replicas de relojes
replicas de relojes splash
Publicado por admin o 7 junio 2011

Presidente: D. Manuel Abelleira Argibay  presidente.pontevedra@colexiodearquitectos.org
Tesorera: Dña. María Pierres López tesorera.pontevedra@colexiodearquitectos.org
Secretario: D. Wenceslao López Velasco secretario.pontevedra@colexiodearquitectos.org
Podeis contactar directamente con la Junta Directiva a través de la siguiente dirección de correo:
xd.pontevedra@colexiodearquitectos.org

 

Archivado en 27 mayo 2009

Visita da Cátedra Josep Lluis Mateo da ETH de Zurich á Delegación

Escrito por admin o 27 mayo 2009

O pasado mes de marzo a Cátedra de proxectos de Josep Lluis Mateo da ETH de Zurich visitou a cidade de Pontevedra , visitando o novo museo, a casa Domínguez de De la Sota, o Centro de Interpretación Arqueolóxica de Campolameiro, o edificio de ciencias da educación ,  e as dependencias da nosa Delegación. 

A visita formaba parte da viaxe que baixo o nome de “Atlántida” pretendía dar a coñecer aos xoves estudiantes suizos a arquitectura moderna e contemporánea de Galicia e do norte de Portugal.

Podedes ver na seguinte galería diferentes imaxes da súa visita.

Alejandro de la Sota: monográficos

Escrito por admin o 27 mayo 2009

sotax2Dende o pasado mes de Abril atópase a disposición dos colexiados os 5 números monográficos da obra de Alejandro de la Sota, sendo o nº 5 un exemplar editado especialmente para a exposición do Pabellón Municipal dos Deportes que ata o día 15 de Maio estará no Pazo da Cultura de Pontevedra.

Os exemplares dispoñibles son os seguintes:

Alejandro de la Sota. 1. Urbanización y poblado de absorción  Fuencarral B. Edita Fundación Alejandro de la Sota, 2006. Español

 

Alejandro de la Sota. 3. Central lechera Clesa. Edita Fundación Alejandro de la Sota, 2007. Español

Alejandro de la Sota. 4. Colegio mayor César Carlos. Edita Fundación Alejandro de la Sota, 2008. Español

Alejandro de la Sota. 5. Pabellón Municipal de Deportes de Pontevedra. Edita Fundación Alejandro de la Sota, 2009. Español

Alejandro de la Sota. 2.Gimnasio Maravillas. Edita Fundación Alejandro de la Sota, 2007. Español

Global Housing Projects: 25 buildings since 1980

Escrito por admin o 27 mayo 2009

81_global20housing_web

Na súa visita do pasado mes de marzo á nosa delegación a cátedra de Josep Lluis Mateo na ETH de Zúrich, donou para a biblioteca un exemplar da nova monografía na colección de Josep Lluís Mateo-ETH Zurich “Architectural Papers” Global Housing Projects. 25 buildings since 1980. Ed. Cátedra de Josep Lluís Mateo, ETH Zürich. Suiza 2008. ISBN 978-84-96954-47-2

A cátedra de Arquitectura de Josep Lluís Mateo na ETH de Zurich examina os derradeiros 25 anos de evolución da vivenda aportando unha selección de 25 proxectos representativos, innovadores e influintes, baixo o prisma do fenómeno económico, social e cultural da globalización.

O volume inclúe análisis e textos de diversos arquitectos coma (entre outros) Charles Correa, Paulo Mendes da Rocha, Jean Nouvel, Alvaro Siza, Rem Koolhaas, Riegler Riewe, Hans Kollhoff, Kazuyo Sejima, MVRDV, Lacaton Vasal, Dietmar Eberle, Herzog & De Meuron y PLOT, e propón novas e importantes pautas para a arquitectura doméstica moderna “La base de una antología es siempre subjetiva (en este caso compartida: muchos agentes diferentes han participado en ella)” (Josep Lluís Mateo, en “Contemporary Historicism”, introducción).

