replicas de relojes
replicas de relojes splash
Publicado por admin o 7 Xuño 2011

Presidente: D. Manuel Abelleira Argibay  presidente.pontevedra@coag.es
Tesoreira: Dña. María Pierres López tesorera.pontevedra@coag.es
Secretario: D. Anselmo Villanueva Peón secretario.pontevedra@coag.es
Podedes contactar directamente coa Xunta Directiva a través da seguinte dirección de correo:
xd.pontevedra@coag.es

 

Archivado o Xullo, 2009

Levantaráse o veto para pisos protexidos ou centros de saude

Escrito por mpierres o 31 Xullo 2009

Faro de Vigo 31/07/2009

A Xunta fará excepcions á prohibición de construir nesa franxa do litoral.

As  edificacions consideradas como bens de uso público, como vivenda protexida ou centros de saude, poderán saltarse “de modo excepcional” a prohibición de construir a 500 metros da costa que manten vixente a actual Administración galega. A Xunta está disposta a saltarse a moratoria heredada do Bipartito (que en principio se prolongará ata finais de ano) sempre e  cando os concellos ou a Administración autonómica consideren “estrictamente necesario” dar luz verde a “construccions puntuais”.
Durante os primeiros días de lexislatura, o Goberno de Feijóo decidiu prolongar no tempo a prohibición de construir a menos de 500 metros e darse así unha marxe para elaborar un Plan do Litoral (analizando concello a concello) axustado ás  necesidades de urbanización e tipo de solo  de cada enclave costeiro. O veto dos 500 metros paralizou a actividade de numerosas constructoras e promotoras, así coma a tramitación de licencias por parte de alguns concellos, en numerosas áreas do litoral. Todos estes proxectos permanecerán  en stand-by ata que a actual Administración autonómica presente o Plan do Litoral, posiblemente a finais de 2009, segundo as estimacións do propio Goberno galego. A ordenación da costa é, pois, unha das principais asignaturas pendentes do Executivo, que manten paralizada a tramitación e a actividade urbanística á espera dos novos criterios que a Xunta introduza na normativa oficial, que será crucial para a imaxe, a protección paisaxística e a ordenación de novas construccions na costa da Comunidade. Non obstante, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, adelantou no seu  balance dos 100 primeiros días de Goberno que, si é necesario e antes de que se aprobe o plan na  súa totalidade, “se podería ir desbloqueando pouco a pouco parte dos máis de 1.300 kilómetros de costa para construir”. Ante esta posibilidade, o departamento que dirixe Agustín Hernández amósase todavía moi  cauto: “estamos analizando os 85 concellos costeiros de Galicia, concello por concello, para ver cómo está a situación en cada un deles”. De momento, non se atreve a enumerar as zonas que poidan quedar liberadas nos vindeiros meses. Non obstante, sí cabe unha marxe para a flexibilidade, segundo a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras. “Como explicamos, a prohibición de construir a 500 metros de costa mantense  ata a aprobación do plan, para o que estamos analizando pormenorizadamente o solo urbanizable, a superficie pendente de clasificar, onde haberá bolsas de solo  urbanizable, etc… Non obstante, nesta situación podería haber excepcions e insistimos en que serán casos puntuais. Poderemos levantar o veto dos 500 metros para equipamentos públicos de interese xeral en terrenos de solo urbano non consolidado”, Adiantou  o departamento de Agustín Hernández. “Como equipamento de interés público entendemos centros de saude ou vivenda protexida, por exemplo. Pero queremos insistir en que serán casos excepcionais e puntuais, que terán que estar moibien argumentados técnica e xurídicamente para que poidamos levantar o veto dos 500 metros. Serán obras de interese xeral, cuns condicionantes específicos, pero que ninguén pense que será algo xeneralizado, porque podería producirse un malentendido”, añadiron as mesmas fontes. Os  criterios “serán restrictivos”; obraráse por causas de forza maior e se terá en conta a delimitación de solos e  a protección da paisaxe. “Ademáis, daráse  luz verde a proxectos en solo urbano non consolidado, nunca en rústico”, insiste Medio Ambiente. Un dos motivos que podería forzar o incumplimiento puntual da moratoria dos 500 metros pode ser, por exemplo, a dependencia dunha subvención concreta: “se o organismo pertinente corre o risco de perder unha subvención importante e o xustifica, aprobaremos a construcción”.

Os cambios da Lei do Solo atrasarán aínda máis a aprobación do PXOM

Escrito por mpierres o 31 Xullo 2009

La Voz de Galicia. 31/07/2009

O documento redactado terá que adaptarse á modificación da normativa proposta pola Xunta.

A modificación da Lei do Solo exposta pola Xunta para flexibilizar a edificación, sobre todo nos núcleos rurais, obrigará ao Concello de Pontevedra a revisar e adaptar a eses cambios normativos o novo PXOM, cuxa redacción se deu por concluída a finais de xuño.

