replicas de relojes
replicas de relojes splash
Publicado por admin o 7 Xuño 2011

Presidente: D. Manuel Abelleira Argibay  presidente.pontevedra@coag.es
Tesoreira: Dña. María Pierres López tesorera.pontevedra@coag.es
Secretario: D. Anselmo Villanueva Peón secretario.pontevedra@coag.es
Podedes contactar directamente coa Xunta Directiva a través da seguinte dirección de correo:
xd.pontevedra@coag.es

 

Esta vendo Día Mundial da Arquitectura

Xoves día 29 Outubro: documentais de arquitectura en Caixa Galicia

Escrito por mpierres o 29 Outubro 2009

touretteDía 29 dende ás 18 h. ás 22:00 h. en Fundación Caixa Galicia.

Presentación de cada documental por parte do productor dos mesmos, Gonzalo Herralde.

Documentos interesantes non só pola elección dos edificios seleccionados senón polos comentarios e visión particular que sobre eles teñen os arquitectos que os explican.

18:00 h:  O MUSEO GUGGENHEIM DE BILBAO de Frank Ghery.

18:40 h. O CENTRO GEORGE POMPIDOU de R. Piagno e R. Rogers

19:20 h. A ESTACIÓN SATOLA´S - TGV DE LYON de Santiago Calatrava

20:00 h. O CONVENTO DA TOURETTE DE EVEUX de Le Corbusier

20:00 h. O AUDITORIUM BUILDING DE CHICAGO de L. Sullivan / D. Adler

21:00 h. O EDIFICIO JOHNSON DE RACINE de Frank Lloyd Wright

…..

O MUSEO GUGGENHEIM DE BILBAO de FRANK GHERY

Dirección: Julián Donada.

Con presentación e comentarios gravados de Benedetta Tagliabue.

Xa coñecido polas formas deconstruídas, Gehry concibiu o edificio como unha escultura monumental.

O CENTRO GEORGE POMPIDOU de R. Piano e R. Rogers

Dirección: Richard Copans.

Con presentación e comentarios gravados de Jordi Garcés.

Richard Rogers e Renzo Piano, conciben o edificio como un xigante mecánico que destaca na paisaxe arquitectónica de París.

A ESTACIÓN SATOLA´S- TGV DE LYON de Santiago Calatrava

Dirección: Catherine Adda.

Con presentación e comentarios gravados de Fermín Vázquez. É esta unha enorme estrutura de aceiro atravesada polos TGV que circulan a 300 km/ h.

O CONVENTO DA TOURETTE DE EVEUX de Le Corbusier

Dirección: Richard Copans.

Con presentación e comentarios gravados de Helio Piñón.

Un convento para a Orde dos Dominicos, un lugar de estudo, oración e meditación.

O AUDITORIUM BUILDING DE CHICAGO de L. Sullivan/ D.Adler

Dirección: Stan Neumann.

Con presentación e comentarios gravados de Carlos Ferrater.

O conxunto do Auditorio Building comprendía un hotel, despachos, a maior ópera do mundo e unha sala de espectáculos “democrática” e revolucionaria tanto polas dimensións como pola súa acústica.

O EDIFICIO JOHNSON DE RACINE de Frank Lloyd Wright

Dirección: Frédéric Copain.

Con presentación e comentarios gravados de David Ferrer.

Os edificios administrativos da compañía Johnson son unha das obras mestras de Frank Lloyd Wright, un dos máis grandes arquitectos do século XX.

Mércores día 21: documental Charles Correa ás 20:00 e 21:30 no Teatro Principal

Escrito por mpierres o 19 Outubro 2009

mércores día 21 de Outubro en dobre sesión ás 20:00 h e ás 21:30h proxectaráse, no Teatro Principal, un novo documental de arquitectura , neste caso será o adicado á obra e vida de Charles Correa, baixo o título deVOLUMEN CERO. A duración do documental é de 58′ min. Entrada gratuita e aberta ao público en xeral.

