replicas de relojes
replicas de relojes splash
Publicado por admin o 7 Xuño 2011

Presidente: D. Manuel Abelleira Argibay  presidente.pontevedra@coag.es
Tesoreira: Dña. María Pierres López tesorera.pontevedra@coag.es
Secretario: D. Anselmo Villanueva Peón secretario.pontevedra@coag.es
Podedes contactar directamente coa Xunta Directiva a través da seguinte dirección de correo:
xd.pontevedra@coag.es

 

Archivado o Xullo, 2009

Adeus a Julius Shulman, o artista e fotógrafo de arquitectura

Escrito por mpierres o 20 Xullo 2009

La Nación - ( Argentina) 17-07-2009

case-study-house-n22-1960O mércores último faleceu o  recoñecido autor da famosa toma nocturna Case Study N22, que o fixo famoso no mundo enteiro.

O estadounidense Julius Shulman, que elevou a un arte a fotografía de arquitectura, faleceu o mércores aos 98 anos no seu domicilio de Los Angeles (California), indicou o  seu representante, o galerista Craig Krull, que dixo “era o fotógrafo de arquitectura máis grande de todos os tempos”.
O fotógrafo  mudouse  a California, onde iniciou a sua carreira na década dos 30 e  destacouse polas suas fotografías das obras de grandes arquitectos, como Frank Lloyd Wright, Pierre Koenig, Charles Eames ou Richard Neutra.
A súa fotografía Case Study House N22 (1960), obra de Koenig, que amosa  simultáneamente a duass mulleres no interior dunha casa, a arquitectura exterior da misma e  un deslumbrante panorama nocturno de Los Angeles, o fixo famoso no mundo enteiro.


As súas obras destácanse pola precisión e  a claridade da composición, onde o valor do edificio arquitectónico  documenta sen desmedro nin da paisaxe que o rodea nin da sua dimensión humana. “Transformou a fotografía de arquitectura, facéndoa pasar do meramente comercial a unha das belas artes”, dixo Krull.
O ano pasado, o editor alemán Benedikt Taschen publicou unha obra retrospectiva, “Modernism Rediscovered” con máis de 400 proxectos fotografiados por Shulman, mentras o Getty Center adquiriu anos pasados todos os seus archivos.
Nado o 10 de outubro de 1910 en Brooklyn, fillo de inmigrantes xudeos rusos, Shulman estableceuse coa sua familia en Los Angeles en 1920.
A longa e brillante carreira de fotógrafo de arquitectura comezou en 1936, ao atopar  a Neutra, de orixe austríaco e que fuxira do nazismo como moitos arquitectos modernos que traballaban en Alemania e en Austria nos anos 20.

O Concello dá 15 días para cubrir as gretas do edificio de Benito Corbal

Escrito por mpierres o 20 Xullo 2009

benito-corbalLa Voz de Galicia 20-07-09

 

O informe indica que a acumulación de auga durante o desmonte do cine Victoria afectou ao céntrico inmoble

Os técnicos estiman que a estrutura é segura e os veciños poderán regresar cando se cumpra a orde

 

O Concello dá un prazo máximo de dúas semanas para que a comunidade de propietarios do edificio desaloxado de Benito Corbal cubra as gretas do inmoble, segundo revela o informe técnico do servizo de Disciplina Urbanística, Medio Ambiental e Policía Administrativa. De non cumprirse esta orde, o Concello de Pontevedra imporá unha multa coercitiva de entre 300 e 6.000 euros ata que se execute a decisión municipal.

A pesar desta esixencia, o inmoble considérase seguro, aínda que si é necesaria unha actuación inmediata en dúas frontes, o da «inxección de morteiros fluídos no muro de mampuesto do número 17 con creación de mechinales e a eliminación con carácter urxente das emanaciones de augas procedentes do edificio número 15 de Benito Corbal».

