replicas de relojes
replicas de relojes splash
Publicado por admin o 7 Xuño 2011

Presidente: D. Manuel Abelleira Argibay  presidente.pontevedra@coag.es
Tesoreira: Dña. María Pierres López tesorera.pontevedra@coag.es
Secretario: D. Anselmo Villanueva Peón secretario.pontevedra@coag.es
Podedes contactar directamente coa Xunta Directiva a través da seguinte dirección de correo:
xd.pontevedra@coag.es

 

Archivado en 3 Agosto 2009

Os arquitectos galegos emigran a Europa do Este pola falta de traballo

Escrito por mpierres o 3 Agosto 2009

Fonte: O Xornal.com

O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia constata o peche de estudios e incluso tivoque despedir persoal propio.

A crisis do ladrillo azouta aos arquitectos galegos, que están comenzando a emigrar aos países do Este e  Centroamérica para poder exercer a súa profesión.O estalido da burbulla inmobiliaria fixo que o número de proxectos que se contrata a estes profesionais caira un 80% en apenas dous anos. En todo este ano, so toca a tres vivendas para cada arquitecto galego.

A previsión do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) apunta a que 2009 pecharáse  con 8.750 proxectos visados (aprobados polo  órgano colexial para poder obter a licencia urbanística municipal). Tendo en conta que hai 2.733 arquitectos colexiados en Galicia, o  reparto sae a unha media de 3,2 trabajos por cada un.

Os  datos reais do primeiro semestre evidencian esta situación: se visaron so 730 viviendas ao mes. E para o resto do ano a perspectiva non é mellor. “O que vemos é que non hai previsión de que cambie a tendencia, é unha situación plana”, explica Alberto Escobar, coordinador técnico de visados do COAG. Esta estadística golpea de cheo ao sector. “Está afectando ao  colectivo; hai estudios que xa tiveron que facer unha regulación de emprego importante e  alguns incluso pecharon temporalmente, déronse de baixa na actividade porque non tiñan traballo”, precisa.

Escobar explica que, ante a falla de traballo no mercado, os profesionais buscan outras saidas, en moitos casos: optar a un emprego público ou directamente emigrar. “Moitos arquitectos buscan unha saida preparando oposiciones; laXunta sacou 14 plazas e  alguns concellos tamén as convocan”, comenta.

Os  despidos chegaron a propio COAG, que según explica Escobar tivo que deixar na rúa a seis empregados. Con este panorama, “hai compañeiros que marcharon  a países do este como Rumanía, Bulgaria… da Europa do Este, y tamén a Centroamérica, sobre todo a República Dominicana”, di. O coordinador técnico do COAG concreta que na Europa oriental hai unha “necesidade de vivenda porque atravesaron  unha situación distinta á nosa”. No caso da área do Caribe, a demanda de arquitectos responde a expansión hotelera polo turismo.

Ainda para os que non chegan ao extremo de emigrar, Escobar di que a crisis cambia o tipo de traballo porque “moitos profesionais están tirando da dirección de obras de expedientes anteriores e  se están facendo moitos máis informes”. Así o revelan os datos do COAG, que solicita máis implicación das administraciones. En concreto, piden aos  concellos que incentiven a rehabilitación de vivendas.

 

INCENTIVAR A REHABILITACIÓN

“Queremos máis rigor no cumprimento da lei do suelo, e  que se implanten as inspeccions técnicas de edificios (ITE) en todos os municipios”, dice Escobar. E  matiza que na actualidade, estas revisions estructurais dos inmobles so funcionan en Vigo, A Coruña e Lugo, mentres “cidades como Santiago están elaborando o  protocolo”. Escobar argumenta que “hai  que manter en bo estado o  texido constructivo”, unha forma de “dar traballo” aos arquitectos mediante os proxectos de rehabilitación das casas que deben pasar a ITE.

