en Poio. «De momento, estamos experimentando con este edificio», engade Montero. é o caso, por exemplo, do auditorio, con capacidade para 242 espectadores e dotado con todos os medios, no que Pedrosa prevé agora a posibilidade de ampliar o escenario. Pero o certo é que asegura que desde que se levantou o inmoble non foron poucas as cubertas de vivendas que se foron recuperando na zona monumental, que pode ser, na súa opinión, «a próxima milla de ouro».

A partir de setembro, Pedrosa indica que se realizará unha invitación aos colexios profesionais, e a outros colectivos, para que coñezan e admiren o novo museo pontevedrés.

Apuntes sobre modelos profesionais e os síntomas de cambio (2ª parte)

Escrito por mpierres o 19 Agosto 2009

Publicamos a segunda parte do podcast de Scalae ” apuntes sobre modelos profesionais e os síntomas de cambio”

http://static.scalae.net.s3.amazonaws.com/podcasts/303/SCALAE_podcast_182.mp3

Enlaces a empregos na rede

Escrito por mpierres o 19 Agosto 2009

Santiago ( publicada o 18 de Agosto):  http://www.infojobs.net/ver_oferta.cfm?of_codigo=667239257741202065074943265714&push=1&cat=90&pr=28&ns_campaign=mc.push.VO&ns_mchannel=mail.c.auto&ns_source=push&ns_linkname=VO&ns_fee=0&clickin=1&

That lineage can be seen in the Rolex Oyster fake watches Perpetual's straightforward and practical design. Legibility is cheap ralph lauren shirts strong and the dial design offers nothing more than is necessary to display the time.