splash
Publicado por admin o 7 June 2011

Presidente: D. Manuel Abelleira Argibay  presidente.pontevedra@colexiodearquitectos.org
Tesoreira: Dña. María Pierres López tesorera.pontevedra@colexiodearquitectos.org
Secretario: D. Wenceslao López Velasco secretario.pontevedra@colexiodearquitectos.org
Podedes contactar directamente coa Xunta Directiva a través da seguinte dirección de correo:
xd.pontevedra@coag.es

 

Esta vendo Galicia

Convocatoria Prazas de Arquitectos

Escrito por mpierres o 1 July 2011

A día de hoxe, 1 de Xullo, convocáronse dúas prazas de arquitectos. Ambas convocatorias contan cun prazo de 5 días hábiles a contar dende o día de hoxe.

- Praza de arquitecto para o Concello de A Estrada, Pontevedra.( Publicada na Voz de Galicia do día 1 de Xullo) BASES

- Praza de arquitecto para a Mancomunidade da Terra Chá , no Concello de Castro de Rei. ( Publicada no BOP) Máis información na web colexial do COAG de Lugo. LIGAZÓN

Enlaces a ofertas de emprego na rede:Arquitectos/as para Ferrol.

Escrito por mpierres o 6 June 2011

A continuación detállanse os datos da oferta.

Código:12/2011/4515
Posto:ARQUITECTOS/AS
Localidade:FERROL (A CORUÑA)
Data:20/05/2011
Descrición:NECESÍTANSE ARQUITECTOS/AS. CONTRATO PARA A INTEGRACIÓN DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE. CARNÉ DE CONDUCIR B. CONTRATO A TEMPO PARCIAL

Enlace a ofertas de emprego na rede: arquitecto para A Coruña

Escrito por mpierres o 7 January 2011

Cadea de supermercados solicita persoal para xestionar proxectos de expansión, obras e novas aperturas de locais en toda a Comunidade Autónoma de Galicia, con residencia habitual na Coruña. Valórase experiencia no posto.
Ofrecen traballo a xornada completa.  

Ligazón á oferta

Enlaces a ofertas de emprego na rede: arquitecto/a para A Coruña

Escrito por mpierres o 4 January 2011

Oferta do Servizo Público de Emprego da Xunta de Galicia , arquitecto/a para a Coruña-  publicada o 31/12/2010 - Ligazón e á oferta

Bolsas de formación e especialización en materia de vivenda.

Escrito por mpierres o 23 December 2010

O Instituto Galego da Vivenda e Solo convoca 10 bolsas de formación e especialización en materia de vivenda para un/unha arquitecto/a, un/unha arquitecto/a técnico/a, dous/dúas economistas ou licenciados/as en ADE e seis licenciados/as en dereito, co obxecto de especializar profesionais en materia de vivenda. Estas bolsas serán concedidas en réxime de concorrencia competitiva.

No caso de inexistencia de candidatos/as nalgunha das especialidades de arquitectura, engadirase a praza vacante á outra, o mesmo ocorrerá entre os/as candidatos/as de economía/administración e dirección de empresas e dereito.

As actividades iniciaranse desde a incorporación dos/as bolseiros/as e rematarán aos doce meses da incorporación. Poderá, de conformidade coa normativa legal aplicable, procederse á prórroga das bolsas por un novo período de seis meses, sempre que as dispoñibilidades orzamentarias así o permitan e logo do informe favorable do/a titor/a de quen reciba a formación o/a bolseiro/a.

A dotación económica mensual de cada bolsa será de 1.000 euros brutos coa retención fiscal que lle corresponda.

Beneficiarios:
Arquitectos, arquitectos técnico, economistas ou licenciados/as en ADE e licenciados en dereito nos anos 2008, 2009 ou 2010

Requisitos:
1. Ter rematados os estudos conducentes á obtención do título de arquitecto/a, arquitecto/a técnico/a, ou de licenciado/a en administración e dirección de empresas, economía ou dereito nos anos 2008, 2009 ou 2010 e ter abonadas as taxas para a expedición do correspondente título oficial.

2. Acreditar un coñecemento da lingua galega con nivel de perfeccionamento ou equivalente. Só se lles concederá validez aos cursos ou titulacións homologados polos órganos competentes en materia de política lingüística.

3. Non desfrutar anteriormente doutra bolsa destas características no IGVS, de duración superior a seis meses.

Ligazón á oferta

Enlaces a ofertas de emprego na rede: arquitecto para Santiago e arredores

Escrito por mpierres o 16 September 2010

Project Manager para Santiago de Compostela - publicada o 16 de Setembro - enlace á oferta

Ofertas de emprego na rede : Arquitecto para A Coruña

Escrito por mpierres o 10 September 2010

Arquitecto para traballar en “MRC Opción Reforma” en A Coruña -  publicada o  08.09.2010 - ligazón á oferta

Non precisa experiencia

Oferta de emprego no BOE: praza arquitecto municipal para Ortigueira

Escrito por mpierres o 1 September 2010

Arquitecto municipal en Ortigueira (por oposición) - oferta publicada no BOE do 20 de Agosto - ligazón ao anuncio no BOE

Máis información: temario

Enlace a ofertas de emprego na rede: Arquitecto urbanista para Carral, A Coruña

Escrito por mpierres o 3 August 2010

Arquitecto urbanista para Carral, A Coruña ( publicada o 31 de xullo) : enlace á oferta

Enlaces a ofertas de emprego na rede: arquitecto para Pontevedra

Escrito por mpierres o 3 August 2010

Arquitecto para PSE Ingeniería en Pontevedra ( publicada o 1 de agosto) : enlace á oferta