Nun dos paraxes especiais do mundo xurde a necesidade de edificar un conxunto de edificios. Hof é un país residencial no fiordo de Skakafjördur, situado a menos de 100 kilómetros do Círculo Polar Ártico. A lonxanía, a espectacular ubicación,o programa e sobretodo unha boa relación entre cliente, contratista e arquitecto, son consecuencia directa do resultado deste especial proxecto.
Formado por unha casa unifamiliar, a iglesia, o granero e o establo, todo o conxunto vése rodeado de montañas, lagos e valles que abarca o acantilado das illas de Drangey e Málmey. A vivenda queda retirada do resto de edificios coa intención de capturar o impresionante panorama. Debido á inestabilidade do clima, todo está estudiado para soportar baixas temperaturas e aproveitar ao máximo a luz natural.O xogo de volúmenes xunto ás cubertas axardinadas, conseguen a integración co entorno á vez que abren espacios máis íntimos para a entrada principal e as terrazas. Os materiais empregados son propios da zona, os muros son de formigón bruto ou pintado térmicamente aillados, o teito e as carpinterías son de roble con detalles de aceiro, os espacios exteriores están pavimentados co basalto excavado para a cimentación e os postes de telégrafo rescatados do lugar son o aplacado dos muros exteriores das zoas máis privadas.
En definitiva un conxunto pensado con e para o lugar onde está ubicado, un proxecto que loita por aillarse do inhóspito clima, sen rexeitar o diálogo e unhas vistas que conseguen invadir o interior da vivenda.