splash
Publicado por mpierres o 10 Agosto 2010

http://www.coagpontevedra.es/?p=3938

Hoxe, martes, día 10 de Agosto, saíu publicado na web do Concello de Pontevedra o anuncio e bases que rexirán o CONCURSO CON INTERVENCIÓN DE JURADO PARA LA SELECCIÓN DEL ANTEPROYECTO DE REHABILITACIÓN DE ZONA DEGRADADA POR LAS TRASERAS DE LOS EDIFICIOS DE LA MANZANA 135 DE PONTEVEDRA, FRENTE AL SANTUARIO DE LA VIRGEN PEREGRINA.
O fin [...]

 

Esta vendo Irlanda

Vivir camuflado na paisaxe: Mimetic House, Dominic Stevens. Irlanda

Escrito por mpierres o 27 Agosto 2009

exterior4O arquitecto irlandés Dominic Stevens non é un arquitecto ao uso. Só constrúe un ou dous proxectos ao ano no seu despacho sen colaboradores, ubicado nun antigo camión refrixerado. Divide o seu tempo entre o desenrolo deses escasos traballos arquitectónicos e o coidado da súa granxa no pobo irlandés de Cloone, con 327 habitantes.

A denominada “casa mimética”, Mimetic House, é un dos traballos máis recoñecidos deste arquitecto, ata o  punto de que se convertiu en pouco tempo nun dos iconos da nova arquitectura europea.

A casa forma parte do entorno, reflexándoo e  cambiando con él según as estacions. A  vivenda está ubicada na localidade de Dromahair, no condado irlandés de Leitrim. Gañou o premio da Architectural Association of Ireland pola súa exquisita proposta de vida no campo, respetuosa co  medio ambiente ata o punto de confundirse con él. Non en vano, domiña un pequeo val, exuberante de vexetación, pero hai que fixarse bastante para dar con ela.

Sen embargo, a construcción non só é exemplar por iso. Dominic Stevens buscou unha casa de baixo custe que fose accesible a cualquer fortuna media, a cualquer habitante desa zona rural de Irlanda. E así, barata e ecolóxica, creou una xoia, prototipo dun novo estilo de vida integrado coa natureza, sencillo e refinado. É unha vivenda máis ben pequena, sen espacios superfluos baixo teito. Os materiais son todos reciclados: así, por exemplo, os muros de contención están realizados de neumáticos de coches recuperados.

As súas líñas xeométricas e limpas están conformadas por vanos de vidro que se alternan con paneles reflectantes tipo espello. O teito é unha superficie plana onde crece o céspede e plantas da zona. Con este lixeiro equipo para facerse invisible, durante o día apenas é un gran arbusto máis. De noite só é visible cando as luces do interior descubren a súa presencia. A entrada está a un lado, oculta. As habitacions e baños están excavadas na terra. Así, ao traspasar o umbral nos introducimos nun espacio inmaculado, cheo de luz e  natureza, onde unha escaleira en espiral nos leva ata o salón. O teito está inclinado, ao  igual que os muros. Xunto ao espacio xeométrico de vidros hai un de madeira, tamén con impresionantes fiestras introducidas en plena loma.