Como consecuencia, a tramitación do documento volverá atrasarse, segundo recoñeceu onte César Mosquera. El concelleiro convocou para o vindeiro mércores á comisión de Ordenación do Territorio, á que asistirá algún membro do equipo redactor, para analizar o horizonte que se abre coa citada modificación da lei do 2002, en canto a prazos e metodoloxía de traballo.

O primeiro que resaltou Mosquera foi que no borrador non se establece ningún período transitorio que permita seguir tramitando o plan conforme á lexislación anterior para a súa posterior adaptación. é dicir, que cando entre en vigor a nova normativa terá que axustarse a ela «sexa cal fora ou estado en que se atope e necesariamente lle vai a pillar», dixo, salvo que se modifique o borrador da modificación avanzado pola Xunta.

Segundo o responsable municipal de Ordenación do Territorio, os cambios propostos na lei teñen un alcance moi superior aos que se esperaban. Explicou que varían a definición do chan urbano e de chan en núcleo rural, e por arrastre afectará tamén á clasificación dos chans urbanizables e rústicos establecida no novo PXOM, tal como está redactado agora. El concelleiro recalcou que a incidencia da modificación da Lei do Solo, aínda que non masiva, vai ser substancial e elevada. Os núcleos cambian todos e, segundo os seus cálculos, afectaría ao 30 ó 40% da achaiadura, excluíndo o urbano consolidado.

El avance do novo PXOM está agora en fase de estudo polos grupos políticas da corporación. E o obxectivo do goberno local era remitilo á Xunta no mes de setembro para o seu primeiro informe e poder aprobalo inicialmente e expolo ao público a mediados do 2010. Pero esta cronoloxía queda de momento en suspenso.

Enlaces a empregos na rede

Escrito por mpierres o 31 Xullo 2009

Vigo ( anuncio do 31 de Xullo) http://www.opcionempleo.com/job/f73f6adc57f2213b74457ea5938c86d8.html

Tenerife Design Festival

Escrito por mpierres o 27 Xullo 2009

tenerife-designTenerife Design Festival (TDF) é un evento adicado ao deseño que terá lugar do 19 ao 25 de outubro de 2009. TDF fusiona as tendencias actuais do deseño cos grandes rasgos da identidade canaria.

 

TDF plantea o deseño de manera innovadora en base a tres eixos fundamentais contidos nas súas cinco áreas: identidade local, contraste paisaxístico e turismo. Estas cuestións son o  punto de partida fundamental para o establecemento de sinerxias entre os axentes locais e propostas internacionais, consolidando o deseño como ferramenta de cambio e de impulso económico.

Durante esta semana, se levarán a cabo numerosas propuestas, intervencions e outras actividades da man de reputados deseñadores e creadores, procedentes de distintas cidades do mundo. Pensar Tenerife a través do deseño a convertirá nun referente da creatividade.

TDF  estructúrase en cinco áreas diferenciadas: TDFSigno, TDFLab, TDFSolution, TDFAtmósfera e TDFAward.

Máis información en : http://www.tenerifedesignfestival.com

Seminario Internacional de Arquitectura - Lisboa

Escrito por mpierres o 27 Xullo 2009

 

sia10-logo-copy SEMINÁRIO INTERNACIONAL DE ARQUITECTURA

03/10 SETEMBRO 2009

DO VALE AO OCEANO: CASCAIS

ANTONIO JIMENEZ TORRECILLAS (SP)

 JOÃO PEDRO FALCÃO CAMPOS (PT

PEZO VON ELLRICHSHAUSEN (CI)

PAULO DAVID (PT)

STUDIO UP (CRO)

 

 Departamento de Arquitectura - Universidade Autónoma de Lisboa

 

 

 Inscripcións ata o de 30 Xullo 2009 en www.ual.pt


Secretariado: Aura Simão

Departamento de Arquitectura da Universidade Autónoma de Lisboa – Boqueirão dos Ferreiros 11, 1200 Lisboa, Portugal

Tlf +351 213 929 267, fax +351 213 977 164

E-mail dp.arq@universidade-autonoma.pt

 

 Máis información: http://www.sia10.blogspot.com/

 

 

 

 

 

 

Novidades Biblioteca Xullo 09

Escrito por mpierres o 24 Xullo 2009

detail-cubiertas3Neste mes de Xullo entraron como novidades  nos fondos da biblioteca da nosa Delegación os seguintes libros e revistas:

1. Manual de uniones atornilladas laterales.

Autores: Jesús Ortiz, J. Ignacio Hernando y Jaime Cervera.

Editorial: Publicaciones APTA. Cátedra Acero.

