splash
Publicado por admin o 7 junio 2011

Presidente: D. Manuel Abelleira Argibay  presidente.pontevedra@colexiodearquitectos.org
Tesorera: Dña. María Pierres López tesorera.pontevedra@colexiodearquitectos.org
Secretario: D. Wenceslao López Velasco secretario.pontevedra@colexiodearquitectos.org
Podeis contactar directamente con la Junta Directiva a través de la siguiente dirección de correo:
xd.pontevedra@colexiodearquitectos.org

 

Archivado o mayo, 2009

Peter Zumthor - Premio Pritzker 2009

Escrito por admin o 30 mayo 2009

O premiado co Pritzker 2009, o arquitecto Peter Zumthor, recibiu o galardón o pasado día 30 de Maio na cidade de Bos Aires, acto ao que acudiron máis de 200 persoas.

Trátase da primeira vez que a cerimonia de entrega deste premio lévase a cabo nun país de Suramérica dende que se instituiu o galardón, en 1979.

Zumthor, que durante 30 anos traballou na remota localidade suiza de Haldenstein, únese así a un elitista clube de arquitectos como Philip Johnson, Frank Gehry, Oscar Niemeyer e Zaha Hadid, receptores de edicións anteriores do premio anual.

Protegido: Circular Informativa Nº16/09

Escrito por admin o 29 mayo 2009

Esta entrada está protegida. Para verla, escribe la contraseña:


Escribe la contraseña para ver los comentarios.

A Deputación aprobará a nova ponte sobre o Lérez tras o informe favorable da Xunta

Escrito por admin o 28 mayo 2009

28/05/2009 - Agencias (Pontevedra)

A Deputación de Pontevedra poderá aprobar definitivamente o proxecto de trazado da nova ponte de Monteporreiro sobre o río Lérez, despois de que a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da Consellería de Medio Ambiente comunicoulle o seu ditame favorable á declaración de impacto ambiental.

Segundo o organismo provincial, o informe de Medio Ambiente considera “ambientalmente viable” a actuación proxectada nun dos dous tramos nos que se divide este acceso oeste ao hospital Montecelo e a urbanización de Monte Porreiro.

Os trámites para a construción desta nova infraestrutura viaria que promove a Deputación de Pontevedra foran paralizados o pasado mes de xaneiro polos anteriores responsables da Consellería de Cultura, a través da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, argumentando que a obra provocaba unha afección “bastante crítica” na contorna do mosteiro de San Salvador de Lérez, catalogado como Ben de Interese Cultural.

Por mor deste contratempo, a Deputación redactou unha unha documentación complementaria para xustificar “a non afección do proxecto sobre o mosteiro e a súa contorna. Finalmente, o día 26, a Consellería de Medio Ambiente emitiu o informe que valida a Declaración de Impacto Ambiental, no que se establece que “todos os informes son favorables coa solución proxectada, establecendo diversas cautelas e medidas correctoras co fin de minimizar os impactos”.

Ademais do informe favorable de Medio Ambiente, o proxecto tamén conta co beneplácito de Costas, a Dirección Xeral de Patrimonio, Augas de Galicia, a Dirección Xeral de Saúde Pública e de Conservación dá Natureza, a Demarcación de Estradas do Estado e o Concello de Pontevedra, segundo a Deputación.

O novo viario terá unha lonxitude de 670 metros con dous carrís, máis un carril bici pola marxe dereita do trazado. A ponte que atravesará o río Lérez terá 175 metros e sosterase con dous conxuntos de alicerces con forma de ‘V’ que non afectarán a canle fluvial, segundo o proxecto da Deputación.

Visita da Cátedra Josep Lluis Mateo da ETH de Zurich á Delegación

Escrito por admin o 27 mayo 2009

O pasado mes de marzo a Cátedra de proxectos de Josep Lluis Mateo da ETH de Zurich visitou a cidade de Pontevedra , visitando o novo museo, a casa Domínguez de De la Sota, o Centro de Interpretación Arqueolóxica de Campolameiro, o edificio de ciencias da educación ,  e as dependencias da nosa Delegación. 

A visita formaba parte da viaxe que baixo o nome de “Atlántida” pretendía dar a coñecer aos xoves estudiantes suizos a arquitectura moderna e contemporánea de Galicia e do norte de Portugal.

Podedes ver na seguinte galería diferentes imaxes da súa visita.

Alejandro de la Sota: monográficos

Escrito por admin o 27 mayo 2009

sotax2Dende o pasado mes de Abril atópase a disposición dos colexiados os 5 números monográficos da obra de Alejandro de la Sota, sendo o nº 5 un exemplar editado especialmente para a exposición do Pabellón Municipal dos Deportes que ata o día 15 de Maio estará no Pazo da Cultura de Pontevedra.

