Presidente: D. Manuel Abelleira Argibay presidente.pontevedra@colexiodearquitectos.org
Tesoreira: Dña. María Pierres López tesorera.pontevedra@colexiodearquitectos.org
Secretario: D. Wenceslao López Velasco secretario.pontevedra@colexiodearquitectos.org
Podedes contactar directamente coa Xunta Directiva a través da seguinte dirección de correo:
xd.pontevedra@colexiodearquitectos.org
Esta vendo Argentina
Casa View, Kentucky Club de Campo, Rosario - Arxentina
Situada nas aforas de Rosario -na paisaxe pampeana arxentino- a Casa View está deseñada a partir das posibilidades e as limitacions de novos usos residenciais en áreas tradicionalmente rurais.
O solar de 2113 m2 ten unha privilexiada posición periférica en esquina fronte a un gran monte de eucaliptos.
A casa concíbese como un obxeto sensible posado na chaira; posee unha lóxica propia pero é capaz de informarse e relacionarse coas características específicas do lugar.
Está condicionada por dous desexos contradictorios:
1. establecer relacions entre os espacios interiores domésticos e a escala da paisaxe.
2. lograr condicions de privacidade visual con respecto a futuras casas veciñas.
A percepción da paisaxe circundante organiza o programa como unha sucesión de espacios continuos nunha espiral ascendente de 360° que acompaña o desenrolo do horizonte. Estes espacios conforman unha masa compacta de dous niveis con unha pisada pequena sobre o solo. A complexidade formal e tectónica da casa resulta da repetición de catro erosións xeométricas alternadas en cada cadrante da masa que reforzan o sentido rotacional do proxecto e colaboran tamén coas demandas tectónicas da envolvente de formigón. En estes vértices, a masa comprímese cara abaixo ou ben despega do solo, percibíndose como leve ou pesada a medida que se rodea.
As fachadas son unha sucesión dinámica de superficies continuas e desxerarquizadas onde cada plano de fachada vaise transformando sucesivamente en principal e deixa ver superficies oblicuas que anticipan a fachada seguinte.
Como resultado de enmarcar as mellores vistas do paisaxe e prever a ubicación de futuras casas veciñas as aberturas toman unha disposición rotacional e alternada, comenzando coa galería de acceso en planta baixa cara o oeste, e culminando na ventá da habitación principal que mira cara o leste e cara o monte de eucaliptos. Na definición das aberturas tamén se tivo en conta a reducción de demandas enerxéticas ao controlar seu receso con respecto a fachada, facilitar ventilacions cruzadas e proveer luz natural. Ao variar en orientación, altura e profundidade, cada abertura captura un tipo de luz e visión distinta da paisaxe, proporcionando unha variedade de relacions entre interior e exterior.
Interiormente, a sucesión de operacions formais e o encuadre das aberturas causan impresions volumétricas e visuais que tensan o espacio no sentido da circulación e conforman unha paisaxe interior continuo de superficies, vistas e efectos lumínicos.
A cáscara de formigón exterior construiuse utilizando técnicas locais -habituais na construcción de silos- e a súa terminación rústica expon as marcas da súa execución. En contraste, o interior da casa é delicado e suave. Os pisos graníticos pulidos da planta baixa se distinguen das paredes e ceorrasos só pola súa reflectividade. Os marcos de aluminio anodizado negro enmarcan os tonos verdes e azuis da paisaxe, que contrastan coa atmósfera interior e a tinguen levemente. Nos espacios máis íntimos da planta alta os pisos cúbrense con madeira de Lapacho, creando un novo contraste coas paredes e ceorrasos.
Como culminación do recorrido da casa, unha escaleira exterior de formigón conduce a un mirador panorámico na terraza dende onde a paisaxe circundante se redescubre na súa totalidade, dende unha nova altura.
Casa View
Ubicación: Rosario, Argentina (Kentucky Club de Campo)
Proyecto: 2004-2005
Construcción: 2006-2009
Superficie del Terreno: 2113 m2
Superficie Cubierta: 296 m2
Superficie Semi Cubierta: 65 m2
Proyecto: JOHNSTON MARKLEE + DIEGO ARRAIGADA ARQUITECTO
Arquitectos: Diego Arraigada, Mark Lee, Sharon Johnston
Colaboradores: Juliana Esposito , Jeff Adams, Pablo Gamba, Nazarena Infante, Nadia Carassai, Anne Rosenberg, Anton Schneider
Cliente: Lucas Ma
Ingeniero Estructural: Ing. Gonzalo Garibay
Empresa Constructora: MECSA , Ing. Gustavo Micheletti
Materiales:
Exterior de hormigón visto de tablas.
Carpinterías de aluminio anodinado negro.
Interiores de yeso artesanal.
Pisos de hormigón llaneado y mosaicos graníticos pulidos.
Madera de Lapacho.