Extracto: Charles Correa é un dos arquitectos contemporáneos máis recoñecidos pola súa adaptación da arquitectura moderna á cultura non occidental, investigando solucións aos problemas do Sur. Formado na Universidade de Michigan e o MIT de Cambridge (USA), ten varios premios internacionais.

Máis fotos da visita ao Centro de Tecnificación de Vela..

Escrito por mpierres o 7 Outubro 2009

O colexiado Manfred Oehri achegounos estas novas fotografías da visita realizada o pasado luns ao Centro de Tecnificación de Vela.

escola-vela-cuberta

Picture 1 of 4

Mércores día 7: documental Hans Scharoun ás 20:00 e 21:30 no Teatro Principal

Escrito por mpierres o 6 Outubro 2009

Recordade que o mércores día 7 de Outubro en dobre sesión ás 20:00 h e ás 21:30 h dará comezo o ciclo de documentais de arquitectura organizado pola Delegación e en colaboración co CINE CLUBE Pontevedra e a Fundación Caja de Arquitectos. O primeiro documental será o adicado á obra e vida de Hans Scharoun, baixo o título de ARQUITECTURA IMAXINARIA. A duración do documental é de 65 min. Entrada gratuita e aberta ao público en xeral. Extracto: Scharoun (1893-1972), coñecido polo deseño da Filharmónica de Berlín e a “Casa Schmincke” (1932- 1933) en Löbau, construíu as bases do Funcionalismo. Este documental recapitula a súa vida de arquitecto con exemplos cronolóxicamente seleccionados.

Arquitectos de Galicia elixen o Centro de Vela como un exemplo constructivo

Escrito por mpierres o 6 Outubro 2009

imaxe-do-actoFaro de Vigo - Arousa - 06.10.2009

Arquitectos e urbanistas de toda Galicia celebraron onte o Día Internacional da Arquitectura, escollendo como mellor mostra constructiva as dependencias do Centro Galego de Vela que se atopa no Porto de Vilagarcía.
Deseñado polo arquitecto Alfonso Penela, o inmoble busca a funcionalidade que teñen este tipo de instalacions e trata de acoplarse co mar. O propio Penela exerceu de Cicerone nesta visita, na que participaron integrantes do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), entre eles súa presidenta, María José Fariña.
O Día Mundial da Arquitectura celebrase cada primeiro luns de outubro. Nesta ocasión a conmemoración levou como lema “A enerxía dos arquitectos contra a crisis global”, e cos actos programados polo COAG pretendíase fomentar a cultura arquitectónica e o compromiso dos profesionais co urbanismo de calidade.
Tamén se pretende sensibilizar ás institucions e ao sector inmobiliario en xeral sobre a necesidade de protexer un patrimonio edificatorio singular e de especial interese. Ademáis, os actos celebrados onte polo COAG se presentaron como unha oportunidade para coñecer máis de cerca non só as obras máis representativas da arquitectura actual, senón tamén aos arquitectos e proxectistas que as fixeron posibles.
Por esta razón o COAG elixiu este ano o Centro de Tecnificación de Vela, obra de Alfonso Penela, como insignia do Día Mundial da Arquitectura 2009. Este inmoble foi distinguido como “obra seleccionada” na X Bienal de Arquitectura e Urbanismo, e entre outras cousas destaca pola singularidade da súa arquitectura e súa capacidade de integración no entorno portuario onde se sitúa.
O propio Penela, durante a súa intervención, non dubidou en cuestionar o “fenómeno da sostenibilidade”. O concepto deste arquitecto é que a sostenibilidade debe supoñérselle a cada edificio “como a estabilidade, da que ninguén presume porque se lle supon”. Insiste en que o obxetivo do inmoble é dar protagonismo aos barcos , e non dubidou en censurar os deseños arquitectónicos das cidades mariñeiras no último século, nas que se apostou por políticas de recheos e de construccions de baixo nivel “que non saben localizar o punto de encontro entre o mar e a cidade”.
Tamén a alcaldesa de Vilagarcía, Dolores García, quiso destacar a importancia deste edificio, non só arquitectónica, senón tamén o destiño que lle espera. O definiu como un “edificio singular” e apuntou que Vilagarcía está tratando de realizar un urbanismo “respetuoso e integrado co mar”.

