replicas de relojes
replicas de relojes splash
Publicado por admin o 7 Xuño 2011

Presidente: D. Manuel Abelleira Argibay  presidente.pontevedra@coag.es
Tesoreira: Dña. María Pierres López tesorera.pontevedra@coag.es
Secretario: D. Anselmo Villanueva Peón secretario.pontevedra@coag.es
Podedes contactar directamente coa Xunta Directiva a través da seguinte dirección de correo:
xd.pontevedra@coag.es

 

Esta vendo CITAS ANUAIS

El Colexio de Arquitectos dedica su día mundial a ensalzar la belleza patrimonial del Camino

Escrito por mpierres o 2 Outubro 2010

La Voz de Galicia- 2.10.2010

El Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia celebrará el próximo lunes, 4 de octubre, el Día Mundial da Arquitectura bajo el tema Arquitectura e paisaxe nos Camiños de Santiago. Los arquitectos gallegos quieren reivindicar el conjunto artístico y ambiental de los Caminos. Así, cada delegación del Colexio se centrará en tres componentes de la ruta de peregrinación más próxima: un elemento de valor paisajístico del entorno físico, un elemento etnográfico de la arquitectura tradicional y una intervención contemporánea.

En el caso de la delegación de Santiago, los arquitectos dedicarán la jornada al Camino de Fisterra y concretamente al entorno del río Sarela, situado a unos minutos del casco histórico de Santiago. Se ensalzará el espacio natural, que fue sede en los siglos XVIII y el XIX de una manufactura del cuero en la ciudad. Los arquitectos destacarán fundamentalmente la belleza del paisaje natural y también las intervenciones más recientes realizadas en esta zona.

Por otro lado, la delegación de A Coruña trabajará sobre el Camino Inglés, concretamente en Ordes, Betanzos y A Coruña; la delegación de Ferrol se ocupará del entorno de Neda del mismo camino; la de Ourense, de la Vía da Prata (núcleo de Seixalbo); la de Pontevedra, el Portugués (Ponte Sampaio); y la de Vigo, de la zona de Porriño.

Día Mundial da Arquitectura 2010

Escrito por mpierres o 1 Outubro 2010

p92466711

No Día Mundial da Arquitectura 2010 que se celebra o vindeiro luns 4 de Outubro, e co sentir común do COAG de pór en valor, o interese paisaxístico, cultural e arquitectónico do Camiño de Santiago, a súa Delegación en Pontevedra seleccionou un pequeno, e descoñecido para moitos, tramo do Camiño Portugués, no lugar de A Ponte Nova, en Ponte Sampaio, Pontevedra.

O primeiro treito, de pendente pronunciada, introduce ao camiñante de forma case inesperada na natureza máis profusa e salvaxe, entre viñedos e campos de labor, que por uns momentos parece engullilo para logo ofrecerlle unha visión máis clara e calma na que se divisa o entorno do Río Ulló co seu singular bosque de ribeira. A singular experiencia desta parte do camiño significa o seu valor paisaxístico.

A Ponte Nova sobre o Río Ulló, que sustitúe á antiga medieval (coñecida coma Ponte do Pozo Negro) e derrubada tralas riadas do 2006, exemplifica o modelo de actuación nova anque respetuosa co preexistente. Desvinculándose da construción previa, a actuación, non exenta dunha grande dose de valentía, opta polo uso claro dunha linguaxe moderna, con materiais como o aceiro cortén e formigón, e conservando os piares coma únicos vestixios da antiga ponte. A necesaria rehabilitación do entorno, agora deteriorado tralas obras axudará nun futuro á definitiva integración da ponte.

A tradición aparece representada pola presencia dunha antiga calzada romana, nun treito de dimensións notables, e cun excelente grao de conservación. Trátase da antiga calzada romana número XIX que unía Braga con Lugo e Astorga, segundo o itinerario Antonino, e popularmente coñecida coma a “Brea Vella da Canicouva.”

A Xunta Directiva desta Delegación convida así a todos aqueles que queiran acompañalos a coñecer máis de cerca este tramo do camiño. Partirase ás 17:00 horas do día sinalado, 4 de Outubro, dende o cruce das estradas do “Lugar de Catafís” e “Lugar do Souto”. localizacion

Documental “Man on wire” , mércores 16 Decembro no Teatro Principal

Escrito por mpierres o 15 Decembro 2009

man-on-wire1Proxección o vindeiro mércores día 16 de Decembro en dobre sesión de 20:15 e 22:15 no Teatro Principal do filme : Man on wire.