Acumulación de augas

Pero esta decisión non é a única sorpresa que esconde o informe oficial, elaborado por Enmacosa, sobre as causas que levaron aos veciños do número 17 de Benito Corbal a vivir en hoteis e casas de familiares desde o pasado 26 de maio. O estudo sinala que non existe unha causa única para que se producisen as gretas e achaca a unha combinación de factores o desenlace. Entre os máis importantes destaca o reblandecimiento do terreo sobre o que se asenta o muro de carga lateral do edificio, na cara lindeira co número 15. Culpa desta situación á acumulación de auga de choiva durante o período no que se desmontaron as instalacións do antigo cine Victoria , así como á entrada de augas pluviais e fecais do número 15.

No conglomerado de causas que influíron na orixe das gretas, o informe técnico suma a elas o reaxuste, ata con roturas, dos elementos que integran o muro do edificio e a descompresión do terreo pola escavación aberta que existe baixo o inmoble afectado.

Pantalla estable

O vindeiro mércores, os residentes entrarán xa na novena semana sen poder durmir nas súas casas ou traballar nos locais comerciais, Vidro e Ferpes, do baixo. Os veciños aseguran que xa están cansados e resentidos polo alongamento dun proceso que nunca pensaron que se alargase máis duns días.

No informe municipal, Enmacosa considera estable a pantalla de pilotes co nivel de escavación actual na obra entre Benito Corbal e Rouco. Con todo, resalta que se trata só dun estado provisional, que non se debería alargar máis aló do verán. A construtora deberá propor outro sistema construtivo que garanta a estabilidade dos edificios lindeiros antes de que o Concello autorice o reinicio dos traballados.

Segundo a resolución do Concello de Pontevedra, a estrutura do edifico estímase segura e non se poderían pór obxeccións no reacollo dos ocupantes no caso de que fosen reparados todos os danos causados e despois de que técnicos municipais supervisasen a obra para dar a súa autorización. Aseguran que non sería recomendable a volta aos fogar sen este permiso, xa que futuros problemas provocarían unha enorme alarma social entre os vecinso «altamente sensibilizados xa co problema ocorrido».

 

(IeA lll): estereotipos

Escrito por mpierres o 16 Xullo 2009

estereotipos    

 

 estereotipos..

Enlaces a empregos na rede

Escrito por mpierres o 16 Xullo 2009

Arteixo ( A Coruña) ( oferta do 15 de Xullo) : http://www.trabajar.com/oferta-empleo/delineante-o-arquitecto-a-coruna-267117o

Conferencia Pedro Feduchi: “Como a arquitectura o deseño”

Escrito por mpierres o 14 Xullo 2009

Conferencia hoxe día 14 de Xullo ás 20:00 horas na sede da Fundación Caixa Galicia en Santiago, Rua do Vilar 19, impartida polo arquitecto Pedro Feduchi baixo o título “Como a arquitectura o deseño”. O acceso é libre.

A conferencia é o punto de partida do taller “Unir ,  Desunir, Reunir” que o arquitecto impartirá dende o día 15 de Xullo ao sábado día 19 na Fundación María Martinez Otero de A Estrada.

Protexido: Circular Informativa Nº23/09

Escrito por mpierres o 13 Xullo 2009

This post is password protected. To view it please enter your password below:


Enter your password to view comments

O Tribunal Superior dá a razón ao Concello no preito dos ascensores

Escrito por mpierres o 13 Xullo 2009

La Voz   13/7/2009

A Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza desestimou un recurso interposto polo Colexio Oficial de Aparelladores e Arquitectos Técnicos de Pontevedra por mor da denegación dunha licenza para a instalación dun ascensor nun edificio situado na Praza de Galicia.

O Concello entendeu no seu momento que, dada a natureza das obras a realizar, resultaba insuficiente un proxecto asinado por un arquitecto técnico. No seu lugar, esixiu a presentación dun proxecto subscrito por un arquitecto.

O TSXG desestimou o recurso de apelación dos aparelladores ao estimar que as obras supuñan «unha afectación da configuración arquitectónica da edificación ao incidir de modo decisivo sobre elemento estrutural susceptible de afectar en grao relevante ao sistema estrutural do inmoble». «Non se aprecia base para separarse do criterio mantido na sentenza de instancia», asegurou o alto tribunal galego.

