A Farewell Chapel do cemiterio de Krasnja, aldea preto de Lubiana, é unha obra de OFIS Arhiteckti, estudio de xovenes deseñadores eslovenos liderados por Rok Oman e Spela Videcnik.
A capela, construída ao lado do vello cemiterio, non é confesional. Trátase dun lugar onde poder aproximarse ao difunto e transcorre o tempo anterior á sepultura nun ambiente simple e acolledor. Asimesmo, estará dotado dunha serie de servicios (un gardaroupas, unha cociña e un baño). É un lugar onde poder velar o falecido sen distinción do seu crego e organizar un rito adecuado tamén a opciones laicistas.
Unha capela plural pensada para as necesidades e as tradicions dunha pequena comunidade local. OFIS non precisou do asesoramento dun liturgista, non era preciso, pois o proxecto non o requería.
O proxecto recolle os estímulos propostos polo sitio e dascurvas de nivel da zona. Na parte traseira a delimitación a marca unha colina cun bosque, diante un aterrazamento descendente cara o vello cemiterio, sobre o lado unha rampa de enlace entre a plataforma e a cuberta xardin. A forma polo tanto segue as liñas de traxectoria do paisaxe circundante e tres muros formados dividen os espacios envolvendo un pequeno ambiente interior. A curva de mampostería máis externa separa o elemento colinas do corpo construido.