splash
Publicado por admin o 7 June 2011

Presidente: D. Manuel Abelleira Argibay  presidente.pontevedra@colexiodearquitectos.org
Tesoreira: Dña. María Pierres López tesorera.pontevedra@colexiodearquitectos.org
Secretario: D. Wenceslao López Velasco secretario.pontevedra@colexiodearquitectos.org
Podedes contactar directamente coa Xunta Directiva a través da seguinte dirección de correo:
xd.pontevedra@coag.es

 

Esta vendo Ecuador

A bendición do baixo presuposto: Casa Pentimento, Quito-Ecuador

Escrito por mpierres o 7 July 2009

Macetas portantes

Un xardín, unha clienta sen medos. Unha arquitectura que se desnuda para conectarse co seu entorno. Construida cunha soa peza prefabricada de formigón, que pode situarse na montaxe en catro posicións, e que resolve estructura, cerramento, mobiliario, escadas, incluso unha fachada xardín que é a orixe do proxecto. Por fora é unha retícula neutra que se camufla de valla ou de seto. Ao interior, cada muro é distinto e  axústase as súas necesidades de escala, función, posición, etc.

Unha plataforma de formigón que serve coma cimentación superficial amolda a súa forma á do terreno, quebrándose cun forte desnivel, esquivando as árbores ou incorporándoas. Sobre a plataforma érguese o sistema de prefabricados. As pezas  insértanse en varillas de acero ancladas con pegamento epóxico á plataforma. Estas varillas e os elementos de traba entre as pezas xeneran unha estructura apretada de pequenas columnas e dinteis, moi apropiada á sismicidade da zona.

Os intersticios entre prefabricados deíxanse abertos  nalgúns puntos e se pechan noutros con acrílico transparente ou translucido e con tiras de madeira, convirtindose en filtros de vexetación e de luz. Estas mesmas rendixas ao interior son soporte de pezas de madeira que se convirten en estanterías, asentos, mesas e escalons.

A casa prescinde o posible de acabados. A lousa de cimentación fúndese con pigmento negro e endurecedor para que se convirta no piso terminado final. Os prefabricados de formigón quedan visto tanto ao exterior como ao interior, suavizando a súa dureza a madeira interior e a vexetación sempre presente. No piso superior o mirador aberto se despóxase de calquer elemento secundario; permitindo o paso do aire e a luz, encadrando as vistas das montañas , concéntrase no seu papel de relacionar ao usuario co seu entorno.

A bendición do baixo presuposto

Economía, sencillez e  claridade. Obrigados a atopar a resposta nas condicións do encargo, a  limitación económica  condúcenos felizmente nesa dirección: despoxar do accesorio, buscar a intensidade por reducción, simplificar os procesos constructivos. Traballar coa luz, a natureza, o clima templado, os materiaies dispoñibles de forma directa. Poucos materiais, claridade para o seu emprego.

Austeridade liberadora, que permita o goce, o sensorial, a conexión coa natureza. Arquitectura de síntesis, que se sosteña nun número reducido de leis propias. Unha soa peza, unha soa acción constructiva de apilar. Unha arquitectura diluida na natureza, que cara o  exterior é prolongación vertical do xardín e  cara o  interior é mobiliario. Un muro no que converxen o  entorno e o  usuario.

 

Ficha técnica

Casa Pentimento: Premio Nacional de Deseño Arquitectónico na XV Bienal Panamericana de Arquitectura Quito 2006

Propietaria: Desireé Marín

Localización: La Morita, Tumbaco, Quito-Ecuador

Arquitectos: José María Sáez, David Barragán

Colaboración: Alejandra Andrade

Construción: Jaime Quinga

Prefabricados: Héctor Sánchez

Enxeñería: César Izurieta

Fotografía: Raed Gindeya, Raúl Yépez, Jose María Sáez