A sentenza adquire particular relevo nuns momentos nos que as comunidades de veciños exponse dotar de ascensores inmobles antigos que carecían deste servizo, algúns deles situados en zonas moi céntricas como é o caso do que motivou o preito. A dotación de ascensor revaloriza os pisos nos casos nos que os seus propietarios optan por enajenarlos, factor que estimula así

O Xulgado avala a denegación de licenzas para 200 vivendas no solar da vella madeireira

Escrito por mpierres o 12 Xullo 2009

O Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Pontevedra avalou a decisión adoptada fai un ano polo Concello de denegar as licenzas de construción nos terreos da antiga fábrica de Tafisa. O recurso, segundo indicaron onte fontes municipais, fora exposto pola promotora Costaverde Proxectos Inmobiliarios S.L., que pretendía licenza para dous edificios de 143 e 71 vivendas, respectivamente, despois do acordo que a empresa alcanzou con Grupo Lar Promosa, titular dos terreos.

O fallo establece que o Concello non vulnerou ningunha norma legal e que os informes do arquitecto municipal sinalaban que estaban sen aprobar os proxectos de equidistribución (que reparte as parcelas edificables, equipamentos, vías públicas e cesións) e de urbanización.

As licenzas foran solicitadas no marco da avalancha que experimentaron os servizos urbanísticos municipais nos días anteriores á entrada en vigor do Decreto 262/07 polo que se aprobaron as Normas do Hábitat Galego, que regulaba as medidas de distintas estancias das vivendas.

O tribunal apoia esta medida e desestima tamén a pretensión da inmobiliaria de que as licenzas se considerasen simplemente suspendidas na súa tramitación. O convenio asinado no seu día con Lare deu marxe para construír unhas 700 vivendas, aínda que tras a crise do ladrillo deuse por feito que se farán por fases.

Museos franquicia

Escrito por mpierres o 12 Xullo 2009

gehryEl Pais 10-7-09

Os grandes museos continúan construindo impresionantes franquicias da súa marca baixo o efecto Guggenheim. O Guggenheim de Bilbao, de Frank Gehry, é o rei dos museos-reclamo, pero despois creáronse outros. O seguinte estará en Abu Dhabi. O director do museo, Thomas Krens, define o seu museo ideal así: “un parque temático con catro atraccións: boa arquitectura, unha boa colección permanente; exposicións primarias e secundarias; e outras diversións coma tendas e restaurantes”.

A nova sede do museo terá unha superficie de 30.000 metros cadrados. Tres das suas catro fachadas están rodeadas das augas do Golfo Pérsico. O museo incluirá unha colección permanente e galerías para mostras temporais, un centro de arte e tecnoloxía, un centro de arte contemporáneo árabe, islámico e relativo á cultura de Oriente Próximo, un espacio para a formación, un centro de investigación e un laboratorio para a conservación e restauración. Será a maior sede de todas as que teñe a fundación Guggenheim.

 

O museo do Louvre de París tamén terá unha sede irmá en Abu Dhabi, no mesmo complexo no que se encrava o Guggenheim, na isla de Al Saadiyat. O edificio terá 24.000 metros cadrados. O proxecto o está levando a cabo o estudio do arquitecto francés Jean Nouvel. Xunto con este museo ubicaránse un complexo de hoteis, residencias e centros culturales -entre eles cinco teatros e unha ópera- así coma varios museos.

Simultáneamente ao Louvre de Abu Dhabi haberá outra sede do museo do Louvre, situada na localidade francesa de Lens, situado na rexión Nord Pas de Calais, que fai fronteira con Bélxica. O complexo, en medio dun espacio de 240.000 metros cadrados (que antes foi unha mina), é obra da firma de arquitectura xaponesa SANAA (Kazuyo Sejima e Ryue Nishizawa), unida para este proxecto ao estudo Imrey-Culbert de Nueva York e a Catherine Mosbach, de París. O complexo é unha serie de capas lixeiras colocadas en diferentes volumes, de vidro e aceiro inoxidable, que farán que tanto a colección, de diferentes movimentos artísticos, interactúe de forma natural, cos asistentes, que ademáis tamén  veránse involucrados coa natureza do lugar.

