splash
Publicado por mpierres o 10 Agosto 2010

http://www.coagpontevedra.es/?p=3938

Hoxe, martes, día 10 de Agosto, saíu publicado na web do Concello de Pontevedra o anuncio e bases que rexirán o CONCURSO CON INTERVENCIÓN DE JURADO PARA LA SELECCIÓN DEL ANTEPROYECTO DE REHABILITACIÓN DE ZONA DEGRADADA POR LAS TRASERAS DE LOS EDIFICIOS DE LA MANZANA 135 DE PONTEVEDRA, FRENTE AL SANTUARIO DE LA VIRGEN PEREGRINA.
O fin [...]

 

Esta vendo Cultura

Cumprimos un ano!

Escrito por mpierres o 21 Xuño 2010

velasXa fai un ano que empezamos esta nova aventura …

É hora de botar a vista cara atrás e reflexionar sobre o ano que pasou..

Ano de moitos sobresaltos, de moitas incertidumes, esforzos, novas, cambios,…

Nós, coa mudanza do “sitio”, gañamos en lectores, en visitas..comprobando que a xente de a pé , está interesada e demanda arquitectura , cada vez máis, coma un valor engadido…

Más de 38.000 persoas visitaron as nosas páxinas, xerando 94.000 visitas.. Dende o comezo cuadriplicouse o número de entradas diarias, cunha tendencia sempre crecente…

Gracias A TODOS.  A quenes enviastes os vosos comentarios, a quenes fixestes suxerencias de melloras, e especialmente a todos os que día a día ledes os novos contidos…

Seguiremos traballando…

Proxecto Terra: O Río cabe, de visita por Ferrolterra

Escrito por mpierres o 4 Maio 2010

proxecto-terraDentro del Proxecto Terra, del Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, los alumnos de 3º de ESO del I.E.S. Río Cabe hicieron un viaje de estudios a Ferrol y a las Fragas do Eume. Los escolares efectuaron una travesía marítima por la ría de Ferrol, sufragada por el concello ferrolano, así como visitaron los barrios de Ferrol Vello y de la Magdalena, donde pudieron valorar diversas cuestiones relacionadas con el urbanismo y el patrimonio arquitectónico, materias en las que trabajan durante el curso. La visita a las Fragas do Eume completó el viaje.

Comisión de Cultura: selección de arquitectos-guía de visitas á cidade da cultura

Escrito por mpierres o 18 Marzo 2010

A Fundación Cidade da Cultura e o C.O.A.G. convocan un proceso de selección de arquitectos colexiados co fin de procurar a guía máis completa posible das visitas que a Cidade da Cultura recibirá neste ano 2010 de, entre outros, institucións e colectivos profesionais como arquitectos, enxeñeiros e outros. O programa contempla a selección dun número fixo de colexiados que poidan ofrecer a dispoñibilidade e competencias necesarias, e a formación dunha lista de interesados que poidan ser chamados a incorporarse de xeito puntual a estes traballos.

DOCUMENTACION

Terase en conta:

  • Coñecemento e dominio en linguas estranxeiras. Aportando fotocopia do xustificación da titulación correspondente.
  • Coñecementos especiais en Historia da Arquitectura e Construción.
  • Fotocopia do expediente académico mediante a presentación do mesmo compulsado.
  • Capacidade de comunicación.

PRESENTACION PROPOSTAS

A presentación da documentación das propostas poderase realizar ata as 14 horas do día 5 de abril, na Sede ou Delegacións do COAG.

CONSULTAS

Calquera consulta sobre o contido da convocatoria, poderanse dirixir á Comisión de Cultura do COAG ben chamando ao 981552400 (Ext. 6) ou ben remitindo un correo electrónico a:

comisioncultura@colexiodearquitectos.org

SELECCIÓN

A comisión de selección estará formado pola Sra. Directora-Xerente -ou persoa en quen delegue- e outro membro a designar por parte da Fundación Cidade da Cultura de Galicia, e polo Sr. Decano-Presidente -ou persoa en quen delegue- e un membro da Comisión de Cultura por parte do COAG.

Dita comisión reunirase antes de trinta días dende a data límite de presentación da documentación dos candidatos, podendo realizar entrevista persoal con aqueles candidatos que estime oportuno. En caso de ser necesario, para verificar a congruencia da documentación presentada xunto coa proposta, poderase requirir a aportación de documentos orixinais.

Os colexiados interesados que aporten competencias específicas (idioma extranxeiro de pouca difusión, p.ex.) poderán incorporarse a unha lista pra poder recabar a sua colaboración en caso de grupos que fagan necesarias as competencias especiais anteditas.

CARACTERÍSTICAS DO TRABALLO A DESENVOLVER

Recibir ás visitas de grupos de índole técnica ou artística, que requiran dunha guía especializada en Arquitectura.

