replicas de relojes
replicas de relojes splash
Publicado por admin o 7 Xuño 2011

Presidente: D. Manuel Abelleira Argibay  presidente.pontevedra@coag.es
Tesoreira: Dña. María Pierres López tesorera.pontevedra@coag.es
Secretario: D. Anselmo Villanueva Peón secretario.pontevedra@coag.es
Podedes contactar directamente coa Xunta Directiva a través da seguinte dirección de correo:
xd.pontevedra@coag.es

 

Archivado en 15 Agosto 2009

FEGAMP e XUNTA AVANZAN NUNHA REFORMA DA LEI DO SOLO QUE PRETENDE REFORZAR O PAPEL DOS CONCELLOS NA XESTIÓN DO URBANISMO

Escrito por mpierres o 15 Agosto 2009

O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández reuniuse hoxe por segunda vez coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para avanzar na reforma da Lei do Solo. Na reunión tamén estiveron presentes a secretaria xeral de Ordenación do Territorio, Encarna Rivas; o presidente da Fegamp, Carlos A. Fernández Castro; e os vicepresidentes da institución, así como outros membros da federación.

A cita serviu para demostrar que existen coincidencias de criterios nos plantexamentos, feito que facilitará a futura reforma dunha lei que se basa en boa parte nas peticións da propia Fegamp. Medio Ambiente desexa que a liña aberta para a reforma teña continuidade en posteriores acordos sobre asuntos de urbanismo

Cómpre salientar que o anteproxecto modifica 42 dos 237 artigos da Lei de Ordenación Urbanística de Galicia. Unha das novidades máis relevantes é a redución da tramitación autonómica dos plans, prevendo acurtar de tres a dous meses os prazos das intervencións autonómicas no procedemento de aprobación, excepto as aprobacións definitivas que manteñen o límite de tres meses.

Outro punto fundamental é a avaliación ambiental que pasará a constituír parte do contido dos instrumentos de ordenación urbanística, reforzando a cooperación de diferentes departamentos  autonómicos no proceso de documentación e redacción.

A reforma fai especial fincapé no solo rústico, recoñecendo a competencia municipal para o outorgamento de licenzas en todas aquelas obras relacionadas coa explotación de recursos naturais (naves gandeiras, silos agrícolas…). O tempo máximo da concesión de licenzas para obras maiores, é dicir, aquelas que necesitan proxecto técnico completo, reducirase nun 60%. As obras menores, aquelas de escasa entidade construtiva e económica, recortarán un 80% no tempo de concesión.

O novo documento normativo no que traballa a Xunta tamén tenta adecuar o contido da lei ás características de asentamento da poboación no medio rural de Galicia. Así, o anteproxecto fixa catro tipos de núcleos rurais: histórico tradicional, que recolle o carácter esencial do núcleo rural que mantiña a lei; núcleo rural consolidado, limitado polo grao de consolidación da edificación que será igual ou superior ao 50% da superficie; núcleo rural non consolidado, onde o grao de consolidación se sitúa entre o 33 e o 50%; núcleo rural complexo, caracterizado pola compatibilidade de trazos propios do núcleo tradicional e de calquera dos outros citados.

Por último, nos entornos rurais, levaranse a cabo a protección e recuperación de elementos propios da arquitectura rural e a súa estrutura parcelaria histórica.

En conclusión, a Xunta de Galicia pretende integrar as peticións do municipalismo galego que non foron tidas en conta nunha anterior revisión da lei, solucionando as eivas que presenta a actual lexislación. Tamén se agarda unha regulación da delimitación urbanística das aproximadamente 30.000 entidades singulares de poboación existentes en Galicia.

