Os arquitectos daneses MAPT deseñaron un pavillón en Copenhaguen mediante o uso de materiais reciclados, introducindo colectores vellos, e coincidindo coa conferencia da O.N.U. sobre o cambio climático.
Chamado Cop15, o pavillón está feito a base de materiais sobrantes das industrias da madeira e eólicas.
Contén unha exposición interactiva que se centra na sostibilidade urbana, chamada Nordhavn (porto norte). A exposición continúa ata o 18 de decembro.
Os colectores son un bo exemplo de como a superprodución pode ser empregada para algo máis que o simple uso de carga. En todo o mundo, por exemplo en EEUU, son habituais as imaxes de enormes montañas artificiais xeradas a base de colectores apilados. Isto é froito da ineficacia económica de devolver os colectores ao seu lugar de orixe, sendo preferible o apilalos uns enriba doutros.
Os colectores do pavillón contan tamén a historia dunha sociedade temporal, onde as necesidades e economías, xeitos de vida e densidade de poboación están nun constante estado de cambio. As nosas cidades e a nosa arquitectura deben adaptarse a isto. O pavillón representa a esencia desta mentalidade, demostrando a unha pequena escala a flexibilidade inherente no concepto de temporalidade. Os colectores vacios poden ser empregados segundo múltiples configuracions, segundo as necesidades e demandas de cada caso.