O colexiado encargado da visita encargarase de guiar a mesma polas obras e edificios da Cidade da Cultura de Galicia, no monte Gaiás de Santiago de Compostela (duración estimada entre 2 e 3 horas) explicando tódolos aspectos de interese do proxecto e as obras. Para elo os seleccionados recibirán da parte da Fundación material de apoio suficiente, e deberán completar un programa de información e formación (mínimo duas visitas completas e unha reunión previa a cada unha de elas) -non retribuido-, que lles transmita os coñecementos mínimos sobre cualificación da información recibida, temporalización das visitas e sobre da organización das obras para poder desenvolver as tarefas anteditas.

A explicación deberá con frecuencia desenvolverse en lingua extranxeira.

As características dos grupos de visitantes fan moi probable a necesidade de desenvolver os traballos en datas da fin de semana.

RETRIBUCION

Retribuirase economicamente por visita realizada (Estímase un importe de 200 euros por visita). De realizarse varios traballos poderase reclamar pola Fundación a emisión dunha única factura mensual, na que se incluirán ademais a compensación por gastos de desprazamento desde a demarcación á que pertenza cada colexiado.

 

 

 

 

 

 

 

 

Desculpas da Comisión de Cultura

Escrito por mpierres o 17 Decembro 2009

A Comisión de Cultura pide desculpas dende aquí a todos os colexiados que no día de onte se achegaron ata o Teatro Principal, posto que a proxección do filme Man on Wire anunciada nos programas para o día 16 de Decembro , tivo lugar o pasado luns 14 de Decembro.

Un problema na recepción dun mail co CineClube Pontevedra, advertindo do cambio de data,  foi a causa de dito erro.

Rogamos disculpedes as molestias ocasionadas.

María Pierres

Comisión de Cultura



Documental “Man on wire” , mércores 16 Decembro no Teatro Principal

Escrito por mpierres o 15 Decembro 2009

man-on-wire1Proxección o vindeiro mércores día 16 de Decembro en dobre sesión de 20:15 e 22:15 no Teatro Principal do filme : Man on wire.

Documental do director James Marsh (EE.UU -2008), recreación das circunstancias que rodearon a xesta de Philippe Petit, o funámbulo que no 1974 camiñou nun cable tendido entre as Torres Xemelgas de Nova York.

Cumprimos 6 meses!!!

Escrito por mpierres o 1 Decembro 2009

cumple-6-mesesEstamos de celebración! A nosa web cumpre os seus primeiros 6 meses de vida, e aínda que queda moito por facer, e mellorar, os datos non poden ser mellores. Conquerimos subir día a día o número de visitas e de usuarios, aumentando preto dun 83% a actividade dende os tres primeiros meses. Hoxe somos preto de 150 usuarios diarios, algo máis que reseñable para unha Delegación de apenas 300 colexiados, conseguindo chegar a usuarios de 63 paises en todo o mundo.

Somos a primeira web colexial que incrúe publicidade nas súas páxinas, algo que, sen a colaboración de todos os que nos visitades,e por suposto das empresas locais que nos amosaron seu apoio non sería posible conquerir. Gracias pola confianza, e gracias especiais a aqueles que contribuides enviando información, suxerencias, comentarios ou artigos. (Diego, Isa, Rapha, Marcos..) GRACIAS!

A webmaster, María Pierres

Ciclo documentais e películas novembro-decembro 2009

Escrito por mpierres o 1 Novembro 2009

En continuidade co ciclo de documentais levados a cabo no mes de outubro e co gallo da celebración do Día Mundial da Arquitectura, programáronse as seguintes proxeccións:

Luns día 2 de Novembro dende ás 18 h. ás 22:00 h. na Fundación Caixa Galicia:

Documentos interesantes non só pola elección dos edificios seleccionados senón polos comentarios e visión particular que sobre eles teñen os arquitectos que os explican.

18:00 h: O Centro Municipal de Säynatsälo de Alvar Aalto.

18:40 h. A Casa Milá de Barcelona, de Antoni Gaudí.

19:20 h. A Escola de Arquitectura de O Porto de Alvaro Siza.

20:00 h. A Bauhaus de Dessau de Walter Gropius.

20:40 h. Os Ximnasios Olímpicos de Yoyogui de Kenzo Tange.

21:00 h. A Caixa de Aforros de Viena, de Otto Wagner.

…..

Día 16 de Decembro ás 20.15 e ás 22.15 h no Teatro Principal

Man on wire. VOSE. Duración : 94 min

Comisión de Cultura

Escrito por admin o 26 Maio 2009

Actualmente a Comisión de Cultura atópase presidida pola colexiada María Pierres López.