Durante o mes de outubro e co gallo da celebración do Día mundial da Arquitectura , levarase a cabo unha serie de proxeccións de documentais de arquitectura en colaboración co Cine Clube Pontevedra e a Fundación Caixa de Arquitectos.
O programa detallado é o seguinte:
Día 7 ás 20 ho e ás 21:30 h. (dobre sesión) HANS SCHAROUN. Arquitectura imaxinaria. 65′ Lugar: Teatro Principal
Día 21 ás 20 h e ás 21:30 h. (dobre sesión) CHARLES CORREA. Volúmen Cero. 58′ Lugar: Teatro Principal
Día 28 ás 20 h e ás 21:30 h. ( dobre sesión) SIR JOHN SOANE. Arquitecto inglés, legado americano. 62′ Lugar Teatro Principal
Día 29 dende ás 18 h. ás 22:00 h. en Fundación Caixa Galicia. Presentación de cada documental por parte do productor dos mesmos, Gonzalo Herralde.
18:00 h: O MUSEO GUGGENHEIM DE BILBAO de Frank Ghery.
18:40 h. O CENTRO GEORGE POMPIDOU de R. Piagno e R. Rogers
19:20 h. A ESTACIÓN SATOLA´S - TGV DE LYON de Santiago Calatrava
20:00 h. O CONVENTO DA TOURETTE DE EVEUx de Le Corbusier
20:00 h. O AUDITORIUM BUILDING DE CHICAGO de L. Sullivan / D. Adler
21:00 h. O EDIFICIO JOHNSON DE RACINE de Frank Lloyd Wright
Maís información detallada…
HANS SCHAROUN. Arquitectura imaxinaria
Alemaña. 1993 Director:Hartmut Bitomsky.
Colabora no libreto: José Morales.
Scharoun (1893-1972), coñecido polo deseño da Filharmónica de Berlín e a “Casa Schmincke” (1932- 1933) en Löbau, construíu as bases do Funcionalismo. Este documental recapitula a súa vida de arquitecto con exemplos cronoloxicamente seleccionados.
CHARLES CORREA. Volúmen Cero.
India. 2009 Dirección:Arun Kopkar.
Colaboran no libreto: Joseph Rykwert e Anatxu Zabaldeascoa.
Charles Correa é un dos arquitectos contemporáneos máis recoñecidos pola súa adaptación da arquitectura moderna á cultura non occidental, investigando solucións aos problemas do Sur. Formado na Universidade de Michigan e o MIT de Cambridge (USA), ten varios premios internacionais.
SIR JOHN SOANE. Arquitecto inglés, legado americano
USA. 2005 Director: Murray Grigor.
Colabora no libreto: Juan Navarro Baldeweg.
Sir John Soane (1753- 1837), influíu fondamente nunha xeración de arquitectos de América do Norte, como Henry Cobb, Michael Graves, Philip johnson, Richard Meier, Robert Stern, Dense Scout Brown e Robert Venturi. O documental investiga, dun lado, a influencia clásica en Soane, seguindo os pasos de Roma e Sicilia e, por outro, como a súa particular reinterpretación condicionou os arquitectos norteamericanos que se mantiveron alleos aos ditados do Movemento Moderno.
O MUSEO GUGGENHEIM DE BILBAO de FRANK GHERY
Dirección: Julián Donada.
Con presentación e comentarios gravados de Benedetta Tagliabue.
Xa coñecido polas formas deconstruídas, Gehry concibiu o edificio como unha escultura monumental.
O CENTRO GEORGE POMPIDOU de R. Piano e R. Rogers
Dirección: Richard Copans.
Con presentación e comentarios gravados de Jordi Garcés.
Richard Rogers e Renzo Piano, conciben o edificio como un xigante mecánico que destaca na paisaxe arquitectónica de París.
A ESTACIÓN SATOLA´S- TGV DE LYON de Santiago Calatrava
Dirección: Catherine Adda.
Con presentación e comentarios gravados de Fermín Vázquez. É esta unha enorme estrutura de aceiro atravesada polos TGV que circulan a 300 km/ h.
O CONVENTO DA TOURETTE DE EVEUX de Le Corbusier
Dirección: Richard Copans.
Con presentación e comentarios gravados de Helio Piñón.
Un convento para a Orde dos Dominicos, un lugar de estudo, oración e meditación.
O AUDITORIUM BUILDING DE CHICAGO de L. Sullivan/ D.Adler
Dirección: Stan Neumann.
Con presentación e comentarios gravados de Carlos Ferrater.
O conxunto do Auditorio Building comprendía un hotel, despachos, a maior ópera do mundo e unha sala de espectáculos “democrática” e revolucionaria tanto polas dimensións como pola súa acústica.
O EDIFICIO JOHNSON DE RACINE de Frank Lloyd Wright
Dirección: Frédéric Copain.
Con presentación e comentarios gravados de David Ferrer.
Os edificios administrativos da compañía Johnson son unha das obras mestras de Frank Lloyd Wright, un dos máis grandes arquitectos do século XX.