Os exemplares dispoñibles son os seguintes:

Alejandro de la Sota. 1. Urbanización y poblado de absorción  Fuencarral B. Edita Fundación Alejandro de la Sota, 2006. Español

 

Alejandro de la Sota. 3. Central lechera Clesa. Edita Fundación Alejandro de la Sota, 2007. Español

Alejandro de la Sota. 4. Colegio mayor César Carlos. Edita Fundación Alejandro de la Sota, 2008. Español

Alejandro de la Sota. 5. Pabellón Municipal de Deportes de Pontevedra. Edita Fundación Alejandro de la Sota, 2009. Español

Alejandro de la Sota. 2.Gimnasio Maravillas. Edita Fundación Alejandro de la Sota, 2007. Español

Global Housing Projects: 25 buildings since 1980

Escrito por admin o 27 mayo 2009

81_global20housing_web

Na súa visita do pasado mes de marzo á nosa delegación a cátedra de Josep Lluis Mateo na ETH de Zúrich, donou para a biblioteca un exemplar da nova monografía na colección de Josep Lluís Mateo-ETH Zurich “Architectural Papers” Global Housing Projects. 25 buildings since 1980. Ed. Cátedra de Josep Lluís Mateo, ETH Zürich. Suiza 2008. ISBN 978-84-96954-47-2

A cátedra de Arquitectura de Josep Lluís Mateo na ETH de Zurich examina os derradeiros 25 anos de evolución da vivenda aportando unha selección de 25 proxectos representativos, innovadores e influintes, baixo o prisma do fenómeno económico, social e cultural da globalización.

O volume inclúe análisis e textos de diversos arquitectos coma (entre outros) Charles Correa, Paulo Mendes da Rocha, Jean Nouvel, Alvaro Siza, Rem Koolhaas, Riegler Riewe, Hans Kollhoff, Kazuyo Sejima, MVRDV, Lacaton Vasal, Dietmar Eberle, Herzog & De Meuron y PLOT, e propón novas e importantes pautas para a arquitectura doméstica moderna “La base de una antología es siempre subjetiva (en este caso compartida: muchos agentes diferentes han participado en ella)” (Josep Lluís Mateo, en “Contemporary Historicism”, introducción).

A pegada de Alejandro de la Sota en Pontevedra

Escrito por admin o 27 mayo 2009

Unha exposición repasa o principal traballo do arquitecto na súa cidade natal: o Pabellón Municipal de Deportes

Son moitos os pontevedreses que ainda lembran cando se inaugurou, a principios da década dos anos 70, o pabellón dos deportes da cidade, na rúa Juan Manuel Pintos. Un arquitecto nado en Pontevedra, de gran prestixio en España, era o seu  autor. E son aínda máis os que lamentan a desafortunada remodelación que este edificio sufriu quince anos despois, sobre todo na súa cuberta.

A historia daquela peculiar obra, moi innovadora para a súa época, e os múltiples usos que rexistrou, dende deportivos a culturais, musicais e incluso bailes de disfraces, recréanse nunha exposición aberta onte no Pazo.
Varios inmobles de vivendas, entre eles un na esquina de Riestra con Pastor Díaz, de 1954, algúns edificios da Misión Biolóxica (1949) e, sobre todo, o Pabellón Municipal de Deportes, constituen a obra que o arquitecto Alejandro de la Sota (Pontevedra, 1913-Madrid, 1996) deixou na súa cidade natal. O seu edificio máis emblemático, construido entre 1964 e 1970, é o eixo dunha exposición que abriu onte as súas portas no Pazo da Cultura. Fotografías da construcción, bocetos, planos e outros elementos, foron reunidos polo concello, a Fundación Alejandro de la Sota e o Colexio de Arquitectos para rememorar a súa figura e a súa obra. Na presentación da exposición estaba presente o seu fillo, Juan de la Sota.

Como telón de fondo desta mostra, aa pretensión do concello de recuperar no posible o diseño orixinal do pabellón, especialmente a súa cuberta, que sufriu unha desgraciada remodelación en torno a 1985 que desvirtuou o sentido primitivo do proxecto. O que se ideara coma un teito traslúcido, con luz cenital, transformouse nun “bloque” opaco e desnaturalizado. Pero o diseño orixinal será imposible de recuperar, polo que se aposta por manter aquel “espíritu e filosofía” mediante un concurso de ideas para crear “un pabellón do século XXI”, que respete as actuais normas de accesibilidade e habitabilidade.

