splash
Publicado por mpierres o 10 Agosto 2010

http://www.coagpontevedra.es/?p=3938

Hoxe, martes, día 10 de Agosto, saíu publicado na web do Concello de Pontevedra o anuncio e bases que rexirán o CONCURSO CON INTERVENCIÓN DE JURADO PARA LA SELECCIÓN DEL ANTEPROYECTO DE REHABILITACIÓN DE ZONA DEGRADADA POR LAS TRASERAS DE LOS EDIFICIOS DE LA MANZANA 135 DE PONTEVEDRA, FRENTE AL SANTUARIO DE LA VIRGEN PEREGRINA.
O fin [...]

 

Esta vendo Biblioteca

Novidades Biblioteca: COLECCIÓN PAISAXES DOMÉSTICOS. 6 volumes

Escrito por mpierres o 1 Xuño 2010

vol01Esta colección de seis volumes en edición bilingüe español-inglés ofrece as reflexions e propostas que xurdiron do Proxecto VIVA (iniciais de Vivenda de Vanguardia) desenrolado por SEPES e o Ministerio de Vivenda. Aquel proxecto naceu como concurso de ideas, pero seus resultados permitiron profundizar no estudio das propostas, innovadoras no constructivo e sostibles no uso eficiente da enerxía, que se premiaron entón.

Biblioteca: Koolhaas Houselife

Escrito por mpierres o 21 Abril 2010

koolhaas-houselifeDende a semana pasada atópase dispoñible na biblioteca da nosa Delegación o libro con Dvd da película Koolhaas Houselife.

Podedes solicitalo para a súa consulta ou visionado.

Nova entrada na Biblioteca: revista Tectónica 30, espacios exteriores.

Escrito por mpierres o 15 Decembro 2009

tectonica-30Presentación: Tras Pasar el Umbral

Tectónica tratou, ata a data, a análise de materiais e sistemas construtivos destinados a abordar a execución de edificios total ou parcialmente. Este número dedicado aos espazos exteriores rompe con esta continuidade de temas en torno aos volumes construídos.

A análise dun tema tan amplo como os espazos exteriores obriga a acotalo para poder realizar un estudio axeitado. Esta anotación está referida ao plano do solo e ao que comporta, circulación, recollida de augas, paso de distintas canalizacións…
O espazo tratado é un espazo polo xeral público, sexa urbano ou parcialmente natural, susceptible de acoller vexetación e no que hai que solucionar a circulación ou a estancia; que normalmente debe establecer fronteiras entre os diversos usos, sobre e baixo a superficie do pavimento.
A construción do espazo exterior comporta dar solución a superficies máis amplas que as que require un edificio, e nas que se amplían os problemas derivados dos movementos debidos aos cambios de temperatura ou de humidade que sofren os materiais, así como as necesidades de recollida de auga ou o dimensionado das instalacións, que aínda que son xeralmente máis sinxelas, teñen percorridos máis longos e maiores dimensións. Os pavimentos deben responder a ciclos de desgaste moi significativos e diferenciados, nos que non só cómpre considerar a circulación de persoas, senón tamén a de vehículos. E non é menor o problema da suciedad e o vandalismo.
Outros números poderán vir máis tarde para ampliar o agora enunciado e tamén para falar de aspectos non tratados, como a iluminación, o mobiliario ou as pequenas construcións como pérgolas ou techados.
Normalmente os espazos exteriores son solucións de cidade ou de espazos parcialmente naturais que se van facendo por fragmentos e que non adoitan permitir formulacións de maior envergadura. En demasiados casos o tráfico impón os argumentos principais na concepción dos espazos exteriores, deixando pouca marxe para solucións expostas con outro tipo de criterios. Exemplos como o que expuxo a cidade de Mendoza en 1863 son aínda vixentes como lección no que fai a formulacións sostibles: en Mendoza os espazos axardinados e as prazas son lugares de acolida ante os frecuentes terremotos; están provistos dunha rede de canles que permite o crecemento das árbores en todas as rúas para mellorar as duras temperaturas, e incorporan un parque cun gran encoro-lago deseñado polo paisaxista francés Charles Thays, que permite canalizar o aire frío dos Andes cara á cidade e mellorar substancialmente as duras condicións ambientais.
Sexa para formulacións ambiciosas ou para pequenas solucións, este número intentou expor criterios, establecer preguntas, marcar pautas e sobre todo espertar a curiosidade cara a aquilo que pisamos e usamos tras pasar o limiar da nosa vivenda ou o noso traballo.

Nova entrada na Biblioteca: HYBRIDS III de a+t

Escrito por mpierres o 11 Decembro 2009

hybrids-iii Hybrids III da serie Hybrids da editorial a+t

Este novo número, dobre, da revista a+t pecha a serie Hybrids centrándose no uso residencial como soporte das actuacions de hibridación.

Se os volúmes III adican as súas páxinas aos usos situados en altura e en horizontal, respectivamente, Hybrids III defende a inclusión de vivendas nos desenrolos de carácter mixto, xa que garante unha intensidade funcional continua e soe ser o motor de financiación dos equipamientos dotacionais.

Non obstante, a función de habitar é a de máis difícil inserción nos programas híbridos, debido aos crecentes requerimentos dos usuarios en termos de privacidade e seguridade. O equilibrio entre a intimidade e a comunidade require un consenso de intereses compartidos, unhas reglas de xogo que permitan a diversidade sen vulnerar a individualidade.