A pegada de Alejandro de la Sota en Pontevedra

Escrito por admin o 27 mayo 2009

Unha exposición repasa o principal traballo do arquitecto na súa cidade natal: o Pabellón Municipal de Deportes

Son moitos os pontevedreses que ainda lembran cando se inaugurou, a principios da década dos anos 70, o pabellón dos deportes da cidade, na rúa Juan Manuel Pintos. Un arquitecto nado en Pontevedra, de gran prestixio en España, era o seu  autor. E son aínda máis os que lamentan a desafortunada remodelación que este edificio sufriu quince anos despois, sobre todo na súa cuberta.

A historia daquela peculiar obra, moi innovadora para a súa época, e os múltiples usos que rexistrou, dende deportivos a culturais, musicais e incluso bailes de disfraces, recréanse nunha exposición aberta onte no Pazo.
Varios inmobles de vivendas, entre eles un na esquina de Riestra con Pastor Díaz, de 1954, algúns edificios da Misión Biolóxica (1949) e, sobre todo, o Pabellón Municipal de Deportes, constituen a obra que o arquitecto Alejandro de la Sota (Pontevedra, 1913-Madrid, 1996) deixou na súa cidade natal. O seu edificio máis emblemático, construido entre 1964 e 1970, é o eixo dunha exposición que abriu onte as súas portas no Pazo da Cultura. Fotografías da construcción, bocetos, planos e outros elementos, foron reunidos polo concello, a Fundación Alejandro de la Sota e o Colexio de Arquitectos para rememorar a súa figura e a súa obra. Na presentación da exposición estaba presente o seu fillo, Juan de la Sota.

Como telón de fondo desta mostra, aa pretensión do concello de recuperar no posible o diseño orixinal do pabellón, especialmente a súa cuberta, que sufriu unha desgraciada remodelación en torno a 1985 que desvirtuou o sentido primitivo do proxecto. O que se ideara coma un teito traslúcido, con luz cenital, transformouse nun “bloque” opaco e desnaturalizado. Pero o diseño orixinal será imposible de recuperar, polo que se aposta por manter aquel “espíritu e filosofía” mediante un concurso de ideas para crear “un pabellón do século XXI”, que respete as actuais normas de accesibilidade e habitabilidade.

De la Sota volcou na arquitectura deportiva boa parte do seu xenio, como o amosa o famoso ximnasio do colexio Maravillas de Madrid, diseñado pouco antes do recinto pontevedrés. O diseño do “Pabellón Polideportivo” desenrolouse  a partir dun proxecto presentado por De la Sota en 1963 para o Concurso de ideas para Instalacións Deportivas promovido pola Delegación Nacional de Educación Física e Deportes. O arquitecto pontevedrés logrou, entre outras distinciones, o primeiro premio. Él mismo explicaba que o obxetivo era conseguir que “o ambiente xeral interior do edificio sexa extraordinariamente sinxelo e tranquilo… que resulte atractivo aos que haberán de usalo como ximnastas ou coma simples espectadores”, cunha iluminación cenital “perfectamente intencionada, unidade de construcción, unidade de cor…” resolto mediante estructuras prefabricadas de formigón. Precisamente esa iluminación cenital é a que se desvirtuou por completo coa remodelación de fai máis de dous décadas.

Co comisariado de Teresa Couceiro, a exposición estará aberta ata o 14 de xuño e estará composta por un total de 70 paneles sobre a obra do arquitecto pontevedrés, así como maquetas dalgúns dos proxectos máis destacados de De la Sota, que se graduou en 1941 na Escola Superior de Arquitectura de Madrid, da que foi profesor entre 1956 e 1972.

A mostra pódese visitar de martes a venres, de 17,00 a 21,00 horas, e os sábados, domingos e festivos de 11,00 a 14,00 e de 17,00 a 21,00 horas.

That lineage can be seen in the Rolex Oyster fake watches Perpetual's straightforward and practical design. Legibility is cheap ralph lauren shirts strong and the dial design offers nothing more than is necessary to display the time.