O catálogo de O Montiño
O Concello de Vilagarcía agradeceu a presencia dos arquitectos e lles entregou un pequeno regalo: os catálogos da exposición “Alobre, seis intervencions en O Montiño”, para que coñecesen o orixe da cidade.
O Concello decidiu ampliar unha semana máis a mostra escultórica que se poida visitar en O Montiño.

Imaxes da visita ao Centro de Tecnificación de Vela

Escrito por mpierres o 6 Outubro 2009

dscf0909Xa podedes ver unha reportaxe fotográfica das imaxes tomadas onte na visita organizada ao edificio do Centro de Tecnificación de Vela e que contou coa presencia do arquitecto autor da obra, Alfonso Penela , e diversas autoridades como a alcaldesa de Vilagarcia, Dolores Garcia e o Presidente da Autoridade Portuaria,  Javier Puertas.

Agradecemos a asistencia de todos os colexiados e demáis persoas que decidiron acompañarnos na celebración do Día Mundial e a pesar das malas condicións metereolóxicas.

As imaxes foron cedidas polo propio webmaster así como polo colexiado Mauro Lomba.

Se eres colexiado e  queres aportar imaxes podes envialas a través da dirección webmaster.pontevedra@coag.es

dscf0885

Picture 1 of 24


5 de Outubro - Día Mundial da Arquitectura

Escrito por mpierres o 5 Outubro 2009

Hoxe celébrase o Día Mundial da Arquitectura.

A delegación de Pontevedra do COAG organiza unha visita guiada para o día de hoxe as 18:00 horas no edificio do Centro de Tecnificación e Escola Municipal de Vela en Vilagarcia.

A asistencia está aberta ao público en xeral.

Sairá un autobús da Praza de Galicia as 17:00 horas.

Se queres confirmar a túa asistencia ou facer uso do autobús podes facelo na seguinte dirección de contacto:  webmaster.pontevedra@coag.es ou no tlf 986859158 .

O Día Mundial da Arquitectura elixe como modelo o Centro de Tecnificación de Vela

Escrito por mpierres o 4 Outubro 2009

Faro de Vigo - Arousa - 04.10.2009

Vilagarcía acolle mañá os actos organizados polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia para conmemorar o Día Mundial de Arquitectura. A celebración terá como sé o emblemático Centro de Tecnificación de Vela, un edificio deseñado polo arquitecto vigués Alfonso Penela Fernández e que acaba de alcanzar o recoñecemento de “obra seleccionada” na X Bienal de Arquitectura e Urbanismo.
Arquitectos e urbanistas de toda Galicia e autoridades participarán na conmemoración que terá lugar no propio Centro de Tecnificación de Vela, situado na zona de O Cavadelo do recinto portuario vilagarciano, e que inclue unha visita ás instalacions guiada por Alfonso Penela.
A alcaldesa, Dolores García Giménez, e a presidenta do colexio oficial de Arquitectos de Galicia, María José Fariña, presiden os actos que comezarán ás seis da tarde.
O Día Mundial de Arquitectura se celebra cada 5 de outubro. En esta ocasión, a conmemoración ten como lema “A enerxía dos arquitectos contra a crisis global” e cos actos programados polo Colexio de Arquitectos se pretende fomentar a cultura arquitectónica e o compromiso dos profesionais co urbanismo de calidade. Tamén se pretende sensibilizar ás institucions e ao sector inmobiliario en xeral sobre a necesidade de protexer un patrimonio edificatorio singular e de especial interés.
As actividades programadas polo Colexio de Arquitectos para celebrar o Día Mundial de Arquitectura se presentan como unha oportunidade para coñecer máis de preto, non só as obras máis representativas da arquitectura actual, senón tamén dos arquitectos proxectistas que as fixeron posibles. Por esta razón o Colexio de Arquitectos elixeu este ano o Centro de Tecnificación de Vela, obra de Alfonso Penela, como insignia do Día Mundial da Arquitectura 2009.
Este inmoble foi nomeado, “Obra seleccionada” na X Bienal de Arquitectura e Urbanismo e, entre outras cousas, destaca por la singularidade da súa arquitectura e a súa capacidade de integración no entorno portuario onde se sitúa.
O edificio está constituido por tres plantas: un semisótano, planta baixa e unha planta superior e conta cunha superficie útil de 1.878 metros cadrados. No seu deseño orixinal Alfonso Penela quixo reflexar a influencia do vento, a agua e as velas nunha infraestructura deportiva.
A construción  basease nunha cuberta de formigón formando velas extendidas ao vento, cunha estructura de vidro e madeira repartida en tres plantas fronte ao mar.Según o propio arquitecto, “os barcos descansan nun lixeiro plano inclinado para poder facilitar a visión duns sobre outros e escurrirse cara o mar”. Ademáis da orixinalidade do deseño do edificio que se integra no entorno, destaca a súa funcionalidade, un aspecto ao que Alfonso Penela otorga gran importancia á hora de redactar seus proxectos.
O edificio, promovido pola Xunta, a través da Secretaría Xeral para O Deporte, contou cunha inversión dalgo máis de dous millons de euros. As instalacions foron visitadas o xoves polo secretario xeral, Ramón Lete, quen xestiona ante o Consello Superior de Deportes a súa inclusión na rede de centros de especialización de alto rendimento, así como a sede do equipo olímpico de Match Race feminino.

