splash
Publicado por admin o 7 junio 2011

Presidente: D. Manuel Abelleira Argibay  presidente.pontevedra@colexiodearquitectos.org
Tesorera: Dña. María Pierres López tesorera.pontevedra@colexiodearquitectos.org
Secretario: D. Wenceslao López Velasco secretario.pontevedra@colexiodearquitectos.org
Podeis contactar directamente con la Junta Directiva a través de la siguiente dirección de correo:
xd.pontevedra@colexiodearquitectos.org

 

Archivado en 2 junio 2009

O concello de Pontevedra termina os trámites urbanísticos da antiga leira de Tafisa

Escrito por admin o 2 junio 2009

26/05/2009 - Agencias (Pontevedra)

Os trámites urbanísticos relativos á antiga leira de Tafisa están terminados. A tenente de alcalde e delegada de Urbanismo, Teresa Casal García, asinou onte, día 25, o oficio polo que se lle notifica ao promotora Grupo Lar Promosa S.A. que xa pode proceder á inscrición no Rexistro da Propiedade do Proxecto de Equidistribución.

O proxecto foi aprobado pola Xunta de Goberno Local o pasado 2 de febreiro e adquiriu firmeza administrativa ao non presentarse ningún recurso.

“Grupo Lar Promosa S.A. está, xa que logo, en condicións de acudir ao Rexistro”, declarou Teresa Casal. O Municipio pasará así a ser propietario dos terreos destinados a viarios, zonas verdes e equipamentos. Teresa Casal mostrou a súa confianza “en que o rexistro da Propiedade non tarde demasiado en proceder ao trámite, tendo en conta que os terreos de Tafisa, antiga propiedade do grupo Sonae, foron vendidos non fai moito á promotora e, xa que logo, tamén rexistrados”.

Unha vez recibida e incorporada ao Patrimonio municipal a parcela destinada ao edificio das Artes, o Municipio terá que iniciar o expediente para materializar a cesión á Universidade en cumprimento do protocolo asinado entre ambas as dúas institucións.

O proxecto de equidistribución prevé que o Municipio será titular de dous espazos para equipamentos de 20.000 metros cadrados (destinado á Universidade) e 594 metros cadrados, respectivamente. Inclúe tamén cinco espazos verdes que van dos 1.763 aos 10.762 metros, ademais das cesións necesarias para a construción dos seis viarios previstos.

Á marxe do proxecto de equidistribución, o Municipio obtivo en cumprimento da normativa urbanística a cesión dun 15,51% do aproveitamento lucrativo, superando de longo o 10% obrigatorio. Esta cesión materialízase nos terreos para a construción dun hotel e os necesarios para a execución dun edificio de vivenda protexida e uso comercial.