splash
Publicado por mpierres o 10 Agosto 2010

http://www.coagpontevedra.es/?p=3938

Hoxe, martes, día 10 de Agosto, saíu publicado na web do Concello de Pontevedra o anuncio e bases que rexirán o CONCURSO CON INTERVENCIÓN DE JURADO PARA LA SELECCIÓN DEL ANTEPROYECTO DE REHABILITACIÓN DE ZONA DEGRADADA POR LAS TRASERAS DE LOS EDIFICIOS DE LA MANZANA 135 DE PONTEVEDRA, FRENTE AL SANTUARIO DE LA VIRGEN PEREGRINA.
O fin [...]

 

Esta vendo Austria

Internado Mariatal, Kramsach, Austria. Marte Architekten.

Escrito por mpierres o 7 Setembro 2009

ext-1Escola Especial e  dormitorios

No concurso de arquitectura que se organizou, en resposta as peticions urxentes dos participantes, acordouse que todas as adicións dos anos 1950 e 1970 poderían ser demolidas  se fose necesario. O proxecto de Marte. Marte  empregou este recurso para levar a cabo unha reestructuración que claramente  pecha o patio que estaba aberto ao río e  reflexa a autonomía da institución da igrexa parroquial. O novo edificio de escola con  terapia de baños e  ximnasio, sustitúe  a unha desas  ampliacións do edificio da igrexa e,  por medio dunha terraza existente, conécta o patio coa pradeira.  Unha escaleira con paredes acristaladas  conecta o edificio da escola co  edificio principal.

A través dos novos edificios e a través da renovación do patio do convento os arquitectos foron capaces de contrarrestar a presencia dominante da igrexa de peregrinación. O poder  dos monolitos  incrementouse polo  uso dos formigonados a media pranta. As  xuntas entre as que se virten  as etapas diferentes de formigonado, que en xeral parecen tan tectónicas e  horizontais, se convirten nas costuras dunha pel externa continua. Esta estructura de fachada se superpón co ritmo composto dunha fachada perforada, logrado polo escalonamento da disposición en cada piso e  pola combinación de só dous tipos de fiestras. Todas as superficies de metal son de aluminio anodizado dourado, que introduce un toque formal  inesperado  fronte á gravidade da  pedra.