Documental do director James Marsh (EE.UU -2008), recreación das circunstancias que rodearon a xesta de Philippe Petit, o funámbulo que no 1974 camiñou nun cable tendido entre as Torres Xemelgas de Nova York.

Xoves día 29 Outubro: documentais de arquitectura en Caixa Galicia

Escrito por mpierres o 29 Outubro 2009

touretteDía 29 dende ás 18 h. ás 22:00 h. en Fundación Caixa Galicia.

Presentación de cada documental por parte do productor dos mesmos, Gonzalo Herralde.

Documentos interesantes non só pola elección dos edificios seleccionados senón polos comentarios e visión particular que sobre eles teñen os arquitectos que os explican.

18:00 h:  O MUSEO GUGGENHEIM DE BILBAO de Frank Ghery.

18:40 h. O CENTRO GEORGE POMPIDOU de R. Piagno e R. Rogers

19:20 h. A ESTACIÓN SATOLA´S - TGV DE LYON de Santiago Calatrava

20:00 h. O CONVENTO DA TOURETTE DE EVEUX de Le Corbusier

20:00 h. O AUDITORIUM BUILDING DE CHICAGO de L. Sullivan / D. Adler

21:00 h. O EDIFICIO JOHNSON DE RACINE de Frank Lloyd Wright

…..

O MUSEO GUGGENHEIM DE BILBAO de FRANK GHERY

Dirección: Julián Donada.

Con presentación e comentarios gravados de Benedetta Tagliabue.

Xa coñecido polas formas deconstruídas, Gehry concibiu o edificio como unha escultura monumental.

O CENTRO GEORGE POMPIDOU de R. Piano e R. Rogers

Dirección: Richard Copans.

Con presentación e comentarios gravados de Jordi Garcés.

Richard Rogers e Renzo Piano, conciben o edificio como un xigante mecánico que destaca na paisaxe arquitectónica de París.

A ESTACIÓN SATOLA´S- TGV DE LYON de Santiago Calatrava

Dirección: Catherine Adda.

Con presentación e comentarios gravados de Fermín Vázquez. É esta unha enorme estrutura de aceiro atravesada polos TGV que circulan a 300 km/ h.

O CONVENTO DA TOURETTE DE EVEUX de Le Corbusier

Dirección: Richard Copans.

Con presentación e comentarios gravados de Helio Piñón.

Un convento para a Orde dos Dominicos, un lugar de estudo, oración e meditación.

O AUDITORIUM BUILDING DE CHICAGO de L. Sullivan/ D.Adler

Dirección: Stan Neumann.

Con presentación e comentarios gravados de Carlos Ferrater.

O conxunto do Auditorio Building comprendía un hotel, despachos, a maior ópera do mundo e unha sala de espectáculos “democrática” e revolucionaria tanto polas dimensións como pola súa acústica.

O EDIFICIO JOHNSON DE RACINE de Frank Lloyd Wright

Dirección: Frédéric Copain.

Con presentación e comentarios gravados de David Ferrer.

Os edificios administrativos da compañía Johnson son unha das obras mestras de Frank Lloyd Wright, un dos máis grandes arquitectos do século XX.

Mércores día 28: documental Sir John Soane ás 20:00 e 21:30 no Teatro Principal

Escrito por mpierres o 28 Outubro 2009

sir-john-soane

SIR JOHN SOANE. Arquitecto inglés, legado americano

USA. 2005 Director: Murray Grigor.

Colabora no libreto: Juan Navarro Baldeweg.

Sir John Soane (1753- 1837), influíu fondamente nunha xeración de arquitectos de América do Norte, como Henry Cobb, Michael Graves, Philip johnson, Richard Meier, Robert Stern, Dense Scout Brown e Robert Venturi. O documental investiga, dun lado, a influencia clásica en Soane, seguindo os pasos de Roma e Sicilia e, por outro, como a súa particular reinterpretación condicionou os arquitectos norteamericanos que se mantiveron alleos aos ditados do Movemento Moderno.

Cea da Patroa 2009: novo prazo inscrición

Escrito por mpierres o 28 Outubro 2009

O prazo de inscrición para a Cea da Patroa a celebrar este venres día 30 de Outubro, prolongouse ata mañá xoves, día 29 ata as 15:00 h.