2. Revista Detail Nº 5-2009. Cubiertas

3. Obligaciones y responsabilidades en el ámbito de la edificación.

    Edita: Consejo General del Poder Judicial

4. A Modernidade Construída. Arquitectura Galega 1930-1970

     Edita: Xunta de Galicia

5. Habita Inhabit INDIA

Autores: Garam Masala e outros

Edita: Mairea Libros

Enlaces a empregos na rede

Escrito por mpierres o 24 Xullo 2009

Arteixo - A Coruña (oferta do 24 de Xullo) http://www.infojobs.net/ver_oferta.cfm?of_codigo=265720041325015191303951322121&push=1&cat=90&pr=28&ns_campaign=mc.push.VO&ns_mchannel=mail.c.auto&ns_source=push&ns_linkname=VO&ns_fee=0&clickin=1&

Berlín recupera a utopía Bauhaus no seu 90 aniversario

Escrito por mpierres o 21 Xullo 2009

bauhausO museo Martin Gropius de Berlín abriu a exposición El Modelo Bauhaus, unha retrospectiva consagrada ao movemento vanguardista identificado coa utopía, a linealidade e a estética do funcional, dende o seu nacemento fai 90 anos ata que o nazismo o enviou ao exilio, en 1933. Da súa fundación en 1919 por Walter Gropius, en Weimar (este de Alemania), ao traslado e apertura da Escuela Bauhaus á veciña cidade de Dessau, en 1925,ás redadas nazis en Berlín, en 1933: a mostra berlinesa recorre o orixe dun movemento cuio selo quedou impregnado na arquitectura e deseño modernos.
Trátase da primeira exposición xurdida do esforzo coordinado das tres institucions que tutelan o legado Bauhaus en Alemania -a Fundación Clásicos de Weimar, a súa homóloga de Dessau e o Archivo Bauhaus de Berlín-, que estará en Berlín ata outubro tralo cal viaxará ao MoMA de Nova York. Inclue máis de 1.000 obxetos, dende o mobiliario lexendario de Marcel Breuer a maquetas de edificios diseñados por Walter Gropius para a municipalidade de Dessau, aos rompedores deseños do maestro da nova arquitectura Mies van der Rohe.

Recorre asimesmo as múltiples ramificacions do movimento e a sua influencia en correntes artísticas que van do expresionismo, ao futurismo ou o dadaísmo, con Wassily Kandinsky e Paul Klee como máximos expoñentes.

 

O lugar elexido para a exposición é o museo Martin Gropius -tío avó de Walter Gropius-, un edificio de corte neoclásico do século XIX claramente nas antípodas do que se identifica como Bauhaus. O edificio pertenceu aos Gropius e o fundador do movemento encargouse de salvalo da súa demolición, en 1946, tras quedar en pé despois dos bombardeos da Segunda Guerra Mundial. A Neue National Gallerie, obra de Mies van der Rohe e exponente do culto á liña pura, tería unha maior relación coa revolución que representou Bauhaus na arquitectura moderna.

FAREWELL CHAPEL: OFIS ARHITECKTI

Escrito por mpierres o 21 Xullo 2009

chapel6A Farewell Chapel do cemiterio de Krasnja, aldea preto  de Lubiana, é unha obra de OFIS Arhiteckti, estudio de xovenes deseñadores eslovenos liderados por Rok  Oman e  Spela Videcnik.

A capela, construída ao lado do vello cemiterio, non é  confesional. Trátase  dun lugar onde poder aproximarse ao difunto e transcorre o tempo anterior á  sepultura nun ambiente simple e  acolledor. Asimesmo, estará dotado dunha serie de servicios (un gardaroupas, unha cociña e un baño). É un lugar onde poder velar o falecido sen distinción do seu crego e organizar un rito adecuado tamén a opciones laicistas.

 

Unha capela plural pensada para as necesidades e as tradicions dunha pequena comunidade local. OFIS non precisou do asesoramento  dun liturgista, non era preciso, pois o proxecto non o requería.

O proxecto recolle os estímulos propostos polo sitio e dascurvas de nivel da zona. Na  parte traseira  a delimitación a marca unha colina cun bosque, diante  un aterrazamento descendente  cara  o vello cemiterio, sobre o lado unha rampa de enlace entre a plataforma e a cuberta xardin. A forma polo tanto segue as liñas de traxectoria do paisaxe circundante e tres muros formados dividen os espacios envolvendo un pequeno ambiente interior. A curva de mampostería máis externa separa o elemento colinas do corpo construido.

Enlaces a empregos na rede

Escrito por mpierres o 20 Xullo 2009

A Coruña ( oferta do 18 de Xullo, xa publicada o 18 de Xuño) : http://www.trabajar.com/oferta-empleo/arquitecto-a-coruna-237646o

That lineage can be seen in the Rolex Oyster fake watches Perpetual's straightforward and practical design. Legibility is cheap ralph lauren shirts strong and the dial design offers nothing more than is necessary to display the time.