splash
Publicado por mpierres o 10 Agosto 2010

http://www.coagpontevedra.es/?p=3938

Hoxe, martes, día 10 de Agosto, saíu publicado na web do Concello de Pontevedra o anuncio e bases que rexirán o CONCURSO CON INTERVENCIÓN DE JURADO PARA LA SELECCIÓN DEL ANTEPROYECTO DE REHABILITACIÓN DE ZONA DEGRADADA POR LAS TRASERAS DE LOS EDIFICIOS DE LA MANZANA 135 DE PONTEVEDRA, FRENTE AL SANTUARIO DE LA VIRGEN PEREGRINA.
O fin [...]

 

Esta vendo documentais

Cineclube Pontevedra: hoxe 3 de Marzo, proxección do filme “Koolhas Houselife”

Escrito por mpierres o 18 Febreiro 2010

cineclub1Proxección da película “Koolhas Houselife” o día 3 de Marzo no Teatro Principal en dobre sesión, ás 20.30h e ás 22.15h.

A película vai máis alá que mostrar a “Casa de Burdeos”, especialmente deseñada polo arquitecto Koolhas, para que o seu dono, en cadeira de rodas logo dun accidente, puidese moverse libremente. Todo é automático. Os documentalistas miran a obra a través da Señora Acedo, estremeña e ama de chaves, que ten que mirar que todo funcione e estea limpo. Hai unha fugaz referencia a “Meu tío”.

Ao remate, poráse un corto de 12min no que hai unha entrevista co arquitecto: un dos deuses da arquitectura ao que non lle gusta a visión pragmática da asistenta..

Nota: o acceso nesta ocasión conleva o pago de 2,4 €.

Proxección hoxe día 9 as 20:30 no Teatro Principal : Man on wire

Escrito por mpierres o 9 Febreiro 2010

O cineclube Pontevedra achegounos o aviso de que hoxe, Día 9 ás 20.30h no Teatro Principal proxectarase en colaboración co Salón do Libro o filme dentro do tema: “a cidade”: Man on wire. 35mm.

VOSE. 94min.

Documental. Recreación das circunstancias que rodearon a xesta de Philippe Petit, o funámbulo que no 1974 camiñou nun cable tendido entre as Torres Xemelgas de Nova York.

A entrada será gratuita.

Desculpas da Comisión de Cultura

Escrito por mpierres o 17 Decembro 2009

A Comisión de Cultura pide desculpas dende aquí a todos os colexiados que no día de onte se achegaron ata o Teatro Principal, posto que a proxección do filme Man on Wire anunciada nos programas para o día 16 de Decembro , tivo lugar o pasado luns 14 de Decembro.

Un problema na recepción dun mail co CineClube Pontevedra, advertindo do cambio de data,  foi a causa de dito erro.

Rogamos disculpedes as molestias ocasionadas.

María Pierres

Comisión de Cultura



Documental “Man on wire” , mércores 16 Decembro no Teatro Principal

Escrito por mpierres o 15 Decembro 2009

man-on-wire1Proxección o vindeiro mércores día 16 de Decembro en dobre sesión de 20:15 e 22:15 no Teatro Principal do filme : Man on wire.

Documental do director James Marsh (EE.UU -2008), recreación das circunstancias que rodearon a xesta de Philippe Petit, o funámbulo que no 1974 camiñou nun cable tendido entre as Torres Xemelgas de Nova York.

Hoxe 2 de Novembro: documentais de arquitectura na Fundación Caixa Galicia dende as 18:00h ás 22:00 h.

Escrito por mpierres o 2 Novembro 2009

Hoxe 2 de Novembro retómase o ciclo de documentais iniciado no mes de outubro, neste caso na Fundación Caixa Galicia, nunha sesión continua dende as 18:00h ás 22:00 h.

O programa é o seguinte:

18:00 h: O Centro Municipal de Säynatsälo de Alvar Aalto.

Presentación e comentarios gravados de Oscar Tusquets

18:40 h. A Casa Milá de Barcelona, de Antoni Gaudí.

Presentación e comentarios gravados de Federico Correa

19:20 h. A Escola de Arquitectura de O Porto de Alvaro Siza.

Presentación e comentarios gravados de Beth Galí

20:00 h. A Bauhaus de Dessau de Walter Gropius.

Presentación e comentarios gravados de Oriol Bohigas

20:40 h. Os Ximnasios Olímpicos de Yoyogui de Kenzo Tange.

Presentación e comentarios gravados de Robert Brufau

21:20 h. A Caixa de Aforros de Viena, de Otto Wagner.

Presentación e comentarios gravados de Josep María Montaner

Ciclo documentais e películas novembro-decembro 2009

Escrito por mpierres o 1 Novembro 2009

En continuidade co ciclo de documentais levados a cabo no mes de outubro e co gallo da celebración do Día Mundial da Arquitectura, programáronse as seguintes proxeccións:

Luns día 2 de Novembro dende ás 18 h. ás 22:00 h. na Fundación Caixa Galicia:

Documentos interesantes non só pola elección dos edificios seleccionados senón polos comentarios e visión particular que sobre eles teñen os arquitectos que os explican.

18:00 h: O Centro Municipal de Säynatsälo de Alvar Aalto.

18:40 h. A Casa Milá de Barcelona, de Antoni Gaudí.

19:20 h. A Escola de Arquitectura de O Porto de Alvaro Siza.

20:00 h. A Bauhaus de Dessau de Walter Gropius.

20:40 h. Os Ximnasios Olímpicos de Yoyogui de Kenzo Tange.

21:00 h. A Caixa de Aforros de Viena, de Otto Wagner.