Dia Mundial Arquitectura 2009 . Ciclo de documentais

Escrito por mpierres o 3 Outubro 2009

Durante o mes de outubro e co gallo da celebración do Día mundial da Arquitectura , levarase a cabo unha serie de proxeccións de documentais de arquitectura en colaboración co Cine Clube Pontevedra e a Fundación Caixa de Arquitectos.

O programa detallado é o seguinte:

Día 7 ás 20 ho e ás 21:30 h. (dobre sesión) HANS SCHAROUN. Arquitectura imaxinaria. 65′ Lugar: Teatro Principal

Día 21 ás 20 h e ás 21:30 h.  (dobre sesión) CHARLES CORREA. Volúmen Cero. 58′ Lugar: Teatro Principal

Día 28 ás 20 h e ás 21:30 h. ( dobre sesión) SIR JOHN SOANE. Arquitecto inglés, legado americano. 62′ Lugar Teatro Principal

Día 29 dende ás 18 h. ás 22:00 h. en Fundación Caixa Galicia. Presentación de cada documental por parte do productor dos mesmos, Gonzalo Herralde.

18:00 h:  O MUSEO GUGGENHEIM DE BILBAO de Frank Ghery.

18:40 h. O CENTRO GEORGE POMPIDOU de R. Piagno e R. Rogers

19:20 h. A ESTACIÓN SATOLA´S - TGV DE LYON de Santiago Calatrava

20:00 h. O CONVENTO DA TOURETTE DE EVEUx de Le Corbusier

20:00 h. O AUDITORIUM BUILDING DE CHICAGO de L. Sullivan / D. Adler

21:00 h. O EDIFICIO JOHNSON DE RACINE de Frank Lloyd Wright

 

Maís información detallada…

 

HANS SCHAROUN. Arquitectura imaxinaria                                                                                                                           

Alemaña. 1993      Director:Hartmut Bitomsky.                                                                                                                                   

Colabora no libreto: José Morales.                                                                                                                                                                                                                                      

Scharoun (1893-1972), coñecido polo deseño da Filharmónica de Berlín e a “Casa Schmincke” (1932- 1933) en Löbau, construíu as bases do Funcionalismo. Este documental recapitula a súa vida de arquitecto con exemplos cronoloxicamente seleccionados.                                                                                                                                                                                                    

 

CHARLES CORREA. Volúmen Cero.     

