splash
Publicado por mpierres o 10 Agosto 2010

http://www.coagpontevedra.es/?p=3938

Hoxe, martes, día 10 de Agosto, saíu publicado na web do Concello de Pontevedra o anuncio e bases que rexirán o CONCURSO CON INTERVENCIÓN DE JURADO PARA LA SELECCIÓN DEL ANTEPROYECTO DE REHABILITACIÓN DE ZONA DEGRADADA POR LAS TRASERAS DE LOS EDIFICIOS DE LA MANZANA 135 DE PONTEVEDRA, FRENTE AL SANTUARIO DE LA VIRGEN PEREGRINA.
O fin [...]

 

Esta vendo Convenios

Renovación convenio Caixa Geral

Escrito por admin o 18 Xuño 2009

O pasado 16 de xuño renovouse o convenio de colaboración que a Delegación mantén co Banco Caixa Geral, polo cal a devandita entidade ofrece, en condicións preferentes, un conxunto de produtos e servizos financeiros específicos para os colexiados/as da Delegación.

 

 

Podedes consultar as condicións do citado convenio na seguinte ligazón: convenio Caixa Geral

 

Convenio Fundación Rias do Sur

Escrito por admin o 6 Maio 2009

A Delegación asinou un convenio de colaboración coa Fundación Rías do Sur e con SIDECU, S.L., para facilitar os acceso dos seus colexiados/as ás actividades e servizos desenrolados no Complexo Deportivo Rías do Sur, emprazado na Rúa Matos, S/N, Pontemuiños de Pontevedra (preto do Poboado de Celulosas).

O citado convenio, establece as seguintes condicións:

  • Excluír do pago da matrícula aos colexiados/as do COAG Pontevedra, así coma aos seus familiares directos, que desexen causar alta como aboados do Complexo Deportivo Rías do Sur.
  • Aqueles colexiados ou os seus familiares directos poderán gozar dun desconto do 5 %, en caso de optar á categoría de “socios fundadores” da Asociación de Amigos de la Piscina Olímpica, coas limitacións de número establecidas pola Fundación.
  • Estudar as demandas colectivas dos colexiados/as do COAG Pontevedra, e familiares directos, referentes á organización de cursos de natación adaptados aos mesmos (duración, horarios,…), sempre que se trate dun mínimo de 6 demandantes por grupo solicitado.
  • Permitir un uso puntual e gratuíto do C.D. Rías do Sur a cada colexiado/a do COAG Pontevedra, ou familiar directo seu, que así o solicite, como paso previo á alta como aboado, de tal forma que poderá facer uso deste beneficio nunha única ocasión durante a vixencia do convenio e posteriores prórrogas.

Para obter máis información sobre os servizos que ofrece o Complexo Deportivo, podedes consultar a seguinte ligazón:

http://www.centrosupera.com/datos-centro.php?id_complejo_aux=12

Convenio Prácticas COGAMI

Escrito por admin o 10 Decembro 2008

Convenio

A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI), ofrece a aquelas empresas e profesionais interesados, a posibilidade de que as persoas incluídas este ano dentro do seu plan de fomento do emprego, poidan realizar prácticas en empresas.

COGAMI indica que este ano no seu plan, hai dúas persoas co título de Delineación, que estarían interesadas en facer prácticas en estudios de arquitectura.

As prácticas son por un período de 100 horas, sen compromiso ou obriga de contratación nin contraprestación por parte da empresa ou estudio, e cos gastos do seguro correndo a cargo de COGAMI. Os interesados en admitir traballadores en prácticas, só deberán asinar un convenio de colaboración con COGAMI.

Todos aqueles que desexen obter máis información poden pórse en contacto con Mercedes Mallo, do Servizo de Intermediación Laboral de COGAMI, nos seguintes teléfonos e horarios :

Tlfs: 986863709 / 986845592 / 607181049

Lu-Ve: 8.30 a 15.00 horas

Lu-Xo: 16:30 a 20:00 horas

Modelo convenio PDF

CONVENIO HOTEL HESPERIA

Escrito por admin o 27 Outubro 2008

Dentro do acordo de colaboración e Beneficios Sociais que se firmou no presente ano, o departamento de Relacións Institucionais de Hoteles Hesperia fíxonos chegar unha oferta de aloxamento denominada ” Te lo mereces..ven a la Toja”, tanto para o Hesperia Isla de la Toja, como para o Gran Hotel .

As condicións da oferta se poden consultar no seguinte enlace:

Condicións Oferta 1

Condicións Oferta 2

Convenio Hotel Louxo La Toja

Escrito por admin o 30 Xuño 2008

Convenio de Colaboración entre o Hotel Louxo-La Toja e a Delegación de Pontevedra do  C.O.A.G.

Condicions Hotel Louxo La Toja

Convenio Hotel Hesperia Delegación de Pontevedra del C.O.A.G.

Escrito por admin o 26 Xuño 2008

HOTEIS HESPERIA 2008

O referido Convenio ten por obxecto regular a aplicación de condicións especiais de venda aos colexiados e empregados da DELEGACIÓN DE PONTEVEDRA DO COLEXIO OFICIAL DE ARQUITECTOS DE GALICIA, en relación á adquisición e/ou contratación dos produtos e/ou servizos ofrecidos por GRAN HOTEL HESPERIA LA TOJA, HESPERIA ISLA DE LA TOJA e HESPERIA BALNEARIO DE GUITIRIZ, basicamente consistentes en descontos en tarifas de aloxamento e programas do balneario.

A aplicación das Tarifas Especiais ten carácter persoal e intransferible, polo que o cliente deberá, no momento de efectuar a reserva, acreditar a súa condición de colexiado ou empregado de DELEGACIÓN DE PONTEVEDRA DO COLEXIO OFICIAL DE ARQUITECTOS DE GALICIA, cónxuxe ou parella de feito inscrita ou descendente.

A aplicación das Tarifas Especiais establecidas no presente Convenio non serán acumulables a outros descontos e/ou promocións.

Convenio coa Caixa Geral

Escrito por admin o 3 Xuño 2008

A Caixa Geral ten asinado un convenio coa Delegación para ofertar os seus servizos en condicións preferentes ós colexiados de Pontevedra.

Ainda que na actualidade a entidade bancaria está a estudar a mellora das condicións na seguinte ligazón podedes comprobar as interesantes tarifas que ofrecen ó colectivo.

Tríptico

Convenio co Centro de Negocios Pontevedra

Escrito por admin o 27 Febreiro 2008

A Delegación ten asinado un convenio co Centro de Negocios Pontevedra para ofrecerlle ós seus colexiados condicións ventaxosas no uso das instalacións que este teñen na rúa Manuel Quiroga.

Tríptico de información e tarifas.