splash
Publicado por admin o 7 June 2011

Presidente: D. Manuel Abelleira Argibay  presidente.pontevedra@colexiodearquitectos.org
Tesoreira: Dña. María Pierres López tesorera.pontevedra@colexiodearquitectos.org
Secretario: D. Wenceslao López Velasco secretario.pontevedra@colexiodearquitectos.org
Podedes contactar directamente coa Xunta Directiva a través da seguinte dirección de correo:
xd.pontevedra@coag.es

 

Esta vendo DOGA

Bolsas de formación e especialización en materia de vivenda.

Escrito por mpierres o 23 December 2010

O Instituto Galego da Vivenda e Solo convoca 10 bolsas de formación e especialización en materia de vivenda para un/unha arquitecto/a, un/unha arquitecto/a técnico/a, dous/dúas economistas ou licenciados/as en ADE e seis licenciados/as en dereito, co obxecto de especializar profesionais en materia de vivenda. Estas bolsas serán concedidas en réxime de concorrencia competitiva.

No caso de inexistencia de candidatos/as nalgunha das especialidades de arquitectura, engadirase a praza vacante á outra, o mesmo ocorrerá entre os/as candidatos/as de economía/administración e dirección de empresas e dereito.

As actividades iniciaranse desde a incorporación dos/as bolseiros/as e rematarán aos doce meses da incorporación. Poderá, de conformidade coa normativa legal aplicable, procederse á prórroga das bolsas por un novo período de seis meses, sempre que as dispoñibilidades orzamentarias así o permitan e logo do informe favorable do/a titor/a de quen reciba a formación o/a bolseiro/a.

A dotación económica mensual de cada bolsa será de 1.000 euros brutos coa retención fiscal que lle corresponda.

Beneficiarios:
Arquitectos, arquitectos técnico, economistas ou licenciados/as en ADE e licenciados en dereito nos anos 2008, 2009 ou 2010

Requisitos:
1. Ter rematados os estudos conducentes á obtención do título de arquitecto/a, arquitecto/a técnico/a, ou de licenciado/a en administración e dirección de empresas, economía ou dereito nos anos 2008, 2009 ou 2010 e ter abonadas as taxas para a expedición do correspondente título oficial.

2. Acreditar un coñecemento da lingua galega con nivel de perfeccionamento ou equivalente. Só se lles concederá validez aos cursos ou titulacións homologados polos órganos competentes en materia de política lingüística.

3. Non desfrutar anteriormente doutra bolsa destas características no IGVS, de duración superior a seis meses.

Ligazón á oferta

Oferta de emprego: Praza de Arquitecto no Concello de Mos

Escrito por mpierres o 10 March 2010

No DOG nº 45 de 8 de marzo, aparece a proposta sobre a oferta de emprego público para o ano 2010, na que figura, entre outras, unha praza de Arquitecto como funcionario de carreira.

Praza Técnico Municipal no Concello de Cedeira

Escrito por mpierres o 18 December 2009

No DOG 245 do xoves 17 de Decembro sae anunciada a oferta de emprego para Técnico Municipal no concello de Cedeira.

As solicitudes poden presentarse nos seguintes vinte días aos da publicación do anuncio no DOG e no BOE.

Convocatoria de praza docente: profesor de Proxectos Arquitectónicos na ETSAC

Escrito por mpierres o 12 November 2009

No DOGA 216 do 4 de Novembro e no BOE do 2 de Novembro se publica a convocatoria dunha praza para docente na Universidade da Coruña no departamento de Proxectos Arquitectónicos e Urbanismo co fin de impartir docencia na asignatura de Proxectos III. O prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro martes 17 de Novembro. As bases as podedes consultar na seguinte ligazón: bases