…..

Día 16 de Decembro ás 20.15 e ás 22.15 h no Teatro Principal

Man on wire. VOSE. Duración : 94 min

Xoves día 29 Outubro: documentais de arquitectura en Caixa Galicia

Escrito por mpierres o 29 Outubro 2009

touretteDía 29 dende ás 18 h. ás 22:00 h. en Fundación Caixa Galicia.

Presentación de cada documental por parte do productor dos mesmos, Gonzalo Herralde.

Documentos interesantes non só pola elección dos edificios seleccionados senón polos comentarios e visión particular que sobre eles teñen os arquitectos que os explican.

18:00 h:  O MUSEO GUGGENHEIM DE BILBAO de Frank Ghery.

18:40 h. O CENTRO GEORGE POMPIDOU de R. Piagno e R. Rogers

19:20 h. A ESTACIÓN SATOLA´S - TGV DE LYON de Santiago Calatrava

20:00 h. O CONVENTO DA TOURETTE DE EVEUX de Le Corbusier

20:00 h. O AUDITORIUM BUILDING DE CHICAGO de L. Sullivan / D. Adler

21:00 h. O EDIFICIO JOHNSON DE RACINE de Frank Lloyd Wright

…..

O MUSEO GUGGENHEIM DE BILBAO de FRANK GHERY

Dirección: Julián Donada.

Con presentación e comentarios gravados de Benedetta Tagliabue.

Xa coñecido polas formas deconstruídas, Gehry concibiu o edificio como unha escultura monumental.

O CENTRO GEORGE POMPIDOU de R. Piano e R. Rogers

Dirección: Richard Copans.

Con presentación e comentarios gravados de Jordi Garcés.

Richard Rogers e Renzo Piano, conciben o edificio como un xigante mecánico que destaca na paisaxe arquitectónica de París.

A ESTACIÓN SATOLA´S- TGV DE LYON de Santiago Calatrava

Dirección: Catherine Adda.

Con presentación e comentarios gravados de Fermín Vázquez. É esta unha enorme estrutura de aceiro atravesada polos TGV que circulan a 300 km/ h.

O CONVENTO DA TOURETTE DE EVEUX de Le Corbusier

Dirección: Richard Copans.

Con presentación e comentarios gravados de Helio Piñón.

Un convento para a Orde dos Dominicos, un lugar de estudo, oración e meditación.

O AUDITORIUM BUILDING DE CHICAGO de L. Sullivan/ D.Adler

Dirección: Stan Neumann.

Con presentación e comentarios gravados de Carlos Ferrater.

O conxunto do Auditorio Building comprendía un hotel, despachos, a maior ópera do mundo e unha sala de espectáculos “democrática” e revolucionaria tanto polas dimensións como pola súa acústica.

O EDIFICIO JOHNSON DE RACINE de Frank Lloyd Wright

Dirección: Frédéric Copain.

Con presentación e comentarios gravados de David Ferrer.

Os edificios administrativos da compañía Johnson son unha das obras mestras de Frank Lloyd Wright, un dos máis grandes arquitectos do século XX.

Mércores día 28: documental Sir John Soane ás 20:00 e 21:30 no Teatro Principal

Escrito por mpierres o 28 Outubro 2009

sir-john-soane

SIR JOHN SOANE. Arquitecto inglés, legado americano

USA. 2005 Director: Murray Grigor.

Colabora no libreto: Juan Navarro Baldeweg.

Sir John Soane (1753- 1837), influíu fondamente nunha xeración de arquitectos de América do Norte, como Henry Cobb, Michael Graves, Philip johnson, Richard Meier, Robert Stern, Dense Scout Brown e Robert Venturi. O documental investiga, dun lado, a influencia clásica en Soane, seguindo os pasos de Roma e Sicilia e, por outro, como a súa particular reinterpretación condicionou os arquitectos norteamericanos que se mantiveron alleos aos ditados do Movemento Moderno.

Mércores día 21: documental Charles Correa ás 20:00 e 21:30 no Teatro Principal

Escrito por mpierres o 19 Outubro 2009

mércores día 21 de Outubro en dobre sesión ás 20:00 h e ás 21:30h proxectaráse, no Teatro Principal, un novo documental de arquitectura , neste caso será o adicado á obra e vida de Charles Correa, baixo o título deVOLUMEN CERO. A duración do documental é de 58′ min. Entrada gratuita e aberta ao público en xeral.

Extracto: Charles Correa é un dos arquitectos contemporáneos máis recoñecidos pola súa adaptación da arquitectura moderna á cultura non occidental, investigando solucións aos problemas do Sur. Formado na Universidade de Michigan e o MIT de Cambridge (USA), ten varios premios internacionais.

Mércores día 7: documental Hans Scharoun ás 20:00 e 21:30 no Teatro Principal

Escrito por mpierres o 6 Outubro 2009

Recordade que o mércores día 7 de Outubro en dobre sesión ás 20:00 h e ás 21:30 h dará comezo o ciclo de documentais de arquitectura organizado pola Delegación e en colaboración co CINE CLUBE Pontevedra e a Fundación Caja de Arquitectos. O primeiro documental será o adicado á obra e vida de Hans Scharoun, baixo o título de ARQUITECTURA IMAXINARIA. A duración do documental é de 65 min. Entrada gratuita e aberta ao público en xeral. Extracto: Scharoun (1893-1972), coñecido polo deseño da Filharmónica de Berlín e a “Casa Schmincke” (1932- 1933) en Löbau, construíu as bases do Funcionalismo. Este documental recapitula a súa vida de arquitecto con exemplos cronolóxicamente seleccionados.