O novo museo satélite mezclará os estilos e as referencias de todos os períodos históricos e culturas, creando unha nova experiencia para o visitante. Está previsto que o espacio abra as suas portas en 2012.

O Centro Pompidou duprícase. A súa segunda sede estará en Metz, unha localidade francesa situada ao noreste de París, na rexión de Lorena. O proxecto gañador do concurso foi o presentado por Shigeru Ban (Tokio), arquitecto pioneiro en utilizar elementos pouco utilizados en arquitectura, coma o cartón, o papel e a madeira. Non está só no proxecto, os seus socios son Philip Gumuchdjian (Londres) e o arquitecto local Jean de Gastines (París). O novo museo, cuias salas están orientadas cara os principais hitos arquitectónicos de tal modo que os visitantes poidan admirar a catedral, o canal, a estación e outros monumentos do casco histórico mentres visitan as exposicions, abrirá as suas portas en 2010.

O equipo liderado por Shigeru Ban concebiu ao novo Pompidou como unha enorme praza pública cruzada por tres caizóns en alto que albergan os espacios de exhibición. Protexe o complexo unha especie de sombreiro texido en madeira e acero galvanizado. O Pompidou Metz ten unha superficie cuberta total de 14.000 metros cadrados, 6.000 dos cales estarán destinados a exhibición. O esquema de planta libre brinda unha multiplicidade de opcions de desenrolo de mostras.

O estudo de arquitectura suizo Herzog & de Meuron, autor da reconversión da antiga central de enerxía de Bankside no Museo Nacional Británico de Arte Moderno é, tambén, responsable da ampliación que se lle está facendo a este museo, o máis visitado do seu tipo de Europa. O proxecto de ampliación sufriu grandes modificacions dende a sua primeira presentación en xullo de 2006 ata a sua presentación definitiva o 18 de xullo de 2008. Primeiro pensado como unha pirámide formada a partir dunha serie de cubos de vidro, finalmente a sua fachada estará feita de ladrillo, similar ao do edificio principal, anque interrumpido por fiestras de cristal. O novo edificio, de 70 metros de altura e que debe estar terminado para os Xogos Olímpicos de 2012, terá unha galería de 1.500 metros cadrados, anque a superficie total, repartida entre 11 pisos, chega a cerca de 25.000 metros cadrados.

Apuntes sobre modelos profesionais e os síntomas de cambio (1ª parte)

Escrito por mpierres o 10 Xullo 2009

Este “encontro íntimo”, dividido en dous episiodios, rexistra as voces de cinco arquitectos que teñen en común unha relación diversa e complexa coa arquitectura: simultáneamente profesional, docente, editorial, de investigación… e ser nacidos nas cercanías do ano 1960.

Dous catalans, un ceutí, un aragonés e un riojano: os arquitectos Rosa Rull, Juan Trias de Bes, Miguel Roldán, Iñaki Alday e Félix Arranz conversan dun modo desinhibido e desprexuiciado sobre o que lles ensinaron nas Escolas de Arquitectura de Barcelona e do Vallés, sobre o que aprenderon e sobre a situación actual. ¿Lebre por gato, gato por gato ou gato con guarnición?

Falan de modelos profesionais, dos seus modos e maneras de organizar o estudio e a relación entre colaboradores, da súa visión dos modelos académicos, colexiais e  corporativos… dun continuo voltar a empezar personal e colectivo, especialmente intenso na primeira metade de 2009 no que esta xeración de xentes, que foron os últimos do PREU ou os primeiros do BUP e COU, comproban e relatan cómo todo cambiara e cómo, de novo, todo está a punto de cambiar.

http://static.scalae.net.s3.amazonaws.com/podcasts/300/SCALAE_podcast_179.mp3

That lineage can be seen in the Rolex Oyster fake watches Perpetual's straightforward and practical design. Legibility is cheap ralph lauren shirts strong and the dial design offers nothing more than is necessary to display the time.