A situación, con ser preocupante en Galicia, non é tan crítica coma no conxunto de España. “Aquí levamos un certo retraso en todo e  o boom non foi tan brutal como na  costa do Levante e  Andalucía”. Ainda así, detectan que o traballo de arquitectura  “caeu en picado” e ainda non ven a luz ao final do túnel.

Entrevista a Toyo Ito

Escrito por mpierres o 3 Agosto 2009

toyo-ito Texto, Mireya Díaz Soto   para EL MERCURIO - Chile

 

A ver. Quén é Toyo Ito. O arquitecto xaponés nado en Corea en 1941, autor de varios edificios de culto, a maioría en Xapón, como a Mediateca Sendai (a súa obra maestra), o teatro Za Koenji (o edificio que máis satisfacción lle deu), a biblioteca da Universidade de Arte Tama, o edificio da tradicional marca Tod’s, en plena avenida Omotesando de Tokio, e  o Hospital Cagnacq-Jay de Francia. Esas entre outras pezas de luxo, como o pabellón do año 2002 da Serpentine Gallery en Londres, capital onde uns anos máis tarde recibeu o premio RIBA 2006. Ou coma os mobles que deleitaron ao deseño internacional. Ollo que esto é un resumen. Porque a lista de obras e  galardóns que levan seu nome é o suficientemente extensa como para que figure no olimpo arquitectónico mundial. Pero iso para él non é tema. ¿Arquitecto global? “No, conciencia de eso eu  non teño”, di dende seu estudio en entrevista exclusiva con VD.

 

¿Cándo fracasou?

-Habitualmente. Ao  rematar sempre penso que as cousas deberían de facerse doutro xeito.

 

Toyo Ito está pendente doutras cosas. Se non está arriba dun avión en viaxes relámpago a algún lugar do planeta, anda preocupado de disfrutar da vida. Na capital xaponesa, onde vive “coa persona e  o can que amo”, destina un rato, cedo  nas mañas, a pensar. A sair a camiñar co  can. A reunirse co seu equipo de traballo “en pe de igualdade” e  ao  final do  día a tomarse un trago cos seus amigos, os mesmos cos que xoga golf a fin de semana. E, seguramente, os mesmos cos que comenta cánto lle irrita a falta de visión de futuro do goberno xaponés, o que Tokio, como él di, perdera a súa identidade.

Ademáis, anda pensando cómo confrontar a superficialidade e a homoxeneización da arquitectura actual, afectada pola economía global. Preocupado de discernir se as ideas que se lle ocurren xurden dende o interior de todo o seu corpo ou non, “porque as que veñen da miña cabeza evapóranse en tres días”. E procurando crear espacios habitables, nos que o ser humano se reencontre co seu propio espíritu. Sen importar si é  en Xapón ou Europa. Ou Chile, o primeiro país de América onde Toyo Ito acaba de poñer a súa firma, gracias a invitación que recibeu en Milán, fai alguns anos, de parte do creador do proxecto Ochoalcubo, Eduardo Godoy, quen o convenceu de sumarse á lista de grandes nomes chilenos que deseñaron unha casa no exclusivo condominio ubicado en Marbella.

A casa que diseñou para este conxunto está nos últimos detalles. Christian de Groote foi escollido por Toyo Ito como o  arquitecto residente polo  ”excepcional uso do formigón nas súas obras”.  O xaponés virá á  inauguración oficial en outubro, momento que aproveitará para dictar una conferencia e  presentar unha exposición da súa obra.

¿Qué sentido ten para vostede o proxecto Ochoalcubo?

-Pese a que está ubicado no punto doplaneta más lejano en relación a onde estou, xa puiden sentir o  sólido acercamento cara  a arquitectura que están experimentando os chilenos, xente que realmente disfruta a vida.

¿Aprendeu algo dela?

-Estou  impresionado coa calidade humana dos chilenos: comen, beben e  persiguen a riqueza da vida.