Nova incorporación aos fondos bibliográficos: publicación dos premios Fad 2008

Escrito por mpierres o 9 Novembro 2009

premios_fad08Dende hoxe podedes consultar na biblioteca da nosa delegación o libro publicado con todas as obras finalistas e gañadoras dos Premios Fad 2008.

Novas adquisicións para a biblioteca

Escrito por mpierres o 26 Agosto 2009

15Incorporouse como novidades aos fondos bibliográficos da biblioteca da nosa Delegación unha serie de  publicacións técnicas editadas polo COAM.

Trátase dunhas Guías de Asistencia Técnica destiñadas a servir de axuda aos arquitectos, especialmente ós novos,  que por primeira vez se enfrentan a  temas tan dispares como a redacción de informes, peritacións ,estudios de seguridade e saúde, ou direccións de obra.

Podedes consultar os títulos na seguinte relación de imaxes.

Fondo de videos na biblioteca: Louis I. Khan

Escrito por mpierres o 21 Agosto 2009

kahn-video_00012Recordamos que a biblioteca conta cunha serie de documentais nos seus fondos, e que están a disposición dos colexiados que así os soliciten.

O que vos presentamos hoxe é o documental que trata da obra de Louis I. Khan, editado pola Fundación Caja de Arquitectos.

Louis I. Kahn é considerado por moitos dos historiadores da arquitectura como o arquitecto máis importante da segunda metade do século XX. Un inmigrante xudeo que superou a pobreza e os efectos dunha accidentada niñez, cuia herdanza artística constituiu unha búsqueda inflexible pola verdade e a claridade. Sen embargo, a súa vida persoal estivo repleta de segredos e de caos.

No documental Mi Arquitecto o director Nathaniel Kahn desglosa a figura do seu pai, o famoso arqutiecto que a pesar de obter un grande éxito e recoñocemento profesional, morreu só e arruinado en 1974. Seu fillo Nathaniel, que contaba só con 11 anos de idade cando seu pai morreu, intenta capturar a relación entrambos, entre pai e fillo, a través dos fermosos edificios que Louis I. Khan construiu por todo o mundo.

Nova entrada na Biblioteca

Escrito por mpierres o 2 Agosto 2009

sobre-arquitectos_0001A arquitectura, como dixo Victor Hugo, “é o gran libro da humanidade”, un libro que se foi escribindo ao longo da historia do ser humano con grandes dosis de intelixencia, de creatividade e de paixón. Sen embargo, a pesar da longa tradición desta profesión, os primeiros pasos dos estudiantes de arquitectura ou, incluso, dos xóvenes arquitectos recén graduados, seguen sendo bastante complexos.

Jordi Querol, arquitecto cunha longa traxectoria e formador de futuros arquitectos, coñece perfectamente as dificultades coas que éstos poden atoparse no inicio da súa carreira e coa ilusión de transmitirlles toda a información que está nas súas máns, froito da súa propia experiencia, expón de forma clara neste libro as súas propias opinións sobre os temas máis candentes da actualidade no mundo da arquitectura.

Dende as discutidas reformas na enseñanza universitaria a partir do Proceso de Bolonia ata o conxunto de normativas que regulan a actividade dos arquitectos, pasando pola delimitación das súas responsabilidades e competencia no mundo da construción, os órganos profesionais que lles amparan, etc,  o autor explica a todos os interesados qué significa ser arquitecto hoxe en día e realizarse no exercicio desta profesión. Porque, como él mesmo proclama, non se pode abordar a arquitectura do século XXI sen coñecer primeiro a fondo aos seus artífices, os arquitectos, e o entorno no que se moven.

Novidades Biblioteca Xullo 09

Escrito por mpierres o 24 Xullo 2009

detail-cubiertas3Neste mes de Xullo entraron como novidades  nos fondos da biblioteca da nosa Delegación os seguintes libros e revistas:

1. Manual de uniones atornilladas laterales.

Autores: Jesús Ortiz, J. Ignacio Hernando y Jaime Cervera.

Editorial: Publicaciones APTA. Cátedra Acero.

2. Revista Detail Nº 5-2009. Cubiertas

3. Obligaciones y responsabilidades en el ámbito de la edificación.

    Edita: Consejo General del Poder Judicial

4. A Modernidade Construída. Arquitectura Galega 1930-1970

     Edita: Xunta de Galicia

5. Habita Inhabit INDIA

Autores: Garam Masala e outros

Edita: Mairea Libros

Novidade biblioteca: “Un paseo por la arquitectura”

Escrito por admin o 2 Xullo 2009

portada-libro-malpesa1Coincidiendo coa celebración do centenario de Cerámica Malpesa, a compañía aproveita a ocasión para editar un libro conmemorativo que recolle obras significativas da arquitectura española recente nas que se empregaron os materiais de Cerámica Malpesa.

Un paseo por la arquitectura”, título do libro, edituouse  coa colaboración do arquitecto Enrique Sanz, especializado en publicacións de arquitectura e  editor de Conarquitectura. O obxetivo era realizar un libro de arquitectura con ladrillo, obras realizadas con materiais fabricados en Cerámica Malpesa, significativas e de innegable valor arquitectónico.

A publicación é un punto e final idóneo para os actos de celebración do centenario de Cerámica Malpesa e unha mostra de agradecimento a todos os profesionais que confiaron  na calidade dos seus ladrillos cara vista e adoquins cerámicos: arquitectos, constructores, promotores inmobiliarios, técnicos de urbanismo, almacenistas, etc.