replicas de relojes
replicas de relojes splash
Publicado por admin o 7 Xuño 2011

Presidente: D. Manuel Abelleira Argibay  presidente.pontevedra@coag.es
Tesoreira: Dña. María Pierres López tesorera.pontevedra@coag.es
Secretario: D. Anselmo Villanueva Peón secretario.pontevedra@coag.es
Podedes contactar directamente coa Xunta Directiva a través da seguinte dirección de correo:
xd.pontevedra@coag.es

 

Esta vendo GDA

CONVOCATORIA DOS PREMIOS “GRANDEAREA” 2014

Escrito por mabelleira o 16 Xullo 2014

gda-2014

BASES

1. OBXECTO

As Delegacións do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia de Pontevedra e Vigo convocan os Premios “Gran de Area”, que supoñen un recoñecemento a ARQUITECTOS, PROMOTORES, CONSTRUTORES E APARELLADORES pola súa labor, necesariamente conxunta, para obter unha obra arquitectónica de calidade.

Cada obra é unha pequena, á vez que importante, aportación á ARQUITECTURA, á CREACIÓN e á posta en valor do Entorno.

2. PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN

O criterio de selección será establecido polo xurado, podendo valorarse a totalidade do Proxecto ou Obra ou, unicamente, un determinado aspecto do mesmo que aporte un carácter singular ou de valor: tipoloxía, innovación tecnolóxica, baixo custo, implantación no territorio……

3. CONCURSANTES

Poden optar aos Premios todos os arquitectos colexiados en Galicia, con proxectos redactados ou obras finalizadas na Provincia de Pontevedra, ata o día último de presentación válida desta edición, e que non foran presentadas en edicións anteriores deste mesmo Premio.

Cada arquitecto poderá presentar tantas obras como estime oportunas, cos datos relativos a promotores, construtores e aparelladores que o arquitecto considere tamén merecedores de recoñecemento.

4. DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

Os autores dos Proxectos facilitarán a información necesaria para valorar a obra e que, cun máximo de 20 mb, como mínimo, será a seguinte:

A. DOSSIER (FORMATO DIXITAL)

Arquivos .pdf ou .jpg (máximo 1 arquivo con 4 páxinas tamaño A3) coa documentación gráfica e escrita do proxecto necesaria para a comprensión do mesmo.

B. IMAXES DO PROXECTO (FORMATO DIXITAL)

A maiores do dossier, presentaranse 5 imaxes ou planos en jpg (300 ppp e máximo 2 Mb de tamaño) representativas do mesmo. A finalidade desta petición é facilitar o seu posterior uso na difusión do premio.

C. ANEXO I CUMPRIMENTADO (FORMATOS DIXITAL E ORIXINAL)

Este documento será preciso remitilo debidamente cumprimentado, tanto en formato pdf como en formato orixinal, entregándoo nalgunha das dúas Delegacións (Pontevedra ou Vigo).

Para unha mellor lectura, ambos documentos: a) e b) enviaranse de forma conxunta unha mesma carpeta co nome: “Dossier GdA2014_nome da obra” .

NOTA: Se un arquitecto participase con máis dunha obra, agradecerase o envío conxunto de todas as propostas.

5. PRAZO DE PRESENTACIÓN

A documentación dos proxectos ou obras que optan aos premios deberá remitirse á seguinte dirección de correo electrónico: gda@coag.es , sinalando no asunto “Dossier GdA2014_nome da obra”, antes do 31 de xullo de 2014 ás 14:00 h.

6. COMPOSICIÓN DO XURADO

O xurado para a avaliación das obras presentadas, estará composto polas seguintes persoas: - Presidentes das delegacións de Pontevedra e Vigo ou persoa en quen deleguen.
- 1 colexiado da Delegación de Pontevedra a seleccionar pola Xunta Directiva de Pontevedra - 1 colexiado da Delegación de Vigo a seleccionar pola Xunta Directiva de Vigo.

- 1 colexiado seleccionado entre os premiados nos Premios “Gran de Area” da edición anterior, consensuado por ambas Delegacións.
- O secretario das Delegacións de Vigo ou Pontevedra ou persoa en quen deleguen, que actuarán con voz pero sen voto.

Os membros do xurado non poderán optar a ningún premio.

7. FALLO

Os premios fallaranse na primeira quincena de setembro de 2014, comunicándose oportunamente por circular colexial.

8. ENTREGA DE DIPLOMAS

Celebrarase un acto de entrega de diplomas tanto aos arquitectos, promotores, construtores e aparelladores das obras, no mes de setembro, anunciándose oportunamente.

Este acto complementarase coa organización dun ciclo de conferencias impartidas polos premiados, durante os meses de outubro e novembro.

NOTA: As consultas poderán ser remitidas ao seguinte correo electrónico: gda@coag.es , sinalando no asunto : “consulta GdA 2014”

Atentamente,
As directivas de Pontevedra e Vigo

ANEXO I MODELO DE SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN E AUTORIZACIÓN PARA O TRATAMENTO DE DATOS PERSOAIS

D./DNA ___________________________________________________________No COL:_______ D./DNA _________________________________________________________________No COL:_______ D./DNA _________________________________________________________________No COL:_______ Ou

Á SOCIEDADE_______________________________________________________No COL:_______

SOLICITO/AMOS

participar na convocatoria do Premio Gran de Area 2014 de acordo co prego de bases que rexe o concurso, cuxo contido declaro coñecer plenamente e acepto, e a tal efecto acompaño a esta solicitude os documentos expresados nas bases, declarando non atoparme afectado/a por ningún tipo de incompatibilidade para presentarme o mesmo.

Así mesmo,

AUTORIZO/AMOS

ao Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia para que seleccione, premie, publique, e divulgue, en calquera formato, medio e extensión, o proxecto ou obra “_____________________________________________________”,

ofrecéndolle para tal fin o libre uso dos datos, textos e planos reflectidos nos documentos presentados expresamente para a inclusión na selección dos premiados do “Premio Gran de Area 2014”.

E para que así conste, ós efectos de participar no citado concurso,

Asino a presente en         ,  a    de                      de 2014.

Asinado:________________________________________________________

Urxente: Reunión do Xurado do premios Gran de Area 2012 prevista para o vindeiro venres, 7 de setembro.

Escrito por mabelleira o 4 Setembro 2012

gda12bO vindeiro 7 de setembro de 2012, vaise reunir finalmente na delegación de Pontevedra do COAG, o xurado para o fallo dos premios GDA na súa edición 2012.

O Xurado está composto por arquitectos das delegacións de Pontevedra e Vigo do COAG,  segundo as bases da convocatoria,  este premios son  organizados conxuntamente por ambalas dúas delegacións.

Con posterioridade ao fallo publicarase a relación de premiados, así como a data e lugar da celebración da entrega dos premios.

That lineage can be seen in the Rolex Oyster fake watches Perpetual's straightforward and practical design. Legibility is cheap ralph lauren shirts strong and the dial design offers nothing more than is necessary to display the time.