India. 2009               Dirección:Arun Kopkar.                                                                                                                        

Colaboran no libreto: Joseph Rykwert e Anatxu Zabaldeascoa.                                                                                                                                                                                                            

Charles Correa é un dos arquitectos contemporáneos máis recoñecidos pola súa adaptación da arquitectura moderna á cultura non occidental, investigando solucións aos problemas do Sur. Formado na Universidade de Michigan e o MIT de Cambridge (USA), ten varios premios internacionais.                                                                                                                                                                                                                                                         

 

SIR JOHN SOANE. Arquitecto inglés, legado americano

USA. 2005    Director: Murray Grigor.

Colabora no libreto: Juan Navarro Baldeweg.                                                                       

Sir John Soane (1753- 1837), influíu fondamente nunha xeración de arquitectos de América do Norte, como Henry Cobb, Michael Graves, Philip johnson, Richard Meier, Robert Stern, Dense Scout Brown e Robert Venturi. O documental investiga, dun lado, a influencia clásica en Soane, seguindo os pasos de Roma e Sicilia e, por outro, como a súa particular reinterpretación condicionou os arquitectos norteamericanos que se mantiveron alleos aos ditados do Movemento Moderno.

 

O MUSEO GUGGENHEIM DE BILBAO de FRANK GHERY

Dirección: Julián Donada.

Con presentación e comentarios gravados de Benedetta Tagliabue.

 

Xa coñecido polas formas deconstruídas, Gehry concibiu o edificio como unha escultura monumental.

 

O CENTRO GEORGE POMPIDOU de R. Piano e R. Rogers

Dirección: Richard Copans.

Con presentación e comentarios gravados de Jordi Garcés.

 

Richard Rogers e Renzo Piano, conciben o edificio como un xigante mecánico que destaca na paisaxe arquitectónica de París.

 

A ESTACIÓN SATOLA´S- TGV DE LYON de Santiago Calatrava

Dirección: Catherine Adda.

Con presentación e comentarios gravados de Fermín Vázquez.                                                                                                                                                                                                           É esta unha enorme estrutura de aceiro atravesada polos TGV que circulan a 300 km/ h.

                                                                                                                                                                                                                                                                                                     

O CONVENTO DA TOURETTE DE EVEUX de Le Corbusier

Dirección: Richard Copans.

Con presentación e comentarios gravados de Helio Piñón.

 

Un convento para a Orde dos Dominicos, un lugar de estudo,  oración e meditación.

 

O AUDITORIUM BUILDING DE CHICAGO de L. Sullivan/ D.Adler

Dirección: Stan Neumann.

Con presentación e comentarios gravados de Carlos Ferrater.

 

O conxunto do Auditorio Building comprendía un hotel, despachos, a maior ópera do mundo e unha sala de espectáculos “democrática” e revolucionaria tanto polas dimensións como pola súa acústica.

 

O EDIFICIO JOHNSON DE RACINE de Frank Lloyd Wright

Dirección: Frédéric Copain.

Con presentación e comentarios gravados de David Ferrer.

 

Os edificios administrativos da compañía Johnson son unha das obras mestras de Frank Lloyd Wright, un dos máis grandes arquitectos do século XX.

 

  

 

                                                                                                                                                                                 

Nota importante: Dia Mundial da Arquitectura 2009

Escrito por mpierres o 1 Outubro 2009

Por un problema detectado no correo proporcionado para confirmar a asistencia aos actos do Día Mundial organizados por esta delegación, se pide aos colexiados que estén interesados en participar volten a enviar o correo de confirmación, dado que non se recibiu notificación algunha. 

Podedes facelo na dirección: webmaster.pontevedra@coag.es ou ben chamando por tlf ao 986859158.

Plazo aberto ata o mesmo día do evento.

Desculpade as molestias,

Comisión de Cultura do COAG en Pontevedra

That lineage can be seen in the Rolex Oyster fake watches Perpetual's straightforward and practical design. Legibility is cheap ralph lauren shirts strong and the dial design offers nothing more than is necessary to display the time.