Animamos dende aquí a todos os colexiados á súa participación na cea e no acto de homenaxe aos colexiados que este ano cumpren 50 e 25 anos de colexiación.

Cea da Patroa 2009

Escrito por mpierres o 26 Outubro 2009

Lémbrase aos colexiados que hoxe luns 26 de Outubro é o derradeiro día para inscribirse á Cea da Patroa e presentar o xustificante do ingreso de 50 € por persoa.

50 anos de colexiados

Escrito por mpierres o 26 Outubro 2009

Os arquitectos colexiados na nosa delegación que no ano 2009 cumpriron 50 anos de colexiados son:

Alfonso Barreiro Buján

Joaquín Basilio Bas

Manuel Nieto Caballero

Mércores día 21: documental Charles Correa ás 20:00 e 21:30 no Teatro Principal

Escrito por mpierres o 19 Outubro 2009

mércores día 21 de Outubro en dobre sesión ás 20:00 h e ás 21:30h proxectaráse, no Teatro Principal, un novo documental de arquitectura , neste caso será o adicado á obra e vida de Charles Correa, baixo o título deVOLUMEN CERO. A duración do documental é de 58′ min. Entrada gratuita e aberta ao público en xeral.

Extracto: Charles Correa é un dos arquitectos contemporáneos máis recoñecidos pola súa adaptación da arquitectura moderna á cultura non occidental, investigando solucións aos problemas do Sur. Formado na Universidade de Michigan e o MIT de Cambridge (USA), ten varios premios internacionais.

Cea da Patroa 2009

Escrito por mpierres o 13 Outubro 2009

pazo-da-touza-85453

A Delegación en Pontevedra do COAG convoca o venres, día 30 de outubro, a todos os seus colexiados á tradicional Cea que como cada ano celébrase con motivo da nosa Patroa, Nosa Señora de Belén.

Será unha oportunidade para reunirnos, dar a benvida a todos os novos colexiados e celebrar cun pequeno acto de homenaxe os 25 e 50 anos de colexiación dos compañeiros máis veteranos.

A cea terá lugar no Pazo da Touza ( Nigrán ), e dará comezo ás 21:30 h. Será servida polo equipo dirixido por Nuria Cervera, xoven chef formada na Cordon Bleu de Paris e antiga colaboradora de Sergi Arola.

O custo será de 55 € por persoa tanto para colexiados como acompañantes, contando cun servicio de autobús ( incluído no prezo ) de ida e de volta. Hora de saída 20:30 h dende a Praza de Galicia e volta programada para as 2:00 h.

Existe a posibilidade de pernoctar nas habitacións das que dispón o Pazo, 6 dobres e 1 suite.

O prezo, especial para os nosos colexiados, é de 75€ + IVA para as habitacións dobres, e de 85€ + IVA para a Suite ( almorzos incluídos nos prezos ).

Para confirmar a asistencia haberá que presentar o xustificante de pago do ingreso antes das 15:00 h do venres 23 de outubro no nº de conta: 0130.3002.47.0100654187 da Caixa Geral de Depósitos.

Así mesmo será imprescindible indicar se se fará uso do servicio de autobús.

Nota: A reserva das habitacións haberá que solicitala por escrito previamente para confirmar a súa dispoñibilidade, outorgándose por rigurosa orde de inscrición. Contacto: coagpontevedra@coag.es

pazo-da-touza

MENÚ

Aperitivos:

Foie con mermelada de cerezas y pan de maíz dulce
Tempura de pimiento verde en nidos
Tempura de seta shiitake
Saquitos de queso provolone y boletus
Croquetas de jamón ibérico
Mini quiche de pesto, tomate y mozzarella
Brocheta de Langostino Romesco

Entrante:
Ensalada de langostinos y queso de cabra caramelizado con vinagreta de manzana.
Plato:
Meloso de Ternera con Puré de patata-oliva y salsa de oporto
Postre:
Milhoja de almendra con crema de arroz con leche y crepes tibios de piña

Café y Bebidas (copas no incluídas)
That lineage can be seen in the Rolex Oyster fake watches Perpetual's straightforward and practical design. Legibility is cheap ralph lauren shirts strong and the dial design offers nothing more than is necessary to display the time.