El Pais - 14.11.09
O Maxxi de Roma, última creación de Zaha Hadid, abre sen obras de arte
“Foi duro e bastante longo, pero sempre pensei que ia rematar ben”. Eso dixo en Roma a arquitecta británica-iraquí Zaha Hadid. Once anos e seis gobernos despois de que o ministerio de Cultura de Walter Veltroni dera luz verde ao proxecto, Roma inaugura por fin o museo Maxxi de arte contemporáneo. O deslumbrante edificio se abriu a medias, é dicir baleiro, porque a crisis manda e as 350 obras que formarán a colección (todas, do século XXI) chegarán en primaveira. Pero a derradeir creación de Hadid fascinou xa a todos os que a viron.
Os eloxios dos primeiros visitantes (”impoñente”, “belísimo”, “un espacio para perderse”) se resumen na longa ovación que os periodistas e colaboradores do museo, postos en pe, dedicaron á arquitecta na presentación.
O proxecto, nado en 1998, custou 150 millons de euros e ocupa 27.000 metros cadrados de espacio. O museo está situado sobre unha antiga instalación militar, moi preto do río Tíber, ao norte de Roma, nun barrio residencial de edificios de cores levantado na década de 1930, a escasos 300 metros do auditorio construido por Renzo Piano.
Pero números e datos din pouca cousa fronte a grandeza e o espectáculo (sobrio e nuo) que ofrece o edificio, unha especie de gran lazo aéreo apoiado en pilares de aceiro e cheo de salas, paredes móviles, escaleiras, rampas, e aperturas ao exterior.
“É un proxecto simbólico da miña nova forma de relacionarme co espacio”, explicou a primeira muller que gañou o Premio Pritzker, en 2004. Non se trata dun obxeto, senón dun campus, dun centro cultural, aclarou. “O Maxxi é un lugar pensado para favorecer o intercambio de ideas, para ampliar a vitalidade cultural da cidade. Espero que o denso texido de espacios internos e externos sexa empregado ben para que dialoguen entre sí nun intrigante cruce de túneles. Non os perderei de vista”.
A visita comeza no antigo patio do cuartel, unha praza amplísima sobre a que voa a proa (inacabada) do edificio, sostida por pilastras de aceiro. Na fachada principal, a nova estructura de Hadid engloba, ou devora suavemente dende arriba, a vella estructura.
Mezcrando tres tonos (branco, negro e gris), a arquitecta combina o cristal, o aceiro (seis millons de kilos) e o formigón lixado (50.000 metros cúbicos), e traza pasillos paralelos, moi longos e anchos, con curvas e revoltas, que aumentan a sensación de amplitude e de altura, coa estupenda luz da cidade chegando ao último rincón.
O actual ministro de Cultura italiano, Sandro Bondi, anunciou que seu departamento destiñará catro millons de euros para financiar a Fundación Maxxi. Este mesmo fin de semana, o museo abrirá de forma extraordinaria, cunha instalación coreográfica creada por Sasha Waltz.
“Roma é unha cidade á que viña moito de pequena”, recordou Hadid. “Cando saiu o concurso internacional, pensei que era unha broma. Pero non o dubidei”, añade a arquitecta nada en Bagdad. Agora, o Maxxi competirá, coas suas líñas craras e brancas, co Guggenheim de Bilbao. Ourousoff, crítico de The New York Times, o explicou nunha soa frase: “A Bernini gustaríalle”.