Dende os anos 70, múltiples foron as visións que Toyo Ito aplicou  na arquitectura. Dende un recoñecemento ao modernismo, a un apego as técnicas minimalistas, e incluso á aplicación da estética do lixeiro, onde os espacios fluían intentando difuminar os límites entre o virtual e o físico. Sempre considerando o contexto das  suas obras e, por supuesto, do benestar de quenes as vivirían.

Despois de estudiar a situación da cidade contemporánea e dos seus habitantes. ¿Qué opina do xeito  en que as cidades evolucionarion dende que vostede comenzou a  súa carreira?

-Cidades como Tokio viviron  reiteradamente a economía “burbulla”, o cal significa crecemento financieiro acelerado e recesión. No intertanto, perdeu  gradualmente a súa individualidade e  pasou  a ser unha metrópoli controlada pola economía global. O mesmo se pode apreciar nas principais capitais do mundo.

Tokio cambiou a  súa  fisonomía de maneira moi vertixinosa. ¿A súa  arquitectura tivo que adaptarse a ese ritmo?

-Ata os anos 80 sí, pero actualmente convertiuse simplemente nunha cidade mediocre. Hoxe en día nada pode ser reflexo dela.
¿Enton cál é a mellor arquitectura para cidades populosas?

-Aquela que permite as persoas establecer lazos e  relacions máis estreitas. Creo que é  horrible resolver o problema da sobrepoblación simplemente facendo rañaceos.

Unha vez sinalou  que quería ir máis alá da influinte arquitectura do século 20. ¿Cómo se logra iso?

-A  arquitectura moderna estivo principalmente gobernada por referencias moi homoxéneas e  xeometría pura. Sen embargo, no século 21 estou tratando de crear unha relación máis cercana co entorno natural, basada en novas ordes, inspiradas por unha xeometría sofisticada que se atopa precisamente na natureza.

¿Cómo combina a influencia dos arquitectos do século pasado coa tecnoloxía actual e  a tradición milenaria da súa cultura?

-Admiro a Le Corbusier. Él todavía nos ensina que a arquitectura pode transmitir á  xente a importancia do  ”joie de vivre” (gozo de vivir). A  tecnología computacional é  tamén esencial para restablecer os vínculos entre seres humanos, arquitectura e  natureza. Non estou particularmente consciente da tradición da cultura xaponesa, creo que máis bien está arraigada de modo subconscente no meu corpo.

¿Cál é a mellor maneira de crear novos conceptos en arquitectura?

-Escoitar o que di a xente xove. Porque eles, en todas as épocas, teñen  a habilidade, con moita  agudeza, de captar o espíritu do tempo que lles toca vivir.

Nas súas obras vostede solía representar, ao mesmo tempo, un mundo virtual y outro físico. ¿Cambiou iso?
-Sí, cambiou. Dinme conta de que nada pode xenerarse dende un mundo virtual. Agora as miñas esperanzas están postas en poder voltar ao máis primitivo do ser humano. Noutras palabras, creo que podemos ver o  futuro da arquitectura só  nun mundo físico.

¿Cál é  a clave para coñecer o lugar onde vai  construir un proxecto?

-A partir da transparencia da persona que está facendo o  encargo. Cando coñezo a un cliente, despois dunha corta conversación, sei de inmediato si é  ou non unha persona confiable.

¿Qué elemento non pode faltar para facer obras habitables?

-Considerar o que eu, como arquitecto, podo ofrecer aos habitantes para que teñan una vida o máis confortable, placentera e viva posible.
¿En qué minuto sabe que un proxecto está rematado?

-Cando o  edificio está completo e  comeza a acomodarse. Ahí é cando sei  se a obra foi  exitosa ou non.

Protexido: Circular Informativa Nº 24/09

Escrito por mpierres o 3 Agosto 2009

This post is password protected. To view it please enter your password below:


Enter your password to view comments
That lineage can be seen in the Rolex Oyster fake watches Perpetual's straightforward and practical design. Legibility is cheap ralph lauren shirts strong and the dial design offers nothing more than is necessary to display the time.