replicas de relojes
replicas de relojes splash
Publicado por admin o 7 Xuño 2011

Presidente: D. Manuel Abelleira Argibay  presidente.pontevedra@coag.es
Tesoreira: Dña. María Pierres López tesorera.pontevedra@coag.es
Secretario: D. Anselmo Villanueva Peón secretario.pontevedra@coag.es
Podedes contactar directamente coa Xunta Directiva a través da seguinte dirección de correo:
xd.pontevedra@coag.es

 

Archivado en 10 Xullo 2009

Apuntes sobre modelos profesionais e os síntomas de cambio (1ª parte)

Escrito por mpierres o 10 Xullo 2009

Este “encontro íntimo”, dividido en dous episiodios, rexistra as voces de cinco arquitectos que teñen en común unha relación diversa e complexa coa arquitectura: simultáneamente profesional, docente, editorial, de investigación… e ser nacidos nas cercanías do ano 1960.

Dous catalans, un ceutí, un aragonés e un riojano: os arquitectos Rosa Rull, Juan Trias de Bes, Miguel Roldán, Iñaki Alday e Félix Arranz conversan dun modo desinhibido e desprexuiciado sobre o que lles ensinaron nas Escolas de Arquitectura de Barcelona e do Vallés, sobre o que aprenderon e sobre a situación actual. ¿Lebre por gato, gato por gato ou gato con guarnición?

Falan de modelos profesionais, dos seus modos e maneras de organizar o estudio e a relación entre colaboradores, da súa visión dos modelos académicos, colexiais e  corporativos… dun continuo voltar a empezar personal e colectivo, especialmente intenso na primeira metade de 2009 no que esta xeración de xentes, que foron os últimos do PREU ou os primeiros do BUP e COU, comproban e relatan cómo todo cambiara e cómo, de novo, todo está a punto de cambiar.

http://static.scalae.net.s3.amazonaws.com/podcasts/300/SCALAE_podcast_179.mp3

A nova lei de ordenación eliminará a necesidade de que a Xunta autorice as obras no rural

Escrito por mpierres o 10 Xullo 2009

Diario de Pontevedra 09/07/2009

A modificación da Lei de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia pretende reducir de tres a dous meses os prazos para a aprobación por parte da Administración autonómica dos plans municipais de urbanismo, aínda que manterá os dos plans xerais nun trimestre, tal e como expuxo no Consello da Xunta o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández.

Ademais, o novo regulamento axilizará as obras en instalacións directamente vinculadas cunha explotación de recursos naturais -por exemplo naves agrícolas-. Nestes casos, será suficiente que os concellos dean o visto e prace, e xa non será necesaria a autorización autonómica previa.

Ademais, o novo texto prevé a redución dos prazos para obter licenzas de obras en solo rústico, e a definición de ‘núcleo rural’ que recolla catro tipos posibles de asentamentos distintos, co que será máis fácil regular o urbanismo nestas zonas.

A avaliación ambiental entrará tamén de cheo nos procesos de ordenación urbanística, ao tramitarse de forma unitaria cos plans de ordenación.

O obxectivo é, segundo explicou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, é o asentamento da poboación evitar o abandono do rural. Por outra banda, é un intento da Xunta de evitar a dispersión, concentrando poboación nos núcleos.

Máis competencia municipal, menos prazos
A partir da aprobación da nova lei, os concellos verán aumentadas as súas competencias en planificación urbanística. Ademais, os prazos reduciranse de tres a dous meses para a aprobación de plans municipais, ao non ser necesaria xa a autorización previa da Xunta, que si o seguirá a ser para os plans xerais.

No caso do solo rústico, especialmente difícil de ordenar pola súa natureza produtiva, os concellos terán plena liberdade para conceder licenzas de obras en instalacións directamente vinculadas cunha explotación de recursos naturais -por exemplo naves gandeiras ou silos agrícolas-.

Tamén se pretende reducir a 3 meses o prazo da concesión de licenzas para obras maiores -que requiren un proxecto técnico completo- en solo rústico, ao eliminar os 90 días que tardaba en tramitarse a autorización autonómica.

Para as obras menores, o tempo para obter a licenza quedará nos 30 dias que o concello tarda en dar o seu veredicto.

Clasificación de ‘núcleos rurais’
Tamén no medio rural, Medio Ambiente traballa na reestruturación do territorio, a través da definición de catro tipos de ‘núcelos rurais’, que agora carecen de denominación específica.

Así, a nova lei recollerá as categorías de ‘núcleo rural histórico tradicional’, que recolle o carácter esencial do núcleo rural da lei actual; ‘núcleo rural consolidado’, cun grao de consolidación da edificación igual ou superior ao 50% da superficie; ‘núcleo rural non consolidado’, cunha edificación de entre un 33 e un 50%; e ‘núcleo rural complexo’, que combina as características propias do núcleo tradicional e algún dos outros dous.

Con esta división preténdese ordenar o solo rural xa que, o baleiro actual de delimitacións ”impedían dar resposta ás necesidades de crecemento e desenvolvemento dos asentamentos rurais”, segundo a Xunta, xa que a única categoría de ‘asentamento rural’ impedía o correcto funcionamento dos plans xerais.

Medio Ambiente confía agora en que estes catro tipos de núcleo faciliten a introdución do réxime urbanístico dos plans xerais nestas zonas, o que levará unha maior planificación.

Fomento da tradición urbanística rural
Por outra banda, a lei que prepara a Consellería recupera o Plan especial de ordenación de ‘núcleo rural’ que, formulado e aprobado pola administración local, terá unhas funcións de apoio e desenvolvemento do plan xeral de solo de núcleo rural análogas ás que os plans
especiais de reforma interior (PERI) manteñen no solo urbano consolidado.

Para rematar, o documento fomenta a protección e recuperación de elementos característicos da arquitectura rural, e a conservación da morfología dos núcleos históricos tradicionais, a súa estrutura parcelaria histórica e os seus usos tradicionais.

Consulta aos municipios
A través da modificación de 42 dos 237 artigos da lei, a Xunta pretende facilitar e simplificar a elaboración dos plans municipais, e regular a delimitación urbanística das arredor de 30.000 entidades singulares de poboación existentes en Galicia, e de forma especial dos máis de 10.200 núcleos que teñen un mínimo de 10 edificacións.

Ademais, a medida intenta, segundo a Xunta, recoller as propostas formuladas no seu día pola Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), e incluír os procedementos ordenados pola Lei estatal 9/2006, que regula a avaliación ambiental estratéxica dos plans, tal e como establece a directiva europea.

A Consellería enviará nas próximas semanas o texto á FEGAMP, aos grupos parlamentarios, ao Consello Económico e Social e ás diversas asociacións e entidades relacionadas co seu ámbito de aplicación para que o valoren e presenten as súas propostas antes de que sexa debatido e aprobado no Parlamento de Galicia.

(IeA ll): veladura

Escrito por mpierres o 10 Xullo 2009

veladura

unha

duas 

tres

catro

cinco

veladuras.

That lineage can be seen in the Rolex Oyster fake watches Perpetual's straightforward and practical design. Legibility is cheap ralph lauren shirts strong and the dial design offers nothing more than is necessary to display the time.