replicas de relojes
replicas de relojes splash
Publicado por admin o 7 Xuño 2011

Presidente: D. Manuel Abelleira Argibay  presidente.pontevedra@coag.es
Tesoreira: Dña. María Pierres López tesorera.pontevedra@coag.es
Secretario: D. Anselmo Villanueva Peón secretario.pontevedra@coag.es
Podedes contactar directamente coa Xunta Directiva a través da seguinte dirección de correo:
xd.pontevedra@coag.es

 

Archivado en 12 Xullo 2009

O Xulgado avala a denegación de licenzas para 200 vivendas no solar da vella madeireira

Escrito por mpierres o 12 Xullo 2009

O Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Pontevedra avalou a decisión adoptada fai un ano polo Concello de denegar as licenzas de construción nos terreos da antiga fábrica de Tafisa. O recurso, segundo indicaron onte fontes municipais, fora exposto pola promotora Costaverde Proxectos Inmobiliarios S.L., que pretendía licenza para dous edificios de 143 e 71 vivendas, respectivamente, despois do acordo que a empresa alcanzou con Grupo Lar Promosa, titular dos terreos.

O fallo establece que o Concello non vulnerou ningunha norma legal e que os informes do arquitecto municipal sinalaban que estaban sen aprobar os proxectos de equidistribución (que reparte as parcelas edificables, equipamentos, vías públicas e cesións) e de urbanización.

As licenzas foran solicitadas no marco da avalancha que experimentaron os servizos urbanísticos municipais nos días anteriores á entrada en vigor do Decreto 262/07 polo que se aprobaron as Normas do Hábitat Galego, que regulaba as medidas de distintas estancias das vivendas.

O tribunal apoia esta medida e desestima tamén a pretensión da inmobiliaria de que as licenzas se considerasen simplemente suspendidas na súa tramitación. O convenio asinado no seu día con Lare deu marxe para construír unhas 700 vivendas, aínda que tras a crise do ladrillo deuse por feito que se farán por fases.

Museos franquicia

Escrito por mpierres o 12 Xullo 2009

gehryEl Pais 10-7-09

Os grandes museos continúan construindo impresionantes franquicias da súa marca baixo o efecto Guggenheim. O Guggenheim de Bilbao, de Frank Gehry, é o rei dos museos-reclamo, pero despois creáronse outros. O seguinte estará en Abu Dhabi. O director do museo, Thomas Krens, define o seu museo ideal así: “un parque temático con catro atraccións: boa arquitectura, unha boa colección permanente; exposicións primarias e secundarias; e outras diversións coma tendas e restaurantes”.

A nova sede do museo terá unha superficie de 30.000 metros cadrados. Tres das suas catro fachadas están rodeadas das augas do Golfo Pérsico. O museo incluirá unha colección permanente e galerías para mostras temporais, un centro de arte e tecnoloxía, un centro de arte contemporáneo árabe, islámico e relativo á cultura de Oriente Próximo, un espacio para a formación, un centro de investigación e un laboratorio para a conservación e restauración. Será a maior sede de todas as que teñe a fundación Guggenheim.

 

O museo do Louvre de París tamén terá unha sede irmá en Abu Dhabi, no mesmo complexo no que se encrava o Guggenheim, na isla de Al Saadiyat. O edificio terá 24.000 metros cadrados. O proxecto o está levando a cabo o estudio do arquitecto francés Jean Nouvel. Xunto con este museo ubicaránse un complexo de hoteis, residencias e centros culturales -entre eles cinco teatros e unha ópera- así coma varios museos.

Simultáneamente ao Louvre de Abu Dhabi haberá outra sede do museo do Louvre, situada na localidade francesa de Lens, situado na rexión Nord Pas de Calais, que fai fronteira con Bélxica. O complexo, en medio dun espacio de 240.000 metros cadrados (que antes foi unha mina), é obra da firma de arquitectura xaponesa SANAA (Kazuyo Sejima e Ryue Nishizawa), unida para este proxecto ao estudo Imrey-Culbert de Nueva York e a Catherine Mosbach, de París. O complexo é unha serie de capas lixeiras colocadas en diferentes volumes, de vidro e aceiro inoxidable, que farán que tanto a colección, de diferentes movimentos artísticos, interactúe de forma natural, cos asistentes, que ademáis tamén  veránse involucrados coa natureza do lugar.

O novo museo satélite mezclará os estilos e as referencias de todos os períodos históricos e culturas, creando unha nova experiencia para o visitante. Está previsto que o espacio abra as suas portas en 2012.

O Centro Pompidou duprícase. A súa segunda sede estará en Metz, unha localidade francesa situada ao noreste de París, na rexión de Lorena. O proxecto gañador do concurso foi o presentado por Shigeru Ban (Tokio), arquitecto pioneiro en utilizar elementos pouco utilizados en arquitectura, coma o cartón, o papel e a madeira. Non está só no proxecto, os seus socios son Philip Gumuchdjian (Londres) e o arquitecto local Jean de Gastines (París). O novo museo, cuias salas están orientadas cara os principais hitos arquitectónicos de tal modo que os visitantes poidan admirar a catedral, o canal, a estación e outros monumentos do casco histórico mentres visitan as exposicions, abrirá as suas portas en 2010.

O equipo liderado por Shigeru Ban concebiu ao novo Pompidou como unha enorme praza pública cruzada por tres caizóns en alto que albergan os espacios de exhibición. Protexe o complexo unha especie de sombreiro texido en madeira e acero galvanizado. O Pompidou Metz ten unha superficie cuberta total de 14.000 metros cadrados, 6.000 dos cales estarán destinados a exhibición. O esquema de planta libre brinda unha multiplicidade de opcions de desenrolo de mostras.

O estudo de arquitectura suizo Herzog & de Meuron, autor da reconversión da antiga central de enerxía de Bankside no Museo Nacional Británico de Arte Moderno é, tambén, responsable da ampliación que se lle está facendo a este museo, o máis visitado do seu tipo de Europa. O proxecto de ampliación sufriu grandes modificacions dende a sua primeira presentación en xullo de 2006 ata a sua presentación definitiva o 18 de xullo de 2008. Primeiro pensado como unha pirámide formada a partir dunha serie de cubos de vidro, finalmente a sua fachada estará feita de ladrillo, similar ao do edificio principal, anque interrumpido por fiestras de cristal. O novo edificio, de 70 metros de altura e que debe estar terminado para os Xogos Olímpicos de 2012, terá unha galería de 1.500 metros cadrados, anque a superficie total, repartida entre 11 pisos, chega a cerca de 25.000 metros cadrados.

That lineage can be seen in the Rolex Oyster fake watches Perpetual's straightforward and practical design. Legibility is cheap ralph lauren shirts strong and the dial design offers nothing more than is necessary to display the time.