replicas de relojes
replicas de relojes splash
Publicado por admin o 7 Xuño 2011

Presidente: D. Manuel Abelleira Argibay  presidente.pontevedra@coag.es
Tesoreira: Dña. María Pierres López tesorera.pontevedra@coag.es
Secretario: D. Anselmo Villanueva Peón secretario.pontevedra@coag.es
Podedes contactar directamente coa Xunta Directiva a través da seguinte dirección de correo:
xd.pontevedra@coag.es

 

Esta vendo SUBASTA

Resultado Poxa Mobiliario Delegación de Pontevedra

Escrito por mpierres o 28 Decembro 2010

Publícase o listado cos valores finais obtidos para cada obxecto e os códigos correspondentes a cada ofertante.

Nota: As ofertas individuais por obxectos que foron superadas por unha oferta conxunta da serie de obxectos correspondentes non se publican. O mesmo ocorre ó contrario, non se publican as cantidades ofertadas por unha serie conxunta que foron superadas pola suma de varias individuais.

resultado-subasta-mobiliario-delegacion-pontevedra

Poxa de mobiliario da Delegación de Pontevedra : aviso importante

Escrito por mpierres o 23 Decembro 2010

Advírtese a todos aqueles que participen na poxa do mobiliario da Delegación, que  o listado que se publicará o vindeiro martes día 28 de Decembro non será en función dos números de rexistro. Publicaráse o Código de catro letras elixido polo ofertantes, e visible no exterior do sobre entregado, xunto co Número Identificativo do obxecto.

Lémbrase tamén que serán condiciones de prioridade na adxudicación, a igualdade de precio na oferta:

- o estar colexiado na nosa Delegación

- a poxa con hora e día de rexistro anterior a outra

Hoxe luns 27 , derradeiro día para a “Poxa de mobiliario da Delegación de Pontevedra”

Escrito por mpierres o 19 Decembro 2010

Luminaria SEKANT suspendidaCo gallo do traslado á nova sé da Delegación pontevedresa, procederase a partir deste luns día 20 á venta entre os colexiados, con prioridade de aqueles que estean colexiados a día de hoxe na nosa Delegación, mediante a modalidade de poxa, daquel mobiliario e obxectos sen cabida no novo espacio.

O procedemento a seguir, e co fin de velar pola igualdade de oportunidades, será o seguinte:
- Cada obxecto ou moble terá un Número Identificativo, visible na exposición do mesmo, e que corresponderá con aquel outorgado no listado ( números en vermello), así coma un prezo que será o que corresponda ao prezo mínimo de partida na poxa (prezo que incluirá o 18% do IVA correspondente).
- As características dos mobles, os números identificativos e prezos de partida poderanse consultar nun listado durante todos os días que dure a poxa tanto no apartado xerado na web coma na propia Delegación en formato papel e in situ.
- Existirá a opción dentro do listado de optar a “grupos de obxectos”, que posuirán tamén un Número Identificativo propio. Esta opción trata de favorecer a aqueles que opten a un conxunto de mobles dunha mesma serie. Neste caso, primará a oferta grupal fronte á individual, sempre que a primeira non baixe dun 20% fronte á suma das posibles ofertas individuais recibidas. No caso de que un colexiado queira optar a máis dun obxecto dunha serie, pero non á totalidade, deberá sinalar o Número identificativo no interior do sobre seguido do número de unidades ás que opta. Por exemplo: Nº 14 (2 unidades) Si se opta a unha soa bastará con indicar o Número Identificativo, sin máis especificacións.

- O período de poxa comprenderá desde o luns día 20 ás 10:00 h ata o luns día 27 ás 14:30 h.

- Os colexiados interesados nalgún moble ou obxecto entregarán na Delegación, un sobre pechado, que deberá selarse co selo de rexistro do COAG para que poida ser considerado como puxa válida , coa súa oferta económica. No exterior indicarán o número identificativo do obxecto seguido de catro letras aleatorias a elixir polo colexiado e no interior, novamente, o número identificativo, o código das catro letras , a cifra en euros da súa poxa, e o nº de colexiado, segundo modelo adxunto. A entrega das ofertas poderá realizarse nos horarios de oficina habituais.
É fundamental rexistrar a entrada do sobre coa oferta, pois pode darse o caso dunha mesma oferta para un mesmo obxecto. Neste caso sería o de data de rexistro anterior e dun colexiado de la delegación Pontevedra, ó que se lle outorgaría o ben. Aconséllase non perder a copia da folla de rexistro, pois este será o único método para reclamar a autoría da oferta e polo tanto a súa adxudicación.

O martes día 28 de Decembro comunicarase na web e cun listado visible na Delegación o resultado entre os colexiados cos prezos definitivos acadados por cada obxecto, e os números de rexistro que corresponden ás ofertas gañadoras. En caso de renuncia por parte dalgún dos adxudicatarios outorgaráse o obxecto á seguinte oferta máis alta.

Nota: Os bens ou obxectos deberán ser retirados da delegación por parte dos colexiados antes do día 5 de xaneiro, día en que a actual Delegación debe estar baleira. Será imprescindible o pago previo á retirada do moble, expedíndose
a correspondente factura.

A continuación, en documentos pdf adxuntos podedes consultar a relación do mobiliario dispoñible na poxa:

RELACIÓN MOBILIARIO CON CÓDIGOS E PREZOS DE PARTIDA (19 páxinas)

Páxina1

Páxina2

Páxina 3

Páxina 4

Páxina 5

Páxina 6

Páxina 7

Páxina 8

Páxina 9

Páxina 10

Páxina 11

Páxina 12

Páxina 13

Páxina 14

Páxina-15

Páxina 16

Páxina 17

Páxina 18

Páxina 19

That lineage can be seen in the Rolex Oyster fake watches Perpetual's straightforward and practical design. Legibility is cheap ralph lauren shirts strong and the dial design offers nothing more than is necessary to display the time.