splash
Publicado por mpierres o 10 Agosto 2010

http://www.coagpontevedra.es/?p=3938

Hoxe, martes, día 10 de Agosto, saíu publicado na web do Concello de Pontevedra o anuncio e bases que rexirán o CONCURSO CON INTERVENCIÓN DE JURADO PARA LA SELECCIÓN DEL ANTEPROYECTO DE REHABILITACIÓN DE ZONA DEGRADADA POR LAS TRASERAS DE LOS EDIFICIOS DE LA MANZANA 135 DE PONTEVEDRA, FRENTE AL SANTUARIO DE LA VIRGEN PEREGRINA.
O fin [...]

 

Esta vendo Día Patroa

Cea da Patroa 2009: novo prazo inscrición

Escrito por mpierres o 28 Outubro 2009

O prazo de inscrición para a Cea da Patroa a celebrar este venres día 30 de Outubro, prolongouse ata mañá xoves, día 29 ata as 15:00 h.

Animamos dende aquí a todos os colexiados á súa participación na cea e no acto de homenaxe aos colexiados que este ano cumpren 50 e 25 anos de colexiación.

Cea da Patroa 2009

Escrito por mpierres o 26 Outubro 2009

Lémbrase aos colexiados que hoxe luns 26 de Outubro é o derradeiro día para inscribirse á Cea da Patroa e presentar o xustificante do ingreso de 50 € por persoa.

50 anos de colexiados

Escrito por mpierres o 26 Outubro 2009

Os arquitectos colexiados na nosa delegación que no ano 2009 cumpriron 50 anos de colexiados son:

Alfonso Barreiro Buján

Joaquín Basilio Bas

Manuel Nieto Caballero

Cea da Patroa 2009

Escrito por mpierres o 13 Outubro 2009

pazo-da-touza-85453

A Delegación en Pontevedra do COAG convoca o venres, día 30 de outubro, a todos os seus colexiados á tradicional Cea que como cada ano celébrase con motivo da nosa Patroa, Nosa Señora de Belén.

Será unha oportunidade para reunirnos, dar a benvida a todos os novos colexiados e celebrar cun pequeno acto de homenaxe os 25 e 50 anos de colexiación dos compañeiros máis veteranos.

A cea terá lugar no Pazo da Touza ( Nigrán ), e dará comezo ás 21:30 h. Será servida polo equipo dirixido por Nuria Cervera, xoven chef formada na Cordon Bleu de Paris e antiga colaboradora de Sergi Arola.

O custo será de 55 € por persoa tanto para colexiados como acompañantes, contando cun servicio de autobús ( incluído no prezo ) de ida e de volta. Hora de saída 20:30 h dende a Praza de Galicia e volta programada para as 2:00 h.

Existe a posibilidade de pernoctar nas habitacións das que dispón o Pazo, 6 dobres e 1 suite.

O prezo, especial para os nosos colexiados, é de 75€ + IVA para as habitacións dobres, e de 85€ + IVA para a Suite ( almorzos incluídos nos prezos ).

Para confirmar a asistencia haberá que presentar o xustificante de pago do ingreso antes das 15:00 h do venres 23 de outubro no nº de conta: 0130.3002.47.0100654187 da Caixa Geral de Depósitos.

Así mesmo será imprescindible indicar se se fará uso do servicio de autobús.

Nota: A reserva das habitacións haberá que solicitala por escrito previamente para confirmar a súa dispoñibilidade, outorgándose por rigurosa orde de inscrición. Contacto: coagpontevedra@coag.es

pazo-da-touza

MENÚ

Aperitivos:

Foie con mermelada de cerezas y pan de maíz dulce
Tempura de pimiento verde en nidos
Tempura de seta shiitake
Saquitos de queso provolone y boletus
Croquetas de jamón ibérico
Mini quiche de pesto, tomate y mozzarella
Brocheta de Langostino Romesco

Entrante:
Ensalada de langostinos y queso de cabra caramelizado con vinagreta de manzana.
Plato:
Meloso de Ternera con Puré de patata-oliva y salsa de oporto
Postre:
Milhoja de almendra con crema de arroz con leche y crepes tibios de piña

Café y Bebidas (copas no incluídas)

Protexido: Circular Informativa Nº28/09

Escrito por mpierres o 7 Outubro 2009

Este artigo está protexido con contrasinal. Para velo introduza o seu contrasinal abaixo:


Introduza o seu contrasinal para ver os comentarios