A Xunta planea borrar a reserva de vivenda pública da lei do solo

Escrito por mpierres o 15 Agosto 2009

El País - 15/08/2009

O Goberno galego baralla eliminar da lei do solo de Galicia a obligación de ceder para vivendas de protección oficial o 2,5% do terreno que se poida edificar en solo urbanizable, segundo sinalaron onte o portavoz nacionalista na Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e alcalde de Allariz, Francisco García, e o concelleiro de Obras de Pontevedra, César Mosquera. Esta condición necesaria, introducida polo Goberno bipartito, desaparece coas modificacions legais que plantexa a Xunta, que alivian os requisitos para a construcción en solo urban e rústico e voltan, segundo o BNG, a un modelo “liberalizador e permisivo”. Os dirixentes nacionalistas coñecen o texto polo borrador que a Xunta enviou á Fegamp.

“Preocupanos que se estén dando bandazos en relación coa legalidade urbanística e non se propicie un pacto de país”, manifestou Mosquera. Os cambios previstos na lei, coñecida oficialmente como Lei de Ordenación Urbanística e Protección do medio rural en Galicia (Louga), non recollen, según García, as reclamacións da Fegamp, á que a Xunta utilizaría “como pretexto para facer unha revisión en profundidade” da normativa urbanística, para favorecer “unha política de dispersión poblacional”.

O BNG sinala ademáis que este proxecto preliminar modifica a definición do concepto de solo urban, que se distancia da establecida pola xurisprudencia do Tribunal Supremo e o fai máis vago, o que provocará, según Mosquera, que “proliferen coma fungos as urbanizacións sen dotacións de nengún tipo e sen cargas”. “De Pontevedra a Porriño todo sería urban”, explicou. Para o concelleiro pontevedrés, o plan da Xunta segue o espíritu do decreto estatal aprobado en 1996 durante o Goberno de José María Aznar, no que “todo o que non estaba especialmente protexido era urbanizable”.

Os nacionalistas consideran, ademáis, que unha reforma en profundidade da lei non se xustifica “nin conceptualmente nin na práctica” antes de que se aproben definitivamente as Directrices de Ordenación do Territorio, pendentes dende a primeira modificación da lei, efectuada en 2004 cando Manuel Fraga era presidente e Alberto Núñez Feijóo conselleiro de Política Territorial, e  que chegou tan so dous anos dispois da aprobación inicial da norma.

Para o BNG, a actual proposta de modificación “nin sequera se corresponde cos plantexamentos” de Feijóo cando estaba ao frente da consellería. García admitiu que os axustes propostos favorecen a autonomía municipal respecto as concesións de licencias urbanísticas en solo rústico, pero non así “en aspectos sustanciais como a aprobación definitiva de plantexamentos municipais”.

O proxecto prevé tamén alterar os criterios de interpretación das dúbidas no planeamento urbanístico, que antes favorecían a dotación de espacios públicos e a protección ambiental e que agora se rexirán polas normas xenéricas do Código Civil. Con isto “abriráse a man a solucions aberrantes”, aduciu Mosquera. Este documento, que todavía é preliminar, provocará tamén, según os nacionalistas, un excesivo desaxuste entre as cargas para a edificación en solo urban respecto ao rústico, o que incentivará “un éxodo de poboación das cidades e vilas cara urbanizacions dispersas e esparcidas polo territorio sen nenguna adaptación ao entorno rural”.

Neste senso, os representantes do BNG tamén critican, nun documento no que detallan os cambios da lei que consideran negativos, a eliminación da parroquia como “núcleo vertebrador da convivencia e  a prestación de servicios comuns”. “Agora cualquera agrupación de casas pode ser un núcleo rural”, sinala Mosquera. O BNG se queixa tamén de que a consellería non  explicara os motivos polos que promove o cambio legal. “A modificación proposta non conta con nengunha exposición de motivos”, apuntaron os nacionalistas, que entenden que, de aprobarse a lei, a reordenación do territorio retrocederá 10 anos.

That lineage can be seen in the Rolex Oyster fake watches Perpetual's straightforward and practical design. Legibility is cheap ralph lauren shirts strong and the dial design offers nothing more than is necessary to display the time.