replicas de relojes
replicas de relojes splash
Publicado por admin o 7 Xuño 2011

Presidente: D. Manuel Abelleira Argibay  presidente.pontevedra@coag.es
Tesoreira: Dña. María Pierres López tesorera.pontevedra@coag.es
Secretario: D. Anselmo Villanueva Peón secretario.pontevedra@coag.es
Podedes contactar directamente coa Xunta Directiva a través da seguinte dirección de correo:
xd.pontevedra@coag.es

 

Archivado en 20 Xullo 2009

Enlaces a empregos na rede

Escrito por mpierres o 20 Xullo 2009

A Coruña ( oferta do 18 de Xullo, xa publicada o 18 de Xuño) : http://www.trabajar.com/oferta-empleo/arquitecto-a-coruna-237646o

Adeus a Julius Shulman, o artista e fotógrafo de arquitectura

Escrito por mpierres o 20 Xullo 2009

La Nación - ( Argentina) 17-07-2009

case-study-house-n22-1960O mércores último faleceu o  recoñecido autor da famosa toma nocturna Case Study N22, que o fixo famoso no mundo enteiro.

O estadounidense Julius Shulman, que elevou a un arte a fotografía de arquitectura, faleceu o mércores aos 98 anos no seu domicilio de Los Angeles (California), indicou o  seu representante, o galerista Craig Krull, que dixo “era o fotógrafo de arquitectura máis grande de todos os tempos”.
O fotógrafo  mudouse  a California, onde iniciou a sua carreira na década dos 30 e  destacouse polas suas fotografías das obras de grandes arquitectos, como Frank Lloyd Wright, Pierre Koenig, Charles Eames ou Richard Neutra.
A súa fotografía Case Study House N22 (1960), obra de Koenig, que amosa  simultáneamente a duass mulleres no interior dunha casa, a arquitectura exterior da misma e  un deslumbrante panorama nocturno de Los Angeles, o fixo famoso no mundo enteiro.


As súas obras destácanse pola precisión e  a claridade da composición, onde o valor do edificio arquitectónico  documenta sen desmedro nin da paisaxe que o rodea nin da sua dimensión humana. “Transformou a fotografía de arquitectura, facéndoa pasar do meramente comercial a unha das belas artes”, dixo Krull.
O ano pasado, o editor alemán Benedikt Taschen publicou unha obra retrospectiva, “Modernism Rediscovered” con máis de 400 proxectos fotografiados por Shulman, mentras o Getty Center adquiriu anos pasados todos os seus archivos.
Nado o 10 de outubro de 1910 en Brooklyn, fillo de inmigrantes xudeos rusos, Shulman estableceuse coa sua familia en Los Angeles en 1920.
A longa e brillante carreira de fotógrafo de arquitectura comezou en 1936, ao atopar  a Neutra, de orixe austríaco e que fuxira do nazismo como moitos arquitectos modernos que traballaban en Alemania e en Austria nos anos 20.

O Concello dá 15 días para cubrir as gretas do edificio de Benito Corbal

Escrito por mpierres o 20 Xullo 2009

benito-corbalLa Voz de Galicia 20-07-09

 

O informe indica que a acumulación de auga durante o desmonte do cine Victoria afectou ao céntrico inmoble

Os técnicos estiman que a estrutura é segura e os veciños poderán regresar cando se cumpra a orde

 

O Concello dá un prazo máximo de dúas semanas para que a comunidade de propietarios do edificio desaloxado de Benito Corbal cubra as gretas do inmoble, segundo revela o informe técnico do servizo de Disciplina Urbanística, Medio Ambiental e Policía Administrativa. De non cumprirse esta orde, o Concello de Pontevedra imporá unha multa coercitiva de entre 300 e 6.000 euros ata que se execute a decisión municipal.

A pesar desta esixencia, o inmoble considérase seguro, aínda que si é necesaria unha actuación inmediata en dúas frontes, o da «inxección de morteiros fluídos no muro de mampuesto do número 17 con creación de mechinales e a eliminación con carácter urxente das emanaciones de augas procedentes do edificio número 15 de Benito Corbal».

Acumulación de augas

Pero esta decisión non é a única sorpresa que esconde o informe oficial, elaborado por Enmacosa, sobre as causas que levaron aos veciños do número 17 de Benito Corbal a vivir en hoteis e casas de familiares desde o pasado 26 de maio. O estudo sinala que non existe unha causa única para que se producisen as gretas e achaca a unha combinación de factores o desenlace. Entre os máis importantes destaca o reblandecimiento do terreo sobre o que se asenta o muro de carga lateral do edificio, na cara lindeira co número 15. Culpa desta situación á acumulación de auga de choiva durante o período no que se desmontaron as instalacións do antigo cine Victoria , así como á entrada de augas pluviais e fecais do número 15.

No conglomerado de causas que influíron na orixe das gretas, o informe técnico suma a elas o reaxuste, ata con roturas, dos elementos que integran o muro do edificio e a descompresión do terreo pola escavación aberta que existe baixo o inmoble afectado.

Pantalla estable

O vindeiro mércores, os residentes entrarán xa na novena semana sen poder durmir nas súas casas ou traballar nos locais comerciais, Vidro e Ferpes, do baixo. Os veciños aseguran que xa están cansados e resentidos polo alongamento dun proceso que nunca pensaron que se alargase máis duns días.

No informe municipal, Enmacosa considera estable a pantalla de pilotes co nivel de escavación actual na obra entre Benito Corbal e Rouco. Con todo, resalta que se trata só dun estado provisional, que non se debería alargar máis aló do verán. A construtora deberá propor outro sistema construtivo que garanta a estabilidade dos edificios lindeiros antes de que o Concello autorice o reinicio dos traballados.

Segundo a resolución do Concello de Pontevedra, a estrutura do edifico estímase segura e non se poderían pór obxeccións no reacollo dos ocupantes no caso de que fosen reparados todos os danos causados e despois de que técnicos municipais supervisasen a obra para dar a súa autorización. Aseguran que non sería recomendable a volta aos fogar sen este permiso, xa que futuros problemas provocarían unha enorme alarma social entre os vecinso «altamente sensibilizados xa co problema ocorrido».

 

That lineage can be seen in the Rolex Oyster fake watches Perpetual's straightforward and practical design. Legibility is cheap ralph lauren shirts strong and the dial design offers nothing more than is necessary to display the time.