Presidente: D. Manuel Abelleira Argibay presidente.pontevedra@colexiodearquitectos.org
Tesoreira: Dña. María Pierres López tesorera.pontevedra@colexiodearquitectos.org
Secretario: D. Wenceslao López Velasco secretario.pontevedra@colexiodearquitectos.org
Podedes contactar directamente coa Xunta Directiva a través da seguinte dirección de correo:
xd.pontevedra@colexiodearquitectos.org
Esta vendo Edificio
Nova dirección da Sé da Delegación
A nova dirección da Sé da Delegación en Pontevedra do Coag é a seguinte:
Rúa Pastor Díaz 1 - 1ºA
O Edificio da Delegación
A Delegación de Pontevedra ocupa a primeira planta do magnífico palacete deseñado por Antonio Crespo a finais do s. XIX e terminado de construír no ano 1.905.
O edificio conta cun semisótano ocupado en parte polo arquivo da Delegación, tres plantas e baixo cuberta, a primeira das cales é propiedade da Irmandade de Arquitectos que a cede á Delegación en réxime de arrendamento.
Do estilo indiano da construcción é de destacar a presencia dunhas inusitadas, por novedosas, balaustradas realizadas en formigón e a delicadeza do pequeno xardín privado con palmeiras que rodea a edificación.
O interior, estructúrase a través dunha ampla escada, executada con mármore de Carrara no seu primeiro tramo e madeira nos tramos seguintes. A distribución interior, que ilustra esta reseña, é froito da intervención dos nosos compañeiros Rodríguez-Pintos Arquitectos, na que respetando a estructura decimonónica insertouse hábilmente o programa de necesidades da Delegación.

