Recordamos que a biblioteca conta cunha serie de documentais nos seus fondos, e que están a disposición dos colexiados que así os soliciten.
O que vos presentamos hoxe é o documental que trata da obra de Louis I. Khan, editado pola Fundación Caja de Arquitectos.
Louis I. Kahn é considerado por moitos dos historiadores da arquitectura como o arquitecto máis importante da segunda metade do século XX. Un inmigrante xudeo que superou a pobreza e os efectos dunha accidentada niñez, cuia herdanza artística constituiu unha búsqueda inflexible pola verdade e a claridade. Sen embargo, a súa vida persoal estivo repleta de segredos e de caos.
No documental Mi Arquitecto o director Nathaniel Kahn desglosa a figura do seu pai, o famoso arqutiecto que a pesar de obter un grande éxito e recoñocemento profesional, morreu só e arruinado en 1974. Seu fillo Nathaniel, que contaba só con 11 anos de idade cando seu pai morreu, intenta capturar a relación entrambos, entre pai e fillo, a través dos fermosos edificios que Louis I. Khan construiu por todo o mundo.