De la Sota volcou na arquitectura deportiva boa parte do seu xenio, como o amosa o famoso ximnasio do colexio Maravillas de Madrid, diseñado pouco antes do recinto pontevedrés. O diseño do “Pabellón Polideportivo” desenrolouse  a partir dun proxecto presentado por De la Sota en 1963 para o Concurso de ideas para Instalacións Deportivas promovido pola Delegación Nacional de Educación Física e Deportes. O arquitecto pontevedrés logrou, entre outras distinciones, o primeiro premio. Él mismo explicaba que o obxetivo era conseguir que “o ambiente xeral interior do edificio sexa extraordinariamente sinxelo e tranquilo… que resulte atractivo aos que haberán de usalo como ximnastas ou coma simples espectadores”, cunha iluminación cenital “perfectamente intencionada, unidade de construcción, unidade de cor…” resolto mediante estructuras prefabricadas de formigón. Precisamente esa iluminación cenital é a que se desvirtuou por completo coa remodelación de fai máis de dous décadas.

Co comisariado de Teresa Couceiro, a exposición estará aberta ata o 14 de xuño e estará composta por un total de 70 paneles sobre a obra do arquitecto pontevedrés, así como maquetas dalgúns dos proxectos máis destacados de De la Sota, que se graduou en 1941 na Escola Superior de Arquitectura de Madrid, da que foi profesor entre 1956 e 1972.

A mostra pódese visitar de martes a venres, de 17,00 a 21,00 horas, e os sábados, domingos e festivos de 11,00 a 14,00 e de 17,00 a 21,00 horas.

Encontros Europeos para a Innovación Urbanística

Escrito por admin o 26 mayo 2009

A Universidade Internacional Menéndez Pelayo achegounos a información relativa a os “Encontros Europeos para la Innnovación Urbanística” que terán lugar do 15 ó 17 de Setembro en Cuenca, co título de “Estrategias para la buena forma de la ciudad: Argumentos para una Urbanística y una Arquitectura del Paisaje”.

Podedes consultar as bases nos seguintes documentos:

Documento 1

Documento 2

CICLO DE PROXECCIÓN DE DOCUMENTAIS DE ARQUITECTURA

Escrito por admin o 26 mayo 2009

CICLO DE PROXECCIÓN DE DOCUMENTAIS DE ARQUITECTURA

O vindeiro mércores día 29 de Outubro comeza un ciclo de proxeccións de documentais de arquitectura en colaboración co CINE CLUB Pontevedra e a Fundación Caja de Arquitectos, e que se levarán a cabo ata o mes de Decembro.

O programa das películas que se proxectarán é o seguinte:

OUTUBRO 2008

 

Día 29 ás 20h. Lugar: Teatro Principal.

 

LUCIO COSTA, BRASILIA E A UTOPÍA MODERNA (76´)

JØRN UTZON, O LÍMITE DO POSIBLE. (56´). 132´. DVD. VOSE.

 

NOVEMBRO 2008

 

Día 5 ás 20H. Lugar: Teatro Principal

LE CORBUSIER. NA INDIA: AHMÉDABAD (52′) e O CAPITOLIO DE CHANDIGARH (48′). DVD. 100´.

 

 

 

 

DECEMBRO 2008

 

Día 10 ás 20h. Lugar: Biblioteca Pública.

NORMAN FOSTER. CONSTRUÍR EL GHERKIN (Building the Gherkin. 90′).

SANTIAGO CALATRAVA. EL SOCIALISTA, EL ARQUITECTO Y LA TURNING TORSO DVD. 150´.

Os interesados en consultar a programación integra do Cine Club Pontevedra, podedes consultala  neste enlace:

Cine Club Octubre - Decembro 2008

Curso Básico CYPE Pontevedra

Escrito por admin o 26 mayo 2009

Do 3 ó 7 de Novembro desenrolaráse en Pontevedra un Curso práctico presencial dirixido a profesionais que non teñan experiencia no manexo do programa , que traballan esporádicamente con él e precisan dun repaso xeral.

O curso constará de 20 horas lectivas e será de Luns a Venres das 16:00 h ás 20:00 h.

O prezo é de 303 euros ( impostos incluídos) e a persoa de contacto é Marcos Pérez: marcosperez@coag.esEste enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver , tlf: 606107709.

Podedes consultar información máis detallada sobre o contido do curso e modo de inscrición no seguinte enlace:

http://www.coagpontevedra.es/images/PDFs/cursopontevedra.pdf