replicas de relojes
replicas de relojes splash
Publicado por admin o 7 Xuño 2011

Presidente: D. Manuel Abelleira Argibay  presidente.pontevedra@coag.es
Tesoreira: Dña. María Pierres López tesorera.pontevedra@coag.es
Secretario: D. Anselmo Villanueva Peón secretario.pontevedra@coag.es
Podedes contactar directamente coa Xunta Directiva a través da seguinte dirección de correo:
xd.pontevedra@coag.es

 

Esta vendo Día Patroa

Programa día 25 de Novembro: conferencia Schüco e Cea da Patroa de 2011

Escrito por mpierres o 21 Setembro 2011

Podedes consultar o programa de actos organizados para o día premendo na seguinte ligazón: Cea patroa 25 novembro

Lembrade que a data límite para a preinscrición , como se indica na circular nº9/2011 ,será o 28 de Outubro.

O correo para confirmar o interés en asistir a toda a programación do día son: xd.pontevedra@colexiodearquitectos.org , debendo indicarse o nome e número de colexiado  e, se procede, os datos do acompañante. Tamén se pode comunicar directamente na oficina da Delegación ao personal administrativo.

A Directiva.


Cea da Patroa 2009: novo prazo inscrición

Escrito por mpierres o 28 Outubro 2009

O prazo de inscrición para a Cea da Patroa a celebrar este venres día 30 de Outubro, prolongouse ata mañá xoves, día 29 ata as 15:00 h.

Animamos dende aquí a todos os colexiados á súa participación na cea e no acto de homenaxe aos colexiados que este ano cumpren 50 e 25 anos de colexiación.

Cea da Patroa 2009

Escrito por mpierres o 26 Outubro 2009

Lémbrase aos colexiados que hoxe luns 26 de Outubro é o derradeiro día para inscribirse á Cea da Patroa e presentar o xustificante do ingreso de 50 € por persoa.

50 anos de colexiados

Escrito por mpierres o 26 Outubro 2009

Os arquitectos colexiados na nosa delegación que no ano 2009 cumpriron 50 anos de colexiados son:

Alfonso Barreiro Buján

Joaquín Basilio Bas

Manuel Nieto Caballero

Cea da Patroa 2009

Escrito por mpierres o 13 Outubro 2009

pazo-da-touza-85453

A Delegación en Pontevedra do COAG convoca o venres, día 30 de outubro, a todos os seus colexiados á tradicional Cea que como cada ano celébrase con motivo da nosa Patroa, Nosa Señora de Belén.

Será unha oportunidade para reunirnos, dar a benvida a todos os novos colexiados e celebrar cun pequeno acto de homenaxe os 25 e 50 anos de colexiación dos compañeiros máis veteranos.

A cea terá lugar no Pazo da Touza ( Nigrán ), e dará comezo ás 21:30 h. Será servida polo equipo dirixido por Nuria Cervera, xoven chef formada na Cordon Bleu de Paris e antiga colaboradora de Sergi Arola.

O custo será de 55 € por persoa tanto para colexiados como acompañantes, contando cun servicio de autobús ( incluído no prezo ) de ida e de volta. Hora de saída 20:30 h dende a Praza de Galicia e volta programada para as 2:00 h.

Existe a posibilidade de pernoctar nas habitacións das que dispón o Pazo, 6 dobres e 1 suite.

O prezo, especial para os nosos colexiados, é de 75€ + IVA para as habitacións dobres, e de 85€ + IVA para a Suite ( almorzos incluídos nos prezos ).

Para confirmar a asistencia haberá que presentar o xustificante de pago do ingreso antes das 15:00 h do venres 23 de outubro no nº de conta: 0130.3002.47.0100654187 da Caixa Geral de Depósitos.

Así mesmo será imprescindible indicar se se fará uso do servicio de autobús.

Nota: A reserva das habitacións haberá que solicitala por escrito previamente para confirmar a súa dispoñibilidade, outorgándose por rigurosa orde de inscrición. Contacto: coagpontevedra@coag.es

pazo-da-touza

MENÚ

Aperitivos:

Foie con mermelada de cerezas y pan de maíz dulce
Tempura de pimiento verde en nidos
Tempura de seta shiitake
Saquitos de queso provolone y boletus
Croquetas de jamón ibérico
Mini quiche de pesto, tomate y mozzarella
Brocheta de Langostino Romesco

Entrante:
Ensalada de langostinos y queso de cabra caramelizado con vinagreta de manzana.
Plato:
Meloso de Ternera con Puré de patata-oliva y salsa de oporto
Postre:
Milhoja de almendra con crema de arroz con leche y crepes tibios de piña

Café y Bebidas (copas no incluídas)

Protexido: Circular Informativa Nº28/09

Escrito por mpierres o 7 Outubro 2009

This post is password protected. To view it please enter